Saltar o menú de navegación e ir ao contido
Tras un dos sentimentos máis comúns e máis perniciosos, agáchanse complexos e frustracións que se poden superar valorando máis o que temos e ás persoas que nos rodean
A envexa é un sentimento tan universal como pernicioso. Todas as persoas, en maior ou menor medida, sofren nalgún momento da súa vida a angustiosa sensación de entrar, de modo espontáneo e irrefreable, nunha competición co outro na que sempre se perde. Colocamos a persoa envexada nunha posición de superioridade, abundancia e benestar. Como consecuencia desta exaltación do que un terceiro ten ou é xurdirá a impotencia, a frustración, o desánimo e a crenza de ser inferior. A rabia e a ira acompañarán esta vivencia e manterán nunha insá dependencia ao envexoso do envexado. É o que vén dicindo o prestixioso psicanalista Harry Snack Sullivan na súa definición da envexa: "un sentimento de aguda incomodidade, determinada polo descubrimento de que outro posúe algo que sentimos que nós deberiamos ter".
O discurso do envexoso é repetitivo, monocorde e compulsivo sobre aquilo que envexa e co que compite. Sabemos cales son as súas carencias a partir do que envexa. O obxecto da envexa non ten por que ser unha persoa concreta, tamén pode ser un "ideal" que se nos ofrece como modelo a imitar e que revestimos de valía.
A vida dunha persoa envexosa non xira sobre a súa propia realidade, senón sobre o que desexaría, sobre o que non ten, sobre o que lle falta. A insatisfacción e o baleiro é un continuo que lle impide gozar da súa vida real. A tristura e o pesimismo prívano da espontaneidade e da ledicia. Non sabe rir con outras persoas nin se sabe rir de si mesmo. Só o fai con mofa e desprezo cara aos outros.
Este comportamento xera, entre outros síntomas, ansiedade xeneralizada, trastornos do apetito e sono e diversas alteracións dependendo de cada persoa. Incidirá tamén na súa actitude ante a vida, moldeando unhas formas de convivencia en relación cos outros que van dende figurar como a constante "vítima", ata mostrarse continuamente á defensiva, actitude que se traduce en maneiras irónicas, fachendosas, frías, distantes e en ocasións ferintes, de menosprezo e crítica negativa.
A persoa envexosa non adoita recoñecer a súa envexa. Resístese a facelo e non hai nada que máis o fira e descualifique que intentar facerlle ver que a ten. Hai que ter en conta que detrás da envexa se acha:
Este sufrimento secreto polo ben alleo, que todos sentimos nalgunha ocasión e que nos trouxo máis dunha incomodidade, desgusto e dor, sempre é negativo. A coñecida como "envexa sa" non existe. É un sentimento que debe ser aceptado como un máis dos que sentimos. A preocupación chega cando a envexa se converte en patolóxica e interfire na vida da persoa, cando ese sentimento posúe ao individuo, mingua a súa autoestima e o incapacita para levar unha vida saudable.
Como acontece con todo sentimento insán, é conveniente manter actitudes preventivas, de xeito que non cheguemos a padecer de xeito obsesivo os seus efectos. Unha boa prevención ante a envexa iría encamiñada a:
Para xestionar e superar a envexa, nada mellor que reformularnos algúns principios clave, que son os que nos axudan a gozar dun maior equilibrio e a vivir de maneira máis serena e gozosa:
En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI