Saltar o menú de navegación e ir ao contido
É a cantidade diaria de fibra dietética recomendada para obter os beneficios deste nutriente: efecto laxante e regulador intestinal, maior saciedade, diminución do colesterol en sangue e mellor regulación da glicosa. Tres froitas, unha ensalada e pan integral cada día achegan a cantidade recomendada.
Quen segue unha dieta vexetariana e elixe os alimentos que están elaborados exclusivamente con ingredientes vexetais pode estar a consumir, sen sabelo, compostos de orixe animal -na maioría dos casos aditivos-, que se engaden a diversos alimentos e que non indican na súa etiqueta se a súa procedencia é animal ou vexetal.
A continuación expóñense aditivos e outros compostos que se engaden a alimentos e poden proceder de animais:
Aditivos:
Vitaminas de venda en farmacias e produtos enriquecidos en vitaminas:
Proteínas animais en alimentos
As peixerías xa dispoñen de xarda, tamén chamado cabala. Trátase dun peixe azul da mesma familia ca o atún e moi doado de identificar polo particular aspecto do seu dorso, cuberto de delgadas liñas transversais de cor azul verdosa. O seu corpo é alongado e fino, e, no tocante ao seu tamaño, o máis común é atopar pezas duns 30 centímetros e que pesen entre 250 e 300 gramos.
A xarda ten todas as vantaxes dos peixes azuis -atún, bonito, sardiñas, anchoas, bocarte- e, como está de tempada, sempre resulta máis económico. A súa carne é rica en ácidos graxos omega 3, esenciais na prevención de enfermidades cardiovasculares por diminuír os niveis de colesterol e de triglicéridos en sangue e facer o sangue máis fluído. Isto diminúe o risco de formación de coágulos ou trombos.
O único inconveniente que pode asociarse a este peixe é o seu contido en purinas, que no organismo se transforman en ácido úrico, polo que non é aconsellable para quen teña hiperuricemia ou gota.
É un peixe con bastantes espiñas, polo que os nenos o comerán mellor en filetes. Como ten unha carne saborosa e consistente, este peixe préstase a diversas preparacións que se cadra lles gustan máis aos cativos, como a lasaña ou o pastel. Tamén se pode engadir aos seus pratos preferidos, como a ensalada de pasta ou o arroz, e servir como ingrediente do bocadillo de almorzos e merendas. Cociñalo é doado, pois admite as mesmas técnicas culinarias ca as anchoas ou ca as sardiñas: á grella, á prancha, ao forno, á brasa e en papillote.
Un consello: a súa pel está perfectamente adherida á carne, polo que, sexa cal sexa a súa preparación, nunca se debe quitar.
A lecitina é un fosfolípido, un tipo de graxa, denominado tecnicamente fosfatidilcolina. Todas as membranas das células do organismo -sobre todo as neuronas- conteñen lecitina; confírelles elasticidade. Sen ela, endureceríanse. Funciona como un deterxente: permite a disolución de graxas e colesterol e a súa posterior eliminación. Por iso, emprégase a lecitina de soia como complemento dietético en caso de hipercolesterolemia. Facilita as emulsións entre auga e graxa, polo que a industria alimentaria a emprega como aditivo emulsionante e estabilizante (e-322) na fabricación de repostería, galletería, pastelería, chocolates, margarinas, sopas, etc. Os alimentos máis ricos en lecitina son os miolos, a xema de ovo e a soia.En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI