Saltar o menú de navegación e ir ao contido
Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, xa que logo, unha vixencia limitada.
En máis da metade dos aeródromos os horarios dos autobuses urbanos non coinciden co primeiro e co último avión. Destacan a limpeza e mais a seguridade, ambas as dúas notables, destas instalacións
Nos prezos de hostalería rexistráronse ostensibles diferenzas entre uns aeroportos e outros. Tomar un refresco custa, de media, dous euros, mentres que un café con leite supón desembolsar 1,35 euros.
Deixar o vehículo durante unha hora no aparcadoiro do aeroporto representa de media algo máis de un euro, mentres que o custo por un día de estacionamento ascende de media aos 11 euros e a semana completa chega ata os 70 euros. Non obstante, cómpre salientar que nos aeródromos de San Sebastián, Vitoria e Zaragoza o aparcamento é gratuíto. Os máis caros: Madrid, Barcelona, Alacante e Málaga, onde estacionar o vehículo custa 1,55 euros a hora, 15,45 euros un día completo e case 100 euros a semana (aínda que o aeroporto de Madrid dispón dun aparcadoiro exclusivo para as longas permanencias que reduce considerablemente o custo).
A, en ocasións, deficiente comunicación por transporte urbano que padecen algúns aeroportos obriga en moitas ocasións a que o usuario utilice os servizos de taxi. O traxecto medio supón desembolsar 22,5 euros. Só na Coruña e en Pamplona custa menos de 10 euros. Pola contra, en Oviedo, Murcia e Tenerife o desprazamento dende o centro da cidade ata o aeródromo representa entre 46 e 60 euros. O prezo, obviamente, vén marcado pola distancia destas urbes respecto ao aeroporto. Pero o prexudicado, á vista está, é o usuario.
| Aeroporto | Comunicacións ao aeroporto (1) | Adaptabilidade e organización (2) | Comodidade e lece (3) | Servizos do aeroporto (4) |
|---|---|---|---|---|
| A Coruña (Alvedro) | Ben | Moi ben | Ben | Regular |
| Alacante (Altet) | Moi ben | Moi ben | Ben | Ben |
| Asturias | Aceptable | Moi ben | Moi ben | Regular |
| Barcelona (El Prat) T.A | Ben | Moi ben | Ben | Ben |
| Barcelona (El Prat) T.B | Ben | Ben | Ben | Ben |
| Bilbao (Loiu) | Moi ben | Moi ben | Ben | Ben |
| Xirona (Costa Brava) | Moi ben | Ben | Ben | Aceptable |
| Granada (García Lorca) | Moi ben | Ben | Ben | Ben |
| Xerez | Aceptable | Moi ben | Ben | Regular |
| As Palmas de GC | Moi ben | Ben | Ben | Ben |
| Madrid (Barajas) T1 | Ben | Moi ben | Aceptable | Ben |
| Madrid (Barajas) T4 | Moi ben | Moi ben | Ben | Ben |
| Málaga (Pablo Picasso) | Moi ben | Moi ben | Moi ben | Ben |
| Murcia-San Javier | Regular | Moi ben | Aceptable | Regular |
| Palma de Mallorca (Son Sant Juan) | Moi ben | Moi ben | Moi ben | Ben |
| Pamplona (Noain) | Regular | Ben | Moi ben | Regular |
| San Sebastián (Fuenterrabia) | Ben | Moi ben | Ben | Ben |
| Santander | Moi ben | Ben | Ben | Aceptable |
| Santiago (Lavacolla) | Ben | Moi ben | Moi ben | Ben |
| Sevilla (San Pablo) | Aceptable | Moi ben | Aceptable | Ben |
| Tenerife Sur | Ben | Aceptable | Ben | Regular |
| Valencia (Manises) | Ben | Ben | Ben | Ben |
| Valladolid (Villanubla) | Ben | Moi ben | Moi ben | Regular |
| Vitoria (Foronda) | Regular | Ben | Aceptable | Aceptable |
| Zaragoza | Ben | Aceptable | Moi ben | Aceptable |
| Promedio | Aceptable-Ben | Moi ben | Ben | Aceptable |
| Aeroporto | Estado de limpeza e conservación (5) | Seguridad del aeropuerto (6) | Total |
|---|---|---|---|
| A Coruña (Alvedro) | Excelente | Moi ben | Ben |
| Alacante (Altet) | Moi ben | Moi ben | Moi ben |
| Asturias | Moi ben | Ben | Ben |
| Barcelona (El Prat) T.A | Moi ben | Ben | Ben-Moi ben |
| Barcelona (El Prat) T.B | Moi ben | Ben | Ben |
| Bilbao (Loiu) | Moi ben | Moi ben | Moi ben |
| Xirona (Costa Brava) | Moi ben | Ben | Ben |
| Granada (García Lorca) | Moi ben | Moi ben | Ben-Moi ben |
| Xerez | Moi ben | Ben | Ben |
| As Palmas de GC | Moi ben | Moi ben | Ben |
| Madrid (Barajas) T1 | Excelente | Excelente | Moi ben |
| Madrid (Barajas) T4 | Excelente | Excelente | Moi ben-Excelente |
| Málaga (Pablo Picasso) | Moi ben | Moi ben | Moi ben |
| Murcia-San Javier | Excelente | Ben | Aceptable |
| Palma de Mallorca (Son Sant Juan) | Moi ben | Moi ben | Moi ben |
| Pamplona (Noain) | Moi ben | Moi ben | Aceptable |
| San Sebastián (Fuenterrabia) | Excelente | Ben | Ben-Moi ben |
| Santander | Moi ben | Moi ben | Ben |
| Santiago (Lavacolla) | Excelente | Moi ben | Moi ben |
| Sevilla (San Pablo) | Moi ben | Ben | Ben |
| Tenerife Sur | Moi ben | Moi ben | Ben |
| Valencia (Manises) | Moi ben | Moi ben | Ben-Moi ben |
| Valladolid (Villanubla) | Moi ben | Ben | Ben |
| Vitoria (Foronda) | Moi ben | Ben | Ben |
| Zaragoza | Moi ben | Moi ben | Ben |
| Promedio | Moi ben | Moi ben | Ben-Moi ben |
(1) Comunicacións ao aeroporto: analizouse o prezo do taxi dende o centro da cidade ao aeroporto, a existencia de sinalizacións abondas na saída da cidade e mais nas proximidades da terminal. Estudouse tamén se o aeroporto está ben comunicado mediante transporte público, e se os horarios dos primeiros e últimos servizos de transporte se adecúan aos dos primeiros e últimos voos. Considerouse tamén a existencia de taxis en número abondo para cubrir as chegadas dos diferentes voos.
(2). Accesibilidade e organización: neste apartado analizouse a adaptabilidade de cada aeroporto para persoas minusválidas e invidentes. Observouse tamén a existencia de indicadores de dirección, de horarios, a facilidade de orientación en cada terminal (planos, paneis, información audiovisual, etc.), a existencia en número abondo de pantallas indicadoras de saídas e chegadas, o correcto funcionamento do sistema de megafonía e os idiomas en que se ofrece a información. Analizouse tamén a amabilidade, atención e calidade da información facilitada ao usuario polo persoal de atención ao público de AENA, a existencia de caixa de correo de suxestións, de follas de reclamacións (e se as facilitan sen obxección) e mais de folletos informativos sobre os dereitos dos usuarios.
(3). Comodidade e lecer: estudouse o número de zonas de espera e/ou descanso onde poder sentar e que non pertenzan a comercios ou hostalería, o seu número, estado de conservación, comodidade e se están convenientemente repartidas polo aeroporto. Ademais, valorouse a existencia dalgún sistema gratuíto (exposicións, xogos, ordenadores con acceso a Internet, prensa ou revistas gratuítas, etc.) para amenizar a espera.
(4). Servizos do aeroporto: neste apartado analizáronse os diversos servizos cos que conta o aeroporto: consigna, carriños portaequipaxe convenientemente repartidos en lugares estratéxicos, cabinas de teléfono, servizos de hoteis, comercios, servizos de correos e bancarios (caixeiros automáticos), servizo de fax e fotocopias, duchas, farmacia, disposición dos aseos, alugueiro de vehículos, aparcadoiro, oficina de turismo, áreas de xogo infantís, capela, fontes, salón de peiteado, etc. Así mesmo, analizouse e comparouse o prezo dos aparcadoiros, dun café e dun refresco na cafetería e nas máquinas expendedoras.
(5) Estado de limpeza e conservación: observouse o estado hixiénico, de conservación e mantemento do aeroporto en xeral e mais dos aseos en particular; ademais, nestes últimos comprobouse o seu equipamento. Tamén a presenza de papeleiras (e a súa limpeza) e se están ou non preparadas para a reciclaxe.
(6) Seguridade no aeroporto: comprobouse se había equipos contra incendios, persoal de seguridade e outro tipo de sistemas (como cámaras de vídeo e escáner), a sensación de seguridade do aeroporto, a correcta indicación das saídas de emerxencia, a existencia de indicacións e instrucións en caso de emerxencia, a presenza dun servizo de asistencia sanitaria e a prohibición de fumar e o seu cumprimento.
| Taxi (1) | Na cafetería... (2) | ||
|---|---|---|---|
| Aeroporto | Prezo medio do traxecto | Prezo dun café con leite | Prezo dun refresco |
| A Coruña (Alvedro) | 9,4 | 1,20 | 1,80 |
| Alacante (Altet) | 15,4 | 1,30 | 1,80 |
| Asturias | 46,5 | 1,15 | 1,70 |
| Barcelona (El Prat) T.A | 22,5 | 1,20 | 1,70 |
| Barcelona (El Prat) T.B | 21,2 | 1,20 | 1,70 |
| Bilbao (Loiu) | 23,9 | 1,40 | 2,05 |
| Xirona (Costa Brava) | 19,5 | 1,35 | 1,75 |
| Granada (García Lorca) | 22,5 | 1,10 | 2,50 |
| Xerez | 12,1 | 1,15 | 1,60 |
| As Palmas de GC | 31,8 | 1,20 | 2,90 |
| Madrid (Barajas) T1 | 20,5 | 1,50 | 2,00 |
| Madrid (Barajas) T4 | 26,7 | 1,60 | 2,60 |
| Málaga (Pablo Picasso) | 13,7 | 1,45 | 2,75 |
| Murcia-San Javier | 48,2 | 1,25 | 1,55 |
| Palma de Mallorca (Son Sant Juan) | 15,4 | 1,80 | 2,65 |
| Pamplona (Noain) | 8,0 | 1,20 | 1,60 |
| San Sebastián (Fuenterrabia) | 29,0 | 1,20 | 2,20 |
| Santander | 14,9 | 1,25 | 1,80 |
| Santiago (Lavacolla) | 16,5 | 1,40 | 1,80 |
| Sevilla (San Pablo) | 21,4 | 1,10 | 1,65 |
| Tenerife Sur | 60,0 | 2,80 | 2,90 |
| Valencia (Manises) | 13,2 | 1,10 | 2,00 |
| Valladolid (Villanubla) | 18,5 | 1,05 | 1,55 |
| Vitoria (Foronda) | 15,3 | 1,45 | 2,05 |
| Zaragoza | 16,4 | 1,10 | 1,75 |
| Media | 22,5 | 1,4 | 2,0 |
| No aparcadoiro (3) | |||
|---|---|---|---|
| Aeroporto | Prezo por hora | Prezo por día | Prezo por semana |
| A Coruña (Alvedro) | 0,95 | 9,25 | 59,20 |
| Alacante (Altet) | 1,55 | 15,45 | 98,85 |
| Asturias | 0,90 | 9,25 | 59,20 |
| Barcelona (El Prat) T.A | 1,55 | 15,45 | 98,85 |
| Barcelona (El Prat) T.B | 1,55 | 15,45 | 98,85 |
| Bilbao (Loiu) | 1,25 | 12,35 | 79,10 |
| Xirona (Costa Brava) | 0,75 | 7,75 | 49,60 |
| Granada (García Lorca) | 0,90 | 9,50 | 60,50 |
| Xerez | 0,90 | 9,25 | 59,20 |
| As Palmas de GC | 0,95 | 9,25 | 59,20 |
| Madrid (Barajas) T1 | 1,55 | 15,45 | 98,85 |
| Madrid (Barajas) T4 | 1,55 | 15,45 | 98,85 |
| Málaga (Pablo Picasso) | 1,55 | 15,45 | 98,85 |
| Murcia-San Javier | 0,90 | 7,50 | 48,00 |
| Palma de Mallorca (Son Sant Juan) | 0,50 | 9,25 | 50,95 |
| Pamplona (Noain) | 0,90 | 7,75 | 49,60 |
| San Sebastián (Fuenterrabia) | Gratuito | Gratuito | Gratuito |
| Santander | 0,75 | 7,75 | 40,30 |
| Santiago (Lavacolla) | 0,90 | 9,25 | 59,20 |
| Sevilla (San Pablo) | 1,20 | 12,35 | 79,10 |
| Tenerife Sur | 0,95 | 9,25 | 59,20 |
| Valencia (Manises) | 1,20 | 12,35 | 79,10 |
| Valladolid (Villanubla) | 0,90 | 7,75 | 49,60 |
| Vitoria (Foronda) | Gratuito | Gratuito | Gratuito |
| Zaragoza | Gratuito | Gratuito | Gratuito |
| Media | 1,1 | 11,0 | 69,7 |
1. Taxi: prezo medio dos traxectos en taxi (ida e volta) dende o centro da cidade ao aeroporto.
2. Cafetería: prezo medio dun café con leite e dun refresco nas cafeterías de cada aeroporto.
3. Aparcadoiro: prezo do estacionamento no aparcadoiro do aeroporto por hora, día e semana completa.
En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI