Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Actualidade e lecer > Tema de portada

Λ

Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, xa que logo, unha vixencia limitada.

Analizados 23 aeroportos de todo o país: Aeroportos: Prezo dos servizos, polos aires, e conexións coas cidades, polo chan

En máis da metade dos aeródromos os horarios dos autobuses urbanos non coinciden co primeiro e co último avión. Destacan a limpeza e mais a seguridade, ambas as dúas notables, destas instalacións

 O avión deixou de ser no noso país patrimonio de elites. Confírmano as estatísticas: o número de pasaxeiros medra entre un 6% e un 8% cada ano, e dende o 2001 o número de operacións aéreas aumentou un 35%. Durante o 2006, os aeroportos españois xestionaron preto de dous millóns e medio de voos, que desprazaron a 193 millóns de pasaxeiros. As razóns: o prezo dos billetes non só non aumentou neste período, senón que se reduciu; hai unha maior frecuencia horaria e as conexións son máis numerosas e mellores.

Este incremento precisa dunhas infraestruturas maiores, e mellores, evolución que non sempre se produce. Malia o bo estado xeral dos principais aeroportos españois, a conexión por estrada e a oferta de transporte público coa capital máis próxima é mellorable e, nalgúns casos, deficiente sen paliativos. En máis da metade dos aeroportos (no 56%), os horarios dos autobuses non coinciden co primeiro e co último avión. No "debe" tamén se inclúe a ausencia dunha oferta de lecer gratuíta e a carestía dos servizos ofertados nunhas instalacións nas que as longas esperas son moeda corrente. No outro lado da balanza, as medidas de prevención de emerxencias e de seguridade, así como a limpeza e conservación dos aeroportos son notables.

Así o constataron os técnicos de CONSUMER EROSKI, que visitaron durante o mes de febreiro 23 aeroportos: A Coruña (Alvedro), Alacante (O Altet), Asturias (Oviedo), Barcelona (El Prat), Bilbao (Loiu), Xirona (Costa Brava), Gran Canaria, Granada (Federico G. Lorca), Xerez, Madrid (Barajas), Málaga, Murcia, Palma de Mallorca, Pamplona (Noain), San Sebastián (Hondarribia), Santander, Santiago de Compostela (Lavacolla), Sevilla (San Pablo), Tenerife Sur (Reina Sofía), Valencia (Manises), Valladolid (Villanubla), Vitoria (Foronda) e Zaragoza. O estudo comezou dende as capitais máis próximas aos aeródromos, nas que se tomou un taxi para comprobar cánto custa a carreira dende a cidade próxima máis representativa ata o aeródromo. Unha vez nos aeroportos, comprobáronse decenas de aspectos clasificados en seis bloques: a comunicación coa cidade, o estado de limpeza e mantemento dos aeroportos, a oferta de servizos, as medidas preventivas de seguridade, as posibilidades de lecer gratuíto e o seu grao de adecuación para as persoas con algunha minusvalía.

En taxi, 1,10 euros por minuto

  Unha boa comunicación entre a cidade e o aeroporto por estrada e unha importante oferta de servizos de transporte público determinan a calidade dunha instalación aeroportuaria. Os técnicos desta revista utilizaron o taxi para se desprazaron dende o centro da cidade ata o aeroporto e tardaron, por traxecto, unha media de 21 minutos. Cada minuto de taxi supuxo, de media, 1,10 euros. Con estas cantidades e coa política de prezos á baixa de numerosas compañías aéreas, pódese dar a circunstancia de que o traxecto en taxi entre as cidades e os aeroportos sexa máis caro ca o propio voo.

O desprazamento máis barato realizouse na Coruña (40 céntimos de euro por cada minuto de traxecto). O máis oneroso foi o traxecto entre o aeroporto das Palmas de Gran Canaria e o centro da súa cidade (case dous euros por minuto).

Se o usuario prefire utilizar o vehículo particular, en tres de cada dez dos desprazamentos realizados a indicación do itinerario dende o centro da cidade ata o aeroporto non era adecuada (Vitoria, Valencia, Sevilla, Valladolid e Zaragoza) xa que que non se advertiron indicacións de dirección ata chegar aos arredores da cidade. En Murcia, a sinalización era case inexistente.

Tampouco mellora o panorama no transporte público, que non brilla precisamente pola súa diversidade de opcións: na maioría dos casos, o autobús é a única posibilidade. Non obstante, destaca a boa comunicación de Barajas (en Madrid) por autobús e metro, así como a de El Prat (en Barcelona) e Málaga, mediante autobús e tren. Pola contra, o aeroporto de Noain (Pamplona) nin sequera dispón de liñas de autobús que unan a capital co seu aeródromo. Ademais, no 56% dos aeroportos os horarios dos autobuses non concordan co primeiro e último avión.

Paginación


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto