Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > O máis práctico > Sentenzas

Λ

Un caso similar pode merecer sentenza distinta. Esta páxina recolle sentenzas dos nosos tribunais que, polo seu contido, afectan aos consumidores e usuarios de todo tipo de produtos e servizos. Non esqueza que ante feitos similares, as cuestións de proba, as circunstacias concretas das partes implicadas e ata o tribunal que sexa competente na causa pode determinar fallos distintos.

Videoclub. Cláusulas abusivas

400 euros pola demora na entrega dunha película alugada

  O titular dun videoclub reclamoulle a un cliente 1,20 euros diarios como penalización polo atraso na devolución dunha película alugada, o que ascendía, pola demora acumulada, a 400 euros. Aínda que a Audiencia Provincial de Huesca, en sentenza do 27 de setembro de 2005, fixou que o videoclub tiña dereito a unha indemnización, considerou que a cláusula pola que o cliente debía aboar esta recarga era abusiva porque non establecía un límite temporal razoable para a remuneración da penalización. Habida conta de que a normativa protectora do consumidor considera cláusula abusiva a que lle impón unha indemnización desproporcionadamente alta ao consumidor que non cumpra as súas obrigas, a Audiencia reduciu a indemnización solicitada e considerou suficiente que o consumidor aboase o valor de reposición da película alugada e a imposibilidade de seguir alugándoa nun período de trinta días, tempo máis que suficiente para que o videoclub puidese adquirir outra película de idénticas características. Como o importe do aluguer diario era de 2,5 euros segundo o pactado e cifrándose o valor medio dunha película nova en quince euros, condenou o usuario a pagar unha indemnización de noventa euros e non a solicitada polo videoclub de 400 euros.


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto