Saltar o menú de navegación e ir ao contido
Canles de EROSKI CONSUMER
Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > O máis práctico > Sentenzas
Un caso similar pode merecer sentenza distinta. Esta páxina recolle sentenzas dos nosos tribunais que, polo seu contido, afectan aos consumidores e usuarios de todo tipo de produtos e servizos. Non esqueza que ante feitos similares, as cuestións de proba, as circunstacias concretas das partes implicadas e ata o tribunal que sexa competente na causa pode determinar fallos distintos.
Unha parella, acompañada da súa filla de un ano, concertou un voo Xerez-Madrid para tomar despois outro Madrid-Bilbao. O primeiro voo despegou puntualmente, pero aterrou en Madrid con atraso, o que impediu enlazar co seguinte. Finalmente viaxaron noutro voo da mesma compañía e chegaron con tres horas de atraso. Demandaron a Iberia por dano moral e polos gastos de mercar un biberón, chupete e papa para o bebé, xa que a equipaxe embarcara no voo concertado. O Xulgado do Mercantil nº 1 de Bilbao, en sentenza do 7 de decembro do 2005, indicou que houbo incumprimento de contrato e iso é relevante. Como a compañía demandada só alegou, sen proba ningunha, conxestión aérea, condenouna a indemnizar polo dano moral sufrido con 2.455 euros, máis xuros, en parte por considerar inexplicable que a compañía demandada non solucionase o problema embarcándoos no voo doutra compañía que se podería tomar sen problema ningún. Pero non condenou a pagar os gastos de farmacia, xa que ao Xulgado pareceulle que un pai debe prever que estes son elementos básicos e que non poden facturarse.
En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI