Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > O máis práctico > Consultorio legal

Λ

Se degoras que resolvamos tu caso en revista.consumer.es ponte en contacto con nosoutros. Como é lóxico, sólo serán publicadas as consultas que dende revista.consumer.es consideremos máis interesantes.

Pasos para crear unha comunidade de propietarios

Vivimos nun edificio de tres alturas e somos unicamente seis veciños. Non adoitamos reunirnos, pero agora temos que facer algúns arranxos na casa e non nos poñemos de acordo. Pensamos que deberiamos ter un administrador e un libro de actas. Que pasos temos que seguir?

  Para crear unha comunidade de propietarios precísase dun edificio dividido en pisos independentes que pertenzan a distintas persoas e que conte co título constitutivo da propiedade horizontal. Este título inscríbese no Rexistro da Propiedade, describe o edificio e os pisos, e inclúe a cota ou coeficiente de participación de cada un deles e, ás veces, os Estatutos coas normas que rexen a comunidade. Pode haber edificios que non teñan este título, pero nas escrituras de cada piso pode constar o coeficiente de cada veciño en relación ao total do edificio. Por outra banda, a ausencia de título non indica que non haxa unha comunidade de propietarios, aínda que si cumprirá aplicar a lei que rexe a propiedade horizontal.

En primeiro lugar deben acudir ao Rexistro da Propiedade que corresponda ao terreo e solicitar copia do título constitutivo da propiedade horizontal. Logo deben adquirir un Libro de Actas e solicitar que o selen no Rexistro da Propiedade. Tras iso, hai que convocar unha xunta de propietarios e nomear presidente e administrador por un ano, por elección ou por sorteo. Ambos os dous cargos poden recaer na mesma persoa se así o acordan. Tamén hai que definir como seguirán as quendas destes cargos. Ademais, necesitan solicitar en Facenda o CIF da comunidade. Para iso, o habitual é cumprir un impreso censal (facilítase en Facenda) asinado polo presidente e levar o Libro de Actas, copia da primeira paxina deste, copia da Acta do nomeamento de presidente e copia do DNI do presidente. Na xunta tamén se debería aprobar unha cota para gastos ordinarios, unha contribución para constituír un fondo de reserva, a autorización ao presidente para abrir unha conta bancaria da comunidade e pasar a titularidade da subministración eléctrica á comunidade de propietarios domiciliando o pagamento na conta bancaria común. Se o desexan, poden discutir a necesidade de obras no edificio e a solicitude de orzamentos para acordar nunha seguinte xunta as obras e as derramas correspondentes a cada propietario.


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto