Saltar o menú de navegación e ir ao contido
Detectores de fume, extintores portátiles e un control extremo dos máis cativos da casa evitarán as peores consecuencias dun incendio no fogar
Nun país que prima cada vez máis a seguridade en cidades, edificios e redes de transporte, prodúcense cada ano 800.000 accidentes domésticos, dato que apunta ao fogar como un dos principais e máis perigosos escenarios de accidentes: unha faísca, un cigarro mal apagado, un curtocircuíto ou unha tixola esquecida na cociña poden ocasionar un incendio en calquera vivenda. En Europa morren anualmente 4.000 persoas por mor dos incendios e en España esta cifra anda arredor dos 150 falecidos; prodúcense a cotío entre 50 e 80 incendios domésticos, que no 90% das casos se extinguen sen provocaren vítimas. Non saber como reaccionar chegado o caso pode facer que un pequeno lume acabe en traxedia.
Instale na súa casa un detector de fume, dará a alarma de incendio con tempo abondo para espertar e fuxir antes de que sexa demasiado tarde. A instalación é sinxela e a penas necesita mantemento. O mellor lugar para colocalo é o corredor, onde pode ser escoitado dende toda a vivenda. No mercado pode atopar unha ampla gama que comprende dende os icónicos -sensibles ante os fumes invisibles-, os termovelocímetros -sensibles ante os cambios de temperatura-, os ópticos -sensibles aos fumes visibles- e, para rematar, os detectores que actúan ante a presenza de lapas. Tamén son útiles os detectores térmicos que avisan cando se alcanza o máximo de temperatura fixado previamente. Todos os detectores deben estar complementados con indicadores como luces de aviso ou sirenas.
En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI