Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > O máis práctico > Consellos

Λ

Separación matrimonial e divorcio: Separacións sen traumas económicos

Os tribunais fixan nas separacións e divorcios, con máis dificultades nas parellas de feito, a necesidade e a contía da pensión compensatoria para un dos cónxuxes

  As separacións e divorcios non só adoitan ser unha consecuencia de desencontros. Tamén pode ser unha caudalosa fonte de enfrontamentos. E as cuestións económicas ocupan un dos primeiros lugares. Tal e como recolle o Código Civil, os cónxuxes dun matrimonio deben actuar en interese da familia, compartir as responsabilidades domésticas e o coidado dos fillos ou doutros familiares ao seu cargo. Non obstante, a dedicación exclusiva ou en maior grao dun dos membros da parella ás necesidades domésticas da casa, dos fillos e do outro cónxuxe pode supoñer a perda das súas expectativas laborais en beneficio da promoción do outro. Unha situación que se agrava en momentos de crise da parella, onde as desavinzas se multiplican ata chegar, en moitas ocasións, ao divorcio. En casos de separación matrimonial e divorcio, a lei regula esta compensación a través dunha pensión. Non obstante, cando a convivencia é "de feito" o proceso pódese complicar.

Como se compensa ao outro membro da parella?

Por medio dunha pensión, a compensatoria, para paliar o descenso do nivel de vida que poida padecer un dos cónxuxes logo dunha separación legal ou divorcio. O cónxuxe que sufra un desequilibrio económico ou un empeoramento con respecto á súa situación anterior no matrimonio ten dereito a unha pensión que se fixará na resolución xudicial, impoñéndoselle o pagamento a quen goce da posición máis saneada.

A muller sempre ten dereito a recibir a pensión compensatoria?

Non. Esta pensión busca compensar ao cónxuxe que queda desprotexido, independentemente do sexo. Calquera dos cónxuxes podería ter dereito a ela ou ningún deles. Depende unha serie de factores:

  • Idade e estado de saúde.
  • Cualificación profesional e posibilidades de acceso a un emprego.
  • Dedicación pasada e futura á familia.
  • Colaboración co seu traballo nas actividades mercantís, industriais ou profesionais do outro.
  • Duración do matrimonio e da convivencia conxugal.
  • Caudal, medios económicos e as necesidades de ambos os dous.

Cal é o importe da pensión?

É moi variable. Hai que ter en conta a dedicación á familia, a idade, a posibilidade de atopar un traballo, etc. Como o obxectivo non é equiparar as posicións económicas dos ex cónxuxes, é difícil calcular a cantidade exacta, aínda que pode oscilar, por regra xeral, entre un 15% e un 40% do salario. Non obstante, en ocasións pode ser o 50%.

Cando non hai acordo, o xuíz será o responsable de valorar as circunstancias e determinar o importe.

Como se cobra?

A sentenza sinalará a modalidade de pagamento, por meses e mediante ingreso en conta bancaria do beneficiario. Anualmente actualízase co IPC.

E se non paga?

Hai que interesarse polos motivos. Se non hai intención de aboar a pensión, hai que acudir de novo ao xulgado para solicitar o embargo do salario do obrigado ao pagamento.

A pensión é fixa de por vida?

Non necesariamente. O dereito á pensión compensatoria non é ilimitado, pódense fixar límites temporais. O xuíz, atendendo ás circunstancias de cada parella, pode sinalala por uns anos ou con carácter vitalicio.

Unha vez fixada a pensión compensatoria, o seu importe tamén pode ser obxecto de revisión cando se produce un cambio na fortuna do pagador ou do destinatario, podendo extinguirse antes de prazo se cesa o desequilibrio económico. Se o beneficiario da pensión se une a outra persoa, por novo matrimonio ou de feito, tamén se extingue o dereito á pensión.

Se falece o pagador?

O dereito á pensión non se extingue pola morte do debedor. Non obstante, os herdeiros poderán solicitar do Xuíz a redución ou supresión da pensión se coa herdanza non se puidese satisfacer a pensión.

Parellas de feito

Aínda que a realidade social é que as convivencias de feito estables son cada vez máis numerosas e teñen o recoñecemento de ser unha modalidade de familia no réxime xurídico do matrimonio e do divorcio, a pensión compensatoria non se traslada automaticamente a estas, o que non impide que as parellas o acorden por escrito no momento de iniciaren a convivencia. Cando esta cuestión se presenta nos tribunais, as solucións son moi dispares, e mesmo en ocasións se recoñece o dereito a ser reparado economicamente porque un membro de parella se enriqueceu inxustamente a custa doutro. En calquera caso, primeiro cómpre acreditar xudicialmente a existencia e duración da convivencia estable, cuestión que se simplifica cando a parella está inscrita nun Rexistro de Parellas de feito ou os dous membros están empadroados no mesmo domicilio.

Consellos para as parellas de feito:

  •  Antes de iniciar unha convivencia de feito, é moi importante determinar as relacións económicas que se manterán durante a parella e mais o proceso de liquidación ante unha posible separación.
  • O pacto pódese facer en escritura pública ante notario ou mediante un escrito privado e inscribirse, se hai, no Rexistro de Unións Estables.
  • Estes pactos poden incluír compensacións económicas se o cesamento da relación producise un desequilibrio económico para un dos seus membros.
  • As parellas de feito están reguladas en Cataluña, Aragón, Navarra, a Comunidade Valenciana, Baleares, a Comunidade de Madrid, Asturias, Andalucía, Canarias, Estremadura, Cantabria e País Vasco.
  • A lei balear recoñece o dereito a unha pensión periódica en caso que o cesamento da convivencia produza un desequilibrio, ao igual que a lei de Navarra. En Aragón, Cataluña, Cantabria e Estremadura recoñécese o dereito a unha compensación económica cando se produza un enriquecemento inxusto. En Asturias, País Vasco, Canarias, Andalucía, Madrid e Valencia pódense incluír as compensacións no pacto inscribible.

Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto