Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > O máis práctico > Consellos

Λ

Vehículos quilómetro cero: Un xeito máis rendible de adquirir un automóbil novo

Unha persoa pode aforrar entre 2.000 e 3.000 euros pola compra dun destes coches que non teñen quilometraxe ou que se utilizaron en traxectos curtos

  Os vehículos "quilómetro cero"" son, como o seu nome indica, vehículos que non teñen quilometraxe. Como moito, percorreron a distancia que separa a fábrica do concesionario ou foron utilizados por algún directivo ou para a súa exposición. Non obstante, o concesionario debe cumprir uns obxectivos de venda e, se non os alcanza, vese obrigado a matricular automóbiles novos e a poñelos á venda como vehículos usados. Esta práctica, que pode ser unha boa saída para o concesionario en momentos puntuais e xustificados, tradúcese nunha rebaixa da tarifa oficial porque o vehículo non está considerado como novo. En total, o comprador pode aforrar entre 2.000 e 3.000 euros se sabe cando comprar: o mellor momento adoita coincidir cos períodos de peche de exercicio, é dicir, a metade de ano (en xullo ou agosto) e en decembro. Só durante os días 28 e 29 de decembro do pasado ano computáronse 3.533 automatrículas, segundo datos da Dirección Xeral de Tráfico (DXT) facilitados á federación de concesionarios (Faconauto), cando a media mensual rolda as 5.000 unidades, aproximadamente.

Vantaxes

  • En xeral, considérase que un vehículo quilómetro cero é aquel que pasou ata catro meses en stock despois de matricularse. Non obstante, a súa garantía ten a mesma duración ca a dun coche novo e cóntase sempre a partir da data de matriculación.
  • Coa matriculación do vehículo, o concesionario está obrigado a baixar o seu prezo, unha rebaixa que se traduce en case un 20% menos sobre o prezo oficial e que pode supoñer un aforro de entre 2.000 e 3.000 euros. Isto acontece porque, como está matriculado, o automóbil considérase de segunda man, malia ser un vehículo a estrear.
  • Está comprobado que o consumidor que é proclive á compra dun coche quilómetro cero valora o aforro e é menos emotivo e menos ríxido na definición do vehículo que desexa a comprar. Por iso, amósase máis flexible á hora de adaptarse á cor e ao equipamento do coche que se lle ofrece nese momento.
  • O comprador dun destes vehículos pode ter confianza no uso que se lle deu ao coche e a certeza de que o contaquilómetros non foi trucado. Mesmo no caso de que o automóbil rodase, estaría en bo estado porque só é utilizado por directivos da empresa. Por conseguinte, trátase de vehículos moi ben coidados, con poucos quilómetros de rodaxe e cun mantemento moi exhaustivo.
  • A vida útil dun coche quilómetro cero é a mesma ca a dun coche novo porque, ou ben ten pouca rodaxe ou ben non ten ningún quilómetro ás súas costas.
  • Os vehículos quilómetro cero permiten acceder a un vehículo de última xeración, con máis capacidade de seguridade, cos últimos avances tecnolóxicos e con motores máis potentes. Todo iso a un prezo máis alcanzable e inferior ao dun vehículo novo.
  • Considerado un ben de segunda man, a compra destes coches está amparada pola Lei de garantías na venda de bens de consumo, polo que o automóbil ten dous anos de garantía. A venda entre particulares non se atopa dentro do marco xurídico desta lei, o que implica que se se lle merca o vehículo a un particular, só se conta cun prazo de seis meses para detectar vicios ocultos ou defectos do vehículo.

Inconvenientes

  • Decidirse por este tipo de vehículo implica conformarse co quilómetro cero que nese momento estea á venda. Xeralmente, non hai posibilidade de cambiar a cor ou o equipamento, posto que se encarecería o produto.
  • O seu valor residual (o valor do automóbil que se obtén cando se lle resta ao valor de venda os gastos de reparación nun sinistro) adoita ser menor porque, para os efectos xurídicos, non é un vehículo novo, debido a que se compra matriculado.
  • A posibilidade de adquirir un destes coches dáse en oportunidades contadas, xeralmente, a metade e final de ano.
  • Ao comprador adóitanselle pedir maiores garantías económicas e estúdase mellor a operación á hora de financiar o automóbil. Aínda que non necesariamente se impón un tipo de xuro penalizado, si se toman máis precaucións e estúdase con moito máis detemento a operación.
  • Algúns anuncios de venda de vehículos quilómetro cero poden servir para captar clientes indecisos e atraelos ata o concesionario para logo propoñerlles a venda doutros vehículos con rebaixa. De tódolos xeitos, estes automóbiles xeralmente non se publicitan, é preferible que o cliente acuda a un concesionario e pregunte directamente pola súa existencia.

Maquillar as cifras de venda

  O feito de que os vehículos quilómetro cero sexan máis baratos implica menores ingresos para o concesionario. Por esta razón, algúns aluden á falta de rendibilidade desta práctica para pedir a súa desaparición, mentres que outros lembran a súa importancia para cumprir os obxectivos de venda do concesionario e conseguir con iso determinados beneficios fiscais ou doutro tipo. Non se trata de que todos os vehículos á venda sexan quilómetro cero, pero si de que o mercado oferte o mesmo produto a un prezo máis alcanzable para que a maioría poida optar a el. Só en decembro do pasado ano, cando se puxeron no mercado 122.911 vehículos, estímase que as vendas de automóbiles se inflaron grazas ás automatriculacións, que en dous días (28 e 29 de decembro) alcanzaron as 3.533 automatrículas, fronte ás 5.000 de media que adoitan rexistrarse o resto de meses.

O fin último dos coches quilómetro cero é, xa que logo, maquillar os resultados e optimizar a cota de participación de mercado dunha marca en momentos puntuais, ou ben para liquidar un stock, ao final do ciclo de vida comercial dun modelo ou en determinadas circunstancias extraordinarias. Por esta razón, a súa desaparición impediría que os concesionarios cumprisen os seus obxectivos e non lle daría ao consumidor a oportunidade de adquirir un vehículo de gama máis alta ao mesmo prezo ca un vehículo de gama inferior. Trátase dunha saída positiva tanto para o concesionario como para o cliente, que é o principal interesado en que esta práctica se manteña, a pesar da regresión que experimentou nos últimos anos polas reticencias dalgúns concesionarios. De feito, hai establecementos nos que só se cede ante esta práctica con moita prudencia e cunha xustificación clara ou ben nin sequera se venden vehçiculos quilómetro cero porque se considera que se defrauda ao denominado "bo cliente", aquel que non busca oportunidades pero ve como outros as levan.


Relacións deste contido

Descargar esta información en PDF

PDF: Fai clic aquí para Descargar esta información en PDF (118 Kb)

Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto