Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > O máis práctico > Consellos

Λ

Alfombras: Os novos materiais, aos seus pés

En casos de asma ou problemas respiratorios, aconséllanse as fibras vexetais porque acumulan menos po

  Lonxe de ser un elemento de primeira orde no fogar, como os electrodomésticos, o sofá ou a cama, as alfombras reclaman o seu protagonismo cando a casa está practicamente amoblada, feito que subliña a superioridade da súa importancia estética sobre a súa funcionalidade. Pero non sempre é así. En familias con nenos pequenos -que sempre xogan no chan e que camiñan descalzos pola casa- e persoas maiores -máis propensas a sentir frío-, as alfombras contribúen a gardar mellor a calor da casa e a evitar esvaróns perigosos.

Aínda que as clásicas alfombras de la e as acrílicas continúan sendo as raíñas, nos últimos anos este mercado evolucionou notablemente en materiais, cores, tamaños e deseños. Pódense adquirir dende alfombras de fibras vexetais combinadas con orlas ou bordos en pel, pasando polas clásicas persas, ata as compostas de fibras sintéticas.

A elección do material é clave cando algún membro da familia padece asma ou problemas respiratorios. A acumulación de po nas alfombras contribúe ao empeoramento do estado destas persoas, aínda que a Asociación Nacional de Fabricantes de Alfombras e Moquetas (Unifam) advirte de que non supoñen ningún risco se se someten a unha axeitada limpeza e mantemento, e mais a un correcto proceso de elaboración con materias primas de calidade. Nestes casos hai que optar por colocar alfombras de fibras vexetais, máis baratas e con menor resistencias ás manchas, pero que ofrecen un mellor resultado ca a fibra natural (la).

Elementos clave que determinan a adquisición dunha alfombra

  • strong>Cor e estilo dos mobles. Dende un punto de vista estético, as alfombras deben combinar, en estilo e cor, co resto de mobles da estancia. Situación. Cando se colocan en lugares de maior tránsito, recoméndanse as cores escuras e as alfombras de rizo pechado.
  • strong>Iluminación da estancia e tonalidade. Unha alfombra castaña clara ou amarela dálle maior claridade ao cuarto e crea sensación de amplitude. Os tons escuros ocultan mellor as manchas e proporcionan un ambiente máis acolledor.
  • strong>Calidade da base. A base illa do frío, alonga a vida da alfombra e fai a pisada máis cómoda. Non obstante, non debe ser demasiado branda, xa que pode facer unha pisada insegura, e debe conter caucho se se queren evitar esvaróns.
  • strong>Densidade e textura. A altura e o rizado do pelo determinan o grao de suavidade. A densidade (cantidade de pelo) compróbase empurrando cara a abaixo coas xemas dos dedos. Unha maior densidade aumenta o peso da alfombra, faina máis resistente e afunde máis a pisada.
  • strong>Durabilidade. A vida dunha alfombra depende do seu tránsito. Por iso, colocar un felpudo á entrada do piso axuda a que as alfombras máis utilizadas (corredor e recibidor) se manchen menos e, polo tanto, duren máis.
  • strong>Tamaño. No mercado ofértase unha gran cantidade de tamaños estándar. Os máis comúns son os que se fabrican para dormitorios (0,60x1,20 centímetros, 0,70x1,40 e 0,90x1,60), recibidor (1,20x1,60), cuartos pequenos (1,40x2,00) e habitacións meirandes (1,70x2,40, 2,00x2,50, 2,00x3,00, etc.). A maquinaria para fabricar alfombras permite un ancho máximo de catro metros, aínda que, mediante procesos artesanais se poden unir pezas para incrementar o tamaño.
  • strong>Tinguidura. A maioría das tinguiduras utilizan produtos químicos. Hai que buscar na alfombra a etiqueta que certifique que o proceso de tinguidura pasou por controis e auditorías de calidade.
  • strong>Proceso produtivo. Pode ser mecánico ou manual. O primeiro emprega máquinas para entrelazar os fíos e fixar a felpa (parte visible), o que lle dá resistencia ao produto. O segundo anoa manualmente os fíos e non recorre a procesos posteriores de consistencia, polo que a alfombra é, en principio, menos resistente.

Diversidade de materiais

As alfombras poden estar realizadas a partir de fibras naturais, vexetais ou sintéticas. As diferenzas entre unhas e outras radican no prezo, na durabilidade e na resistencia ás manchas.

  • strong>La. A maioría do produto nacional fabrícase con la, que ofrece maior densidade, resistencia e protección fronte ao frío. Non obstante, é imprescindible un bo mantemento para que non perda as súas calidades e pode ser necesario algún tratamento anticouza. A la procede do año (máis suave), do camelo (illante) ou do chibo.
    Prezo: as máis pequenas andan arredor dos 80 euros, mentres que as máis grandes se venden a partir de 900 euros.
  • strong>Algodón. A súa tendencia ao desgaste é maior ca na la, pero non se encouza e é máis difícil que se prense. O algodón tínguese para ofrecer unha gama ampla de cores e deseños. Ofrece unha pisada agradable e non acumula electricidade estática.
    Prezo: dende 8 euros.
  • strong>Pel natural. Pódese empregar visón, raposo, lebre, meiriño ou vaca. O coiro fai que a alfombra sexa flexible e suave. Prezo: segundo o tamaño, a partir de 180 (pequena) e 400 euros (mediana).
  • strong>Fibras sintéticas Son alfombras acrílicas, de polipropileno, poliamida, poliéster ou nailon, entre outros. Este último material (nailon) é moi común nas alfombras porque é moi resistente e responde ben en zonas transitadas. O polipropileno aguanta mellor a humidade, o poliéster dispón de máis texturas e o acrílico é a fibra máis parecida á la.
    Prezo: a partir de 100 euros.
  • strong>Fibras vexetais. Estas alfombras empregan fibra vexetal, sisal, coco, abbaca, bambú ou algas. Son pouco resistentes ás manchas, máis baratas e menos duradeiras, agás as de algas e sisal, que se poden empregar durante máis tempo. As de coco son máis ásperas e as de fibra vexetal máis económicas.
    Prezo: a partir de 150 (fibra vexetal) e 200 euros (sisal, algas ou bambú).

Conservación e limpeza

  Ao comezo do seu uso, é habitual que unha alfombra solte peluxe, que se debe eliminar acotío, durante os primeiros 15 ou 20 días, cunha vasoira suave e no sentido do pelo. Logo pódese empregar a aspiradora e realizar unha limpeza profunda unha ou dúas veces ao ano, segundo o grao de sucidade. O que non se debe facer nunca é golpear a alfombra, xa que se pode desgastar ou romper con golpes secos e continuos. Se se quere retirar a alfombra no verán, convén gardala enrolada coa felpa cara a dentro, formando un cilindro simétrico nos extremos, e en posición horizontal, para que o peso non deteriore a base sobre a que se apoia.

No tocante ás manchas, se son líquidas hai que evitar que sequen e, de seren sólidas, hai que raspalas e cepillalas. O produto de limpeza débese probar primeiro nunha esquina para comprobar que non altera a cor. Despois, aplícase auga morna cunha esponxa e prémese sen fregar. É importante secar a fondo e cepillar suavemente a zona onde estaba a mancha. As alfombras con dorso de látex ou lámina de goma non deben tratarse con disolventes, agás cando se trate de manchas pequenas e superficiais.


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto