Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Medio natural

Λ

O valor do "raro" ameaza as especies animais

O desexo de posuír exemplares únicos e de consumir exquisiteces, a calquera prezo, arrastra as especies animais ameazadas ao bordo da extinción

  As especies ameazadas e en perigo de extinción non só se teñen que enfrontar á pereda de hábitats ou ás especies competidoras. Un grupo de investigadores denunciou os perniciosos efectos que teñen sobre as especies animais actividades humanas como o coleccionismo, a caza de trofeos, o consumo de "delicatessen", o comercio de mascotas exóticas, o ecoturismo e a medicina tradicional, nas que a rareza dos animais e a escalada de prezos actúan como incentivo para consumidores e comerciantes.

Canto máis raro máis se valora

Máis alá de que as especies estean protexidas por leis locais ou por acordos internacionais, isto non garante que non vaian ser explotadas. Pola contra, canto máis rara é a especie, maior é o seu valor e maior é o seu atractivo para as redes de tráfico ilegal. É un efecto perverso e inesperado do feito de declarar unha especie como "rara" e en "perigo de extinción". Así o afirmou hai moi pouco un grupo de ecólogos franceses da Universidade Paris-Sud nun traballo publicado na revista PLoS Biology.

  A economía tradicional asume que cando un produto é difícil de obter, o seu custo aumenta ata que chega un momento en que non é economicamente rendible explotalo. Isto, en teoría, debería protexer as especies animais da sobreexplotación cando quedan poucos exemplares. Non obstante, o que acontece é que canto máis raras son as especies, máis valor adquiren, do mesmo xeito ca os selos ou as moedas de coleccionista.

Esta presión engadida pode acelerar a chegada das especies ao denominado "vórtice de extinción", que se dá cando quedan tan poucos exemplares que o final da especie se precipita de modo irremediable. O que denuncian estes investigadores, que desenvolveron un modelo matemático que predí o declive das especies incorporando o factor económico do raro, é que cómpre atopar novas maneiras de protexer estes animais e de evitar este tipo de actividades.

Tráfico ilegal de mascotas

O coleccionismo é un dos exemplos máis claros. No 2004 o diario boliviano La Época denunciou nun artigo, que recibiu o Premio internacional de Reportaxe sobre Biodiversidade, aos traficantes que sacaban bolboretas do país e que despois llelas ofrecían a comerciantes para a súa venda por Internet. Unha bolboreta boliviana moi rara, a prepona xenágoras, véndese en Internet a prezos que oscilan dende os 450 ata os 2.000 dólares.

O tráfico ilegal tamén ten o seu reflexo no comercio de mascotas. En España, a finais do pasado ano, o Servizo de Protección da Natureza da Garda Civil desarticulaba unha rede de tráfico ilegal de aves exóticas que actuaba en sete provincias e que traficaba con 400 aves valoradas en un millón de euros.

O pasado mes de xaneiro roubaron tamén en España un cento de tartarugas mediterráneas do Parque Natural do Desert de les Palmes, en Castellón. É unha especie que está en perigo de extinción e o seu prezo no mercado negro alcanza ata 300 euros por exemplar.

Delicatessen e medicina tradicional

A listaxe de actividades que supoñen unha seria ameaza para as especies animais non acaba aquí. As "delicatessen" e a medicina tradicional tamén teñen a súa cota de responsabilidade. A ameaza de extinción do esturión non foi un freo para o consumo das súas ovas, o glamouroso caviar, que se vende a un prezo equivalente á súa cada vez máis extinguida presenza: entre os 1.850 e os 3.500 euros por quilo.

Doutra banda, a medicina tradicional tamén desprega exemplos alarmantes. O peixe coñecido como bahaba chinés (Bahaba taipingensis) usouse tradicionalmente na medicina chinesa para a prevención de abortos. A súa vexiga natatoria coñécese entre os pescadores chineses como "ouro brando", xa que o seu prezo se foi incrementando progresivamente ata chegar a ser sete veces máis cara ca o ouro. En 1980, unha vexiga natatoria deste peixe vendeuse nos Estados Unidos por 64.000 dólares. Agora, a especie considérase practicamente extinguida.

Ecoturismo e safaris de caza

Outra actividade tan pouco sospeitosa, en principio, como o ecoturismo, tamén pode acelerar a extinción de especies. Esta modalidade inclúe, case sempre, a observación de animais, que pode representar un factor de estrés sobre as especies.

Unha moda en voga, por exemplo, son os cruceiros por Alasca, seguindo a costa do Pacífico, que ofrecen a posibilidade de observar as baleas. Constatouse que as lanchas motoras perturban as poboacións de baleas e comprobouse, entre as poboacións de orcos, que un maior número de barcos que acoden a observar estes animais se corresponde, ao ano seguinte, cunha diminución na poboación deste cetáceo.

Pero a diminución de baleas non é un inconveniente para os operadores; pola contrario, un estudo da Universidade de Washington puido demostrar que cada ano que a poboación de baleas diminúe, ao ano seguinte aumenta o número de barcos.

Outro caso emblemático son os safaris de caza. Os investigadores compararon o prezo de caza de grandes trofeos que ofrecían a través de Internet, para a tempada de 2006, diversos operadores. O resultado, de novo, é preocupante: o prezo aumenta en proporción directa ao estado de vulnerabilidade da especie cazada. Cantos menos exemplares quedan da especie, maiores prezos se pagan.

Qué podemos facer

  Resulta irónico que algunha das actividades prexudiciais para as especies animais sexan realizadas por persoas interesadas pola natureza. Para os expertos, unha das primeiras maneiras de loitar contra esta práctica é concienciar a estas persoas dos efectos perniciosos das súas afeccións. Doutra banda, coñecer as especies ameazadas deberíalle servir ao cidadán para denunciar e rexeitar estas actividades económicas cando afectan a esas especies.

Outra vía, que xa non dependería dos consumidores, céntrase en atopar novos modos de regular o comercio de especies raras e das actividades que se basean en "darlle prestixio" á posesión ou á caza de especies ameazadas. Un asunto que dá para un amplo debate, afirman os científicos.

  Doutra banda, a sociedade debería preguntarse ata qué punto é beneficioso dar información sobre especies que están en perigo. Quizais, argumentan, non se debería facer pública a localización xeográfica das especies e nin sequera dicir qué especies están ameazadas.


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto