Saltar o menú de navegación e ir ao contido
A pesar de que moitos usuarios non o saiban, hai vida máis alá de Google. Polo tanto, non está de máis coñecer algúns buscadores temáticos, un grande atallo cando se sabe exactamente que é o que se está a buscar. Hai unha morea deles, pero velaquí uns poucos:
Allmusic
Internet Movie Database
Portal do Ocio La Higuera
O Buscopio
Héctor García Puigcerver é un enxeñeiro informático alacantino cun longo percorrido profesional e xeográfico. Especializado no deseño de linguaxes informáticas que melloren a eficiencia dos buscadores de Internet, Héctor traballou na Universidade de Alacante, no CERN (Centro Europeo de Investigación Nuclear), en Suíza, e por dúas veces en Xapón. Actualmente atópase na súa segunda etapa xaponesa, traballando para o buscador de blogs Technorati. Dende un céntrico barrio de Tokyo, escribe un blog sobre a súa vida no Xapón: Kirai.NET. En Kirai, Héctor conta a vida cotiá en Xapón vista polos seus ollos e pola súa mentalidade occidental e tecnófila. Iso inclúe a estrañeza, e certo regusto de perplexidade ante a dificultade de comprender, e unha profunda fascinación por unha sociedade e un país que para el simbolizan a perfecta mestura de tradición e modernidade. Polo menos, a mestura máis atraente. Héctor, que se defende en xaponés, foi entrevistado por varias televisións nipoas, reflexo da curiosidade que esperta o seu blog no seu país de acollida.
O único que di del o seu perfil é que o "capitán pataca" é un home, de 39 anos e casado. Tampouco cómpre saber máis nada para apreciar o valor das fotografías que expón na súa páxina persoal de Flickr. Nelas xoga tanto coas formas frías, e á vez sinuosas, dos contornos dalgúns edificios, como coas casuais figuras que a hedra ou as follas mortas poden debuxar sobre o chan ou calquera outra superficie. Doutra banda, a súa querencia polos filtros de cor e polos tons xélidos como o aceiro, dálles a moitas das súas tomas unha atmosfera irreal, máis digna do cómic ou das ficcións da pantalla que da realidade cotiá que alguén poida capturar cunha cámara dixital.
En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI