Saltar o menú de navegación e ir ao contido
Canles de EROSKI CONSUMER
Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Psicoloxía
As persoas que viven soas contra a súa vontade deben fuxir dunha vida rutineira, desconfiar da autocompaixón e ser receptivos ás experiencias novas
Para sorpresa dos mozos e adolescentes de hoxe, na xeración dos seus avós, mesmo na dos seus pais, as persoas solteiras ou as que non vivían en parella eran vistas pola sociedade como uns seres que, por unha serie de razóns, tiveran mala sorte na vida e non deran casado. Esta situación facíaos vivir sempre "baixo sospeita" na súa propia casa, ante os amigos, no traballo, etc. Non hai tanto tempo que o matrimonio era o estado civil máis común e os que se saían desta norma eran tratados, de xeito despectivo, como "solteiróns" e "solteironas".
A etimoloxía da propia palabra xa descobre o matiz negativo. "Solteiría" provén dun termo latino que significa "solitario", "desamparado" conceptos que pouco teñen que ver cos novos vocábulos, máis neutros, mesmo "glamourosos", que se utilizan na actualidade para referirse aos que non desexan pasar pola vicaría, o Concello ou o Xulgado e vivir en compañía: son os "impares" ou "singles".
Esta opción, cada vez máis valorada e apreciada en España polas novas xeracións, está vinculada aos novos hábitos de vida. Segundo algúns estudos, os máis de tres millóns de españois "impares" de entre 30 e 45 anos dispoñen de ingresos significativamente superiores ao resto de individuos do mesmo tramo de idade, teñen máis cartos e gastan máis en cultura, viaxes, lectura, espectáculos...
A sociedade actual, lonxe de asociar os solteiros con persoas aburridas e carentes de motivacións, obsérvaos como afortunados que xeralmente non se privan de nada, que viven a vida e que non cesan de facer plans. Un claro exemplo é o protagonizado polas mulleres solteiras, cunha independencia económica crecente que non condiciona a súa vinculación a outra persoa.
Á parte das consideracións sociolóxicas e psicolóxicas, o máis importante é determinar a actitude e o grao de soidade co que viven cada vez máis persoas que non se queren unir a ninguén. Para iso, cómpre aclarar en primeiro lugar que a soidade non ten por que ser necesariamente unha situación negativa. A soidade é positiva ou negativa dependendo de como se viva, e, no caso dos solteiros, a tipoloxía é ampla.
O que realmente está en xogo é como se vive a soidade. Porque convén recordar que tamén hai soidade da mala en compañía e que moitas persoas casadas se senten dramaticamente soas. Por esta razón, elixírase ou non vivir en estado "impar", "single" ou "solteiro", o importante é o cultivo de actitudes para vivir a soidade como unha oportunidade de desenvolvemento persoal.
As persoas que viven soas teñen a vantaxe de experimentar menos controis sobre a súa conduta, pero tamén teñen menos oportunidades de contrastala para que evolucione favorablemente. Por iso necesitan ter ben espertas as súas actitudes vitais, para que a soidade na que viven non se converta en foco de desgustos.
En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si acepta o continua navegando, consideramos que está conforme a su uso. Puede averiguar cómo ajustar la configuración u obtener más información aquí.