Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Actualidade e lecer > Tema de portada

Λ

Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, xa que logo, unha vixencia limitada.

Analizados 102 parques de 18 cidades españolas: Zonas verdes: non melloran en cantidade e os seus usuarios perciben falta de seguridade

O equipamento e os servizos acumulan as principais deficiencias, mentres que o mantemento e limpeza se catalogan como satisfactorios. As diferenzas entre as cidades son salientables

  Os espazos verdes públicos son algo máis ca un reduto de tranquilidade na atafegada vida urbana. Así o cre a Organización Mundial da Saúde (OMS), que recomenda que as cidades dispoñan, como mínimo, de dez a quince metros cadrados de áreas verdes por habitante. Ademais de axudar a que respiremos aire fresco e limpo (20 árbores reciclan o carbono de 100 quilómetros percorridos por un automóbil), as zonas verdes constitúen lugares de esparexemento e de lecer, espazos propicios para fomentar as relacións sociais. Tamén contribúen a facer as cidades máis habitables, aspecto relevante nun país como o noso, no que un de cada dous cidadáns vive nas 18 áreas metropolitanas máis desenvolvidas, e un terzo faino nas cinco máis importantes: Madrid, Barcelona, Valencia, Sevilla e Bilbao.

Por esta razón, CONSUMER EROSKI visitou 102 parques ou xardíns emblemáticos de 18 cidades: 8 en Madrid e Barcelona, 7 en Valencia, Sevilla, Zaragoza e Málaga, 6 en Alacante, Bilbao, Córdoba, Murcia e Valladolid e 4 na Coruña, en Oviedo, Pamplona, San Sebastián e Vitoria. Valoráronse aspectos relacionados co estado de mantemento, limpeza e conservación dos parques, o seu nivel de equipamento, a información ao usuario, o seu grao de accesibilidade e a súa seguridade. A investigación completouse cunha enquisa a 2.040 usuarios destas zonas verdes urbanas para coñecer a súa opinión acerca destes aspectos. Ademais, comprobouse cal é a proporción de zonas verdes por habitante nas distintas capitais.

A principal conclusión é que hai poucas zonas verdes nas nosas cidades (a maioría non alcanzan a recomendación da OMS) e a sensación de inseguridade que perciben os que as utilizan, amais de non diminuír respecto a unha investigación semellante realizada hai cinco anos por esta revista, dista moito de ser minoritaria: o 40% das máis de 2.000 persoas enquisadas en zonas verdes e parques urbanos consideran que non son seguros, se ben a situación, ao igual que acontece coa cantidade de superficie destinada a zona verde, é ben distinta entre unhas e outras cidades. Sirva como exemplo que en Pamplona e Vitoria lle corresponden a cada habitante 26 e 23 metros cadrados de zonas verdes, respectivamente, mentres que ao cidadán residente en Murcia, Alacante, Bilbao, Málaga, Valencia e Granada apenas lle tocan nesta repartición verde 5 metros cadrados.

Doutra banda, da visita realizada por técnicos desta revista a 102 parques urbanos de 18 cidades pódese deducir que o estado de mantemento e limpeza das zonas verdes urbanas é satisfactorio e que a información proporcionada ao usuario e mais a accesibilidade para minusválidos e a seguridade (entendida como presenza de persoal de seguridade e ausencia de risco de accidente e de obxectos perigosos) son, salvo excepcións, abondas. Así e todo, o equipamento e os servizos dispoñibles nestas zonas verdes (espazos de xogos para nenos, mesas e cadeiras tipo pícnic, áreas para cans, mobiliario urbano, fontes...) son, tamén en xeral, escasos.

Paginación


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto