Saltar o menú de navegación e ir ao contido

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Actualidade e lecer > Informe

^

Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, xa que logo, unha vixencia limitada.

Infancia e entretemento: Lecer en soidade

As novas tecnoloxías contribuíron á aparición de novas modalidades de lecer máis individuais e sedentarias. O parque, as chapas, as bólas e o bocadillo foron substituídos polo centro comercial, os videoxogos, a televisión e a hamburguesa.

Internet

  Internet converteuse nun elemento irrenunciable para os adolescentes e mozos. Segundo datos do Instituto Nacional de Estatística (INE) correspondentes ao primeiro semestre do 2006, sete de cada dez nenos de entre 10 e 14 anos utiliza Internet. O estudo realizado pola Universidade de Navarra destaca que o 35% dos nenos que se conectan a Internet fano para xogar, e un 44% para descargar películas, cancións e programas. Ademais, o 61% dos nenos afirma estar só cando entra na Rede, e un 35% dos pais non vixían os seus fillos cando o fan.

No ano 2003, o estudo "Internet Segura" da Fundació Catalana per a la Recerca incidía no risco que supón esta situación para os menores, dada a súa preferencia polos chats. Somerxidos nas conversas escritas dos chats, poderíalles resultar difícil identificar con precisión a identidade real do interlocutor, e mesmo poderían trasladar á vida real esta comunicación virtual con impredicibles resultados.

Televisión

O estudo da Universidade de Navarra sobre os hábitos e preferencias do público infantil pon de relevo que no ámbito dixital no que viven os nenos, a televisión é o medio menos atraente, xa que carece de interactividade. O novo ocio electrónico máis interactivo cómelle terreo á pequena pantalla entre os máis novos.

Os nenos españois reduciron o consumo de televisión en 18 minutos nos últimos oito anos para llos dedicar a outras pantallas alternativas como Internet, as consolas de videoxogos ou os móbiles, que teñen como punto forte a interactividade. O pasado 2006 consolidouse a tendencia de baixada de audiencia entre o público máis novo por terceiro ano consecutivo.

Segundo datos de Corporación Multimedia, no 2006 os nenos de entre 4 e 12 anos viron a tele unha media de 140 minutos (dúas horas e vinte) ao día por neno, o que supón dous minutos menos ca o ano anterior e 18 en relación a oito anos antes. Os adolescentes, non obstante, manteñen o nivel de consumo televisivo, e malia todo, hai rapaces que pasan máis tempo en compaña do "canguro catódico" ca de amigos e familiares.

O libro branco sobre "A educación no ámbito audiovisual", elaborado polo Consello Audiovisual de Cataluña (CAC), conclúe que os rapaces pasan ao ano o equivalente a 23 días do curso escolar seguindo os seus programas favoritos -dirixidos os máis deles ao público adulto-. Ven acotío unha media de 40 minutos de televisión en horario «prime time» (de 21 a 24 horas). Presencian uns 2.000 actos violentos ao ano na pequena pantalla. Aos 15 anos un rapaz pasou xa 17 meses da súa vida pegado á "tele".

Un de cada tres menores ten este electrodoméstico no seu cuarto, e o 62% non está vixiado polos seus proxenitores cando o usa (sorprendentemente, a metade dos pais coida que os seus fillos ven pouco ou moi pouco a televisión). Ademais, canto menor é o nivel económico, maior tempo se dedica a ver a televisión, xa que hai menos alternativas de lecer.

Se ás 19 horas semanais dedicadas a ver a televisión se lle engade o tempo destinado aos videoxogos e ao ordenador, o resultado é que o menor pasa unha media de 30 horas semanais fronte a unha pantalla. Este consumo audiovisual realízase maioritariamente fóra de calquera control adulto.

Paginación


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto