Saltar o menú de navegación e ir ao contido

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

Boletíns

| Baixa | Máis opcións |

Canles de EROSKI CONSUMER


Cambiar idioma

Outras utilidades

  • enviar a outra persoa

Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, xa que logo, unha vixencia limitada.

Infancia e entretemento: Lecer en soidade

As novas tecnoloxías contribuíron á aparición de novas modalidades de lecer máis individuais e sedentarias. O parque, as chapas, as bólas e o bocadillo foron substituídos polo centro comercial, os videoxogos, a televisión e a hamburguesa.

  O parque, as chapas, as bólas e o bocadillo foron substituídos polo centro comercial, os videoxogos, a televisión e a hamburguesa. Desaparecida a rúa como lugar de encontro entre nenos pequenos e adolescentes, debido, entre outras razóns, á escaseza de zonas seguras para xogar e ao medo dos pais ao tráfico ou a que alguén lles poida facer dano, as cidades tornáronse nun lugar pouco axeitado para a diversión dos nenos. Na actualidade, o xogo libre en espazos abertos é pouco menos ca misión imposible, sobre todo se asociamos esta nova realidade ás longas xornadas escolares, ás actividades extraescolares e á invasión de produtos informáticos de lecer.

Moitos nenos xa non xogan, senón que "consumen" produtos manufacturados de entretemento (televisión, videoxogos, etc.), unha solución sinxela coa que encher as súas horas de lecer. É a globalización do entretemento. Na sociedade actual a tecnoloxía é cada vez máis potente e o lecer é, nestes momentos, electrónico. Os chats e o envío de mensaxes curtas polo teléfono móbil están a modificar o xeito de relacionarse e ás consultas médicas comezan a chegar os primeiros ciberadictos, nenos e mozos que non poden deixar de xogar a videoxogos ou abandonar as salas de conversación online.

O terceiro estudo de Audiencia Infantil/Xuvenil de Medios en España 2004, publicado pola Asociación para a Investigación de Medios de Comunicación (AIMC), destaca que os nenos de entre 8 e 13 anos cambian os tradicionais peluches dos seus cuartos por equipos de música (46,4%), televisores (36,2%) e ordenadores (22,1%). No tocante aos videoxogos, o 73,7% posúenos, e dedican 172 minutos de media semanal a xogar con eles. Entre os xogos favoritos dos nenos/mozos destacan os de aventura, deportivos e de acción. Un terzo deles teñen teléfono móbil para o seu uso persoal. Amais de utilizaren o móbil para falaren e enviaren mensaxes, entre un 80 e un 82% utilízano tamén para xogaren (51%).

Nos novos hábitos de lecer dos nosos fillos cada vez téndese máis ao illamento, ao xogo individual e sedentario. Segundo un estudo da empresa Ikea Ibérica S.A., a maioría dos nenos xogan sós (60%), fronte aos que prefiren facelo con amigos (35%) ou con familiares (unicamente o 3%), sen variacións salientables entre rapazas e rapaces. O lugar de esparexemento preferido é o aire libre (68%), pero na elección doutro lugar de xogo, o preferido é o propio cuarto (46%), por ser onde teñen as súas cousas e poden estar tranquilos.

A alternativa máis común a ese "lecer en soidade" é o centro comercial, o sancta sanctórum para os adolescentes. Alí teñen cubertas todas as súas necesidades: boleiras, recreativos, establecementos de lambetadas e comida rápida, cines...

Paginación



Recursos desta páxina



Validaciones desta páxina

  • : Conformidad co Nivel Triplo-A, das Directrices de Accesibilidad para o Contido Web 1.0 do W3C-WAI
  • XHTML: Validación do W3C indicando que este documento é XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación do W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que os nosos titulares RSS teñen un formato correcto