Saltar o menú de navegación e ir ao contido

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

Boletíns

| Baixa | Máis opcións |

Canles de EROSKI CONSUMER


Cambiar idioma

Outras utilidades

  • enviar a outra persoa

Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, xa que logo, unha vixencia limitada.

Placas vitrocerámicas e de indución: Compensan as de indución

Custan o dobre ca as vitrocerámicas e esixen potas específicas, pero as placas de indución quentan ata o dobre de rápido, gastan menos electricidade e límpanse con máis facilidade

Unha a unha, 8 placas de cociña

Balay 3 ET 920 L

 
  • 656 euros a unidade.
  •  De indución. A mellor relación calidade-prezo de todo o comparativo. Biselada. Dentro das placas de indución, obtén un bo comportamento en todas as probas realizadas.
  • Subministra un imán como accesorio.
  • Na proba de uso, obtén un "ben" na claridade das instrucións e facilidade de uso e un "excelente" en facilidade de limpeza.

Teka IT644

 
  • 644 euros, a máis barata das de indución.
  • Marco de aceiro inoxidable. A máis grande. A que menos enerxía desbalda unha vez apagada a placa. A única de indución que inclúe unha coitela.
  • Proba de uso: "ben" en claridade de instrucións e facilidade de limpeza e un "correcto" en facilidade de uso.

Fagor 6 IFT 4 S 1

 
  • 701 euros.
  • De indución. Biselada. A única con temporizador. A máis rápida e a que mellor controla a súa temperatura. A de indución que máis enerxía necesita para quentar auga (174 W). O foco grande perde intensidade se se usan á vez os outros tres lumes. Sen o imprescindible imán para descubrir a aptitude das potas.
  • Proba de uso: "ben" na claridade das súas instrucións e facilidade de uso e un "excelente" en facilidade de limpeza.

Bosch PIE651TO1E

 
  • 739 euros, a máis cara.
  • De indución. Biselada.
  • Proba de uso: "Ben" na claridade das instrucións e facilidade de uso e un "excelente" en facilidade de limpeza.

Balay 3 ET 713 X

 
  • 296 euros, a máis barata.
  • Vitrocerámica. A mellor relación calidade-prezo entre as vitrocerámicas. Con marco de aceiro inoxidable. A máis pequena. Das que máis enerxía necesita para quentar auga (238 W).
  • Proba de uso: "ben" en claridade de instrucións, facilidade de uso e facilidade de limpeza.

Teka TT620

 
  • 304 euros a unidade.
  • Vitrocerámica. Marco de aceiro inoxidable. A máis grande (600 x 510 mm2). Das máis lentas (tarda máis de 10 minutos en quentar litro e medio de auga) e das que máis tempo necesita para estabilizar a temperatura. A vitrocerámica que menos enerxía necesita para quentar auga (227 W).
  • Proba de uso: claridade de instrucións "insuficiente", facilidade de uso "correcta" e "ben" en facilidade de limpeza.

Fagor VT64PDMP

 
  • 333 euros.
  • Vitrocerámica. Marco de aceiro inoxidable. Das máis lentas (tarda máis de 10 minutos en quentar litro e medio de auga) e das que máis tempo necesita para estabilizar a temperatura. A vitrocerámica que menos calor residual perde. Sen coitela, imprescindible para a súa limpeza.
  • Proba de uso: en claridade de instrucións "correcta", e recibe un "ben" en facilidade de uso e facilidade de limpeza.

Bosch PKF651E01E

 
  • 402 euros; a máis cara das vitrocerámicas.
  • Vitrocerámica. Biselada. Das que máis enerxía consume para quentar auga. A que máis enerxía perde unha vez apagada.
  • Proba de uso: "ben" en claridade de instrucións e facilidade de uso e "excelente" en facilidade de limpeza.

Paginación



Recursos desta páxina



Validaciones desta páxina

  • : Conformidad co Nivel Triplo-A, das Directrices de Accesibilidad para o Contido Web 1.0 do W3C-WAI
  • XHTML: Validación do W3C indicando que este documento é XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación do W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que os nosos titulares RSS teñen un formato correcto