Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Saúde

Λ

Outras informacións sobre Saúde: Afasia / Facer dieta sen realizar exercicio / Coñecer o sexo do bebé ás seis semanas de embarazo / Radiación para diferenciar células canceríxenas das sas / Dra. Teresa Noguer

En catro palabras

Afasia:

  É a perda da capacidade para utilizar a linguaxe por mor dunha lesión no cerebro. Un ictus, un tumor ou un traumatismo cranial poden lesionar o lóbulo temporal esquerdo e a rexión adxacente do lóbulo frontal, que controlan a función da linguaxe, e propiciar que os que a padecen queden parcial ou totalmente incapacitados para comprenderen ou expresaren palabras.

O que avisa non é traidor

Facer dieta sen realizar exercicio pode prexudicar os ósos

  A comunidade médica coincide en afirmar que o exceso de quilos pode ser nocivo para a saúde. Esta é unha das razóns polas que as persoas con exceso de peso deciden seguir unha dieta. Non obstante, hai que ter en conta que se se realiza un plan de adelgazamento sen facer exercicio físico, os ósos pódense resentir, xa que cando se adelgaza non só se perde peso, senón tamén masa ósea, especialmente nas zonas que son máis propensas a sufrir fracturas, como a columna, a cadeira e as pernas. Así o aseguran investigadores da Universidade de San Luís (Estados Unidos) nun estudo publicado na revista Arquives of Internal Medicine. Logo de analizar 36 persoas con exceso de peso, cada cun plan distinto de adelgazamento (18 pacientes fixeron réxime, e 18 practicaron exercicio), púidose comprobar que o grupo que realizou dieta perdeu tamén masa ósea.

Noticias

Unha análise permite coñecer o sexo do bebé ás seis semanas de embarazo

  Un equipo de xenetistas da Fundación Jiménez Díaz, de Madrid, desenvolveu un método que permite coñecer o sexo do bebé cunha análise de sangue á nai dende a sexta semana de xestación. A técnica permite saber en 48 horas se o ADN do feto presenta o xene SRY, responsable do sexo masculino. Coñecer o sexo do neno nunha fase tan temperá do embarazo é moi útil para o tratamento precoz de diversas enfermidades como a hemofilia, a síndrome adrenoxenital conxénita ou a distrofia muscular de Duchenne.

Radiación para diferenciar células canceríxenas das sas

Científicos do Centro Superior de Investigacións Científicas (CSIC) e da Universidade de Bath, no Reino Unido, lograron controlar un tipo de radiación co que se diferencian as células canceríxenas das sas. Agrupadas nun punteiro de menos de 1 milímetro de espesor, permite realizar un varrido completo da zona na que se localiza un tumor, distinguindo con precisión ata onde se espallou a materia canceríxena. A radiación é dun tipo 1.000 millóns de veces máis débil ca os raios X, polo que non provocaría dano nos pacientes.

/ Vitamina D e esclerose múltiple /

  As persoas que teñan niveis altos de vitamina D en sangue teñen ata un 62% menos de posibilidades de desenvolver esclerose múltiple, segundo un estudo da Escola de Saúde Pública de Harvard, en Boston, editado en Journal of the American Medical Association. Os científicos sinalan ademais que o maior risco de padecer esta enfermidade dáse entre os familiares de primeiro grao dos que xa sofren este mal, polo que se debería realizar entre esta poboación un ensaio para previla.

Dra. Teresa Noguer, oftalmóloga pediátrica

"Do mesmo xeito que protexemos a pel dos nenos fronte ao sol, debemos protexer os seus ollos"

  Moitos nenos deste país andan "superconcentrados", seguindo cos seus ollos os xogos de videoconsola que lles trouxeron os Reis. Ten consecuencias prexudiciais?
Convén que haxa un horario, que o tempo diario que pasan fronte a estes dispositivos non exceda, por exemplo, as dúas horas. Estes aparellos esixen moita atención visual e achegarse moito á pantalla, polo que xeran certa propensión á miopía. Esta situación é máis grave en menores de 10 anos, que aínda non teñen conformado o seu sistema visual.

Contraindicámolos?
Non, xa que hai casos en que poden resultar terapéuticos.

Perdón?
Os oftalmólogos podemos prescribir o uso de videoxogos a nenos con problemas de ollo vago, xa que o hábito de xogar poderá corrixir nestes casos un defecto fisiolóxico.

Acontece o mesmo coa televisión ou co móbil?
Canto máis lonxe estean as pantallas, mellor. Cos televisores non hai tanto problema, xa que as pantallas son cada vez maiores e se colocan máis lonxe, pero co móbil temos que esforzar demasiado a ollada e, como sinalei antes, isto xera a aparición de miopías.

A que idade debe revisarse a vista dun neno por primeira vez?
Os pediatras están a facer un bo labor de cribado, o que acontece é que empezan demasiado tarde (cara aos cinco anos). Se os pais teñen antecedentes de problemas visuais (cegueira, miopía, glaucoma ou catarata) o neno debe facerse unha primeira revisión con un ano de idade. En circunstancias normais pode esperar aos dous ou tres anos, pero non máis, porque canto máis pasa o tempo máis difícil e custoso é corrixir futuros problemas.

Deben ler antes de deitarse, axudados pola luz dunha lámpada de cabeceira?
Tanto nos dormitorios da casa coma nos hoteis temos esa maldita tendencia a pechar a luz do teito e ler só coa de cabeceira: é un erro. Para os ollos, é mellor ler con ambas as dúas luces acesas (que non é preciso que reúnan unha potencia excesiva) e apagalas despois.

A escuridade protexe?
Digámolo ao revés: demasiada luz acaba cegando. Os ollos "gástanse" en virtude da cantidade de luz que absorben.

Con lentes de sol xa dende bebés?
Excelente idea! Do mesmo xeito que protexemos a pel dos nenos fronte ao sol, debemos protexer os seus ollos.


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto