Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > O máis práctico > Sentenzas

Λ

Un caso similar pode merecer sentenza distinta. Esta páxina recolle sentenzas dos nosos tribunais que, polo seu contido, afectan aos consumidores e usuarios de todo tipo de produtos e servizos. Non esqueza que ante feitos similares, as cuestións de proba, as circunstacias concretas das partes implicadas e ata o tribunal que sexa competente na causa pode determinar fallos distintos.

Delito contra a propiedade intelectual

O intercambio e copia de música por Internet, absoltos

  L'intercanvi i còpia de música per Internet, absolts Un usuario de Internet, servíndose de distintos sistemas de descargas de arquivos da rede, obtiña copias exactas de álbums musicais e, a través das súas contas de correo electrónico, ofrecíaos ou cambiábaos con outros usuarios a través de chats. Como consecuencia diso, foi xulgado por un delito contra a propiedade intelectual e solicitouse unha pena de dous anos de prisión e inhabilitación para exercer o dereito de sufraxio pasivo. Non obstante, o Xulgado do Penal nº 3 de Santander, en sentenza do 14 de xullo de 2006, absolveuno tras argumentar que non hai delito xa que non se probou intención ou dolo defraudatario nin ánimo de lucro, e logo de argüír que a simple neglixencia non abonda.

Ao non mediar prezo nos seus intercambios nin ningún outro tipo de contraprestacións ca a propia de compartir, o Xulgado entende que non se infrinxe o dereito de propiedade intelectual, dado que o seu artigo 31 establece a posibilidade de obter copias para uso privado sen autorización do autor. E di que o contrario sería criminalizar comportamentos socialmente admitidos nos que a finalidade é obter copias para uso privado.


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto