Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > O máis práctico > Consultorio legal

Λ

Se degoras que resolvamos tu caso en revista.consumer.es ponte en contacto con nosoutros. Como é lóxico, sólo serán publicadas as consultas que dende revista.consumer.es consideremos máis interesantes.

Parte dunha comunidade quere reformar o ascensor, malia que funciona ben

Vivo nunha comunidade de propietarios que sempre tivo ascensor. Pero agora, aínda que funciona ben, propúxose un cambio do motor e unha reforma interior por razóns estéticas. Pódome opoñer? No caso contrario, gustaríame saber se debo pagar a mesma cantidade de diñeiro en concepto das obras se vivo no primeiro de nove andares, ou se é un gasto proporcional. De momento, na nosa comunidade os gastos páganse a partes iguais, pero creo que hai unha lei para que o pagamento sexa proporcional. É así? É preciso un número determinado de votos?

  A Lei de propiedade horizontal sinala que as obras de mellora non requiridas para a axeitada conservación, habitabilidade e seguridade do inmoble non son esixibles. Para a aprobación dunha obra de mellora non necesaria abonda, non obstante, coa maioría de votos de propietarios, salvo que a obra afecte á estrutura do edificio ou de elementos comúns; nese caso, requirirase a unanimidade ou unha maioría de tres quintos, segundo o tipo e finalidade. Se se aprobase por maioría simple unha obra de mellora non esixible, o propietario en desacordo non estaría obrigado a contribuír, sempre e cando a cota a pagar fose superior a tres mensualidades ordinarias de gastos comúns. Así e todo, e no caso concreto analizado, se o cambio de motor fose necesario por responder a necesidades de conservación e mantemento estaría obrigado ao pagamento, polo menos neste aspecto concreto da obra.

No tocante ó xeito de distribución dos gastos xerais para o axeitado sostemento do inmoble entre os propietarios, a lei di que é obriga destes contribuír conforme á cota ou coeficiente de participación fixada nas escrituras ou de acordo ao especialmente establecido. Como na súa comunidade hai un acordo unánime para contribuír a partes iguais, deberán pagar dese xeito, salvo que unanimemente volvan adoptar un acordo polo que, anulando o anterior, decidan ir aboando a obra de acordo aos coeficientes de cada piso. Neste sentido a cantidade que ten que pagar o propietario non varía en función da altura do piso, senón do especialmente acordado por unanimidade en Xunta de propietarios ou do coeficiente de participación de cada piso.


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto