Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Novas Tecnologías

Λ

Buscadores de Internet: Fórmulas para espremer a fondo Google

Os internautas dispoñen de numerosos procedementos e trucos para afinar ao máximo os resultados que ofrece o buscador máis utilizado no mundo

  Os buscadores son máquinas que rastrexan o ciberespacio para clasificar as páxinas web. A súa función é ofrecerlle ao usuario, de xeito máis ou menos ordenado, as páxinas que conteñan un determinado termo. Nesta tarefa, Google non ten rival, especialmente en España, onde é claramente o máis utilizado. Pero a cantidade de información que pulula pola Rede é cada día máis voluminosa, polo que convén coñecer algunhas das numerosas estratexias que permiten tirarlle o máximo rendemento a Google.

Corrección ortográfica e precisión

O éxito dunha busca depende máis do modo en que o usuario especifique o termo ou concepto que se desexa atopar, ca da habilidade do buscador para atopalo. É dicir, se se "pregunta" inapropiadamente, é moi difícil que Google ou calquera outro buscador responda de maneira axeitada sobre o que necesitamos saber.

O concepto de "inapropiado" aplicaríase tanto ao incorrecto (escribir con faltas de ortografía ou erros de teclado) coma ao impreciso. Polo tanto, o primeiro paso para buscar e atopar o que desexamos é acoutar ao máximo os límites da busca. Para iso o usuario dispón de diversos métodos.

O máis sinxelo sería poñer máis dunha palabra no caixón de busca. Por exemplo, non é o mesmo escribir "Landa" (que ofrece como resultados en Google dende un hotel ou unha linguaxe de escritura silábica, ata a biografía dun actor de cinema ou unha xenealoxía de apelidos vascos), que escribir "Alfredo Landa", con comiñas incluídas. A unión de ambas as dúas palabras contextualiza a busca; coas comiñas, Google sabe que debe cinguirse a buscar as dúas palabras xuntas e na orde que se lle indicou (non amosará as páxinas onde poña "Alfredo apelídase Landa").

Buscas avanzadas

Para non ter que aprender todos os signos que afinan as buscas, Google posúe un servizo de buscas avanzadas (accédese dende a parte dereita da páxina principal do buscador). Un completo formulario axúdanos a definir o que buscamos. O primeiro é o mesmo que se escribiría no caixón do buscador (por exemplo: Alfredo e Landa). Logo pregúntasenos se hai unha frase exacta que defina a nosa busca (o equivalente das comiñas).

En caso de que non sexa posible escribir unha frase exacta, hai outras alternativas, como definir as palabras que deben figurar nos resultados (por exemplo: Alfredo, Landa e actor), ou ben palabras que non deben aparecer nos resultados (por exemplo: actor, se se quere buscar a un Alfredo Landa distinto do actor).

Se se está intentando atopar un documento en concreto, pódense definir nas buscas avanzadas o tipo de formato do documento, o idioma ou a data en que entrou en Internet. Tamén se pode pedir que as palabras buscadas figuren na dirección da páxina, no título da páxina ou no seu contido.

Hai opcións que son útiles cando se perseguen propósitos moi específicos. Por exemplo: que o documento teña unha determinada licenza de propiedade intelectual que permita a súa reprodución. Este sería o caso de quen quere obter unha fotografía de Alfredo Landa para colocala noutro sitio web sen problemas legais. Outra mostra, que o buscador só ofreza resultados procedentes dunha determinada páxina web, como un xornal ou unha revista online especializada en cinema.

A importancia da lóxica

En numerosas ocasións, o internauta aforrará tempo, máis que con complexas buscas, usando a lóxica. Un caso práctico: deséxase saber o número de teléfono para reservas dun restaurante. Se se escribe: "Cal é o número de teléfono de reservas do restaurante "X"?", non se está a facer unha busca senón unha pregunta directa: algo imposible de responder por unha máquina, polo menos polo de agora.

Para que un buscador responda hai que preguntalo no seu idioma, enganándoo para que ofreza o mellor resultado. Así, escribirase no caixón de busca: "restaurante El Mesón, teléfono, reservas, Madrid,", por exemplo, se o restaurante está en Madrid. Deste xeito é moi probable que o teléfono de reservas do restaurante "O Mesón" estea entre os primeiros resultados que ofreza Google. Para coñecer a poboación de Francia, por exemplo, escribirase: "a poboación de Francia é", ou as palabras "Francia, habitantes, censo". Pero non: "Cal é o número de habitantes de Francia?".

Algo máis ca un buscador

Con esta filosofía pódese usar Google para outros fins distintos. Por exemplo, cando se teñen poucas cousas na neveira e se quere cociñar algo creativo pódese optar polo "Googlecooking" (algo así como ""cociñar ao estilo Google""). Consiste en escribir no caixón o listado de ingredientes dispoñibles e unir a eles a palabra "receita" para ver qué resultados saen (curiosamente, adoita funcionar). Google tamén pode ser un bo dicionario. Abonda con escribir "define": diante da palabra da que se quere coñecer o significado para que ofreza todas as definicións que atopara en páxinas como Wikipedia e outras publicacións de referencia. E calculadora? Probe a escribir unha operación matemática ("2+2") ou un cambio de divisas en inglés ("15 dollars in euros").

Abracadabra

  Para realizar rastrexos avanzados en Google directamente dende a barra de buscas abonda con dominar un número de palabras máxicas que achegarán o resultado desexado.

  • link: Utilízase para buscar todas as páxinas con enlaces a unha web concreta. Por exemplo, link:www.consumer.es amosará as páxinas que enlazan á portada da web de CONSUMER EROSKI.
  • Signo "menos": O signo menos (-) unido a unha palabra significa que se queren omitir todas aquelas páxinas que conteñan a devandita palabra.
  • site: Fai referencia a buscas exclusivamente nun determinado sitio web e só neste. Así, site:consumer.es ordenador amosará as páxinas de CONSUMER EROSKI nas que apareza a palabra "ordenador".
  • -site: Deséxanse excluír todos os resultados que aparezan no sitio web que se indica. É o contrario do anterior.
  • Comiñas: As comiñas ("") serven para buscar frases exactas, que se incluirán dentro das comiñas.
  • define: Busca a definición dunha palabra en moitos libros de referencia. Por exemplo, define:quilogramo devolveranos as definicións de quilogramo en varios dicionarios e enciclopedias.
  • filetype: Serve para definir o tipo de arquivo que se busca. Por exemplo, filetype:pdf indica que só se buscan formatos PDF.
  • allintitle: Busca só páxinas onde o termo apareza no título.
  • allintext: Busca só páxinas onde o termo apareza no texto.
  • allinurl: Busca só páxinas onde o termo apareza na dirección url (a propia dirección da páxina).
  • allinanchor: Busca só páxinas onde o termo apareza nos enlaces que lles poñen outras páxinas.

Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto