Saltar o menú de navegación e ir ao contido
Graxas, azucres e sabores intensos estimulan o apetito e crean hábito. Controlar as tentacións é importante para evitar desequilibrios nutricionais
Os alimentos tamén xeran paixóns. Os larpeiros, os devoradores de pizzas, os que non deixan pasar a ocasión de tomar un café ou os que non poden rematar o día sen beber un refresco, son lexión. Preguntouse algunha vez por que se dan esas preferencias, ou por que hai xente que non é quen de deixar de comer certos produtos? Os factores que condicionan o apetito e mais a elección do que comemos son moi diversos e non afectan por igual a todas as persoas.
Razóns socioculturais, económicas, fisiolóxicas e psíquicas propician que determinados alimentos resulten máis atraentes ca outros. Polo xeral, a selección ten moito que ver coa comida á que se está afeito -costumes familiares e do lugar no que se vive, etc.-, sen esquecermos que os alimentos inflúen no noso organismo, tanto nun aspecto físico como emocional. De feito, a alimentación cumpre cun dobre obxectivo no organismo: saciar a fame en resposta a unha necesidade básica -precisamos comer para podermos vivir-, e a busca do pracer -téndese a comer maior cantidade daquilo que máis gusta-.
Algúns autores defenden que a "fame específica" consiste na preferencia por determinadas substancias ou sabores como resposta do corpo ante unha carencia nutricional concreta. Para entendérmolo mellor, se unha persoa leva moito tempo sen tomar sal, o sabor salgado resultaralle agradable, mentres que se consumiu un exceso de sal acontecerá o contrario.
Isto non é completamente certo, xa que as persoas que seguen dietas baixas en sal acusan, cando comen fóra do seu fogar, un sabor salgado demasiado pronunciado que chega a resultarlles desagradable. O gusto edúcase e, xa que logo, quen estea afeito a comer produtos salgados terá maior atracción por eles, do mesmo xeito que quen está afeito aos sabores doces demandará máis ese tipo de alimentos. Pero non só a nosa percepción dos sabores determina unha maior atracción polo doce ou polo salgado, tamén hai que ter en conta que a apetencia por un ou outro sabor é reflexo do que á persoa lle reporta máis pracer. Comemos cos cinco sentidos, en especial co olfacto e co gusto, que manteñen unha estreita relación co cerebro, pero tamén coa memoria e coa emoción.
Comer é un acto pracenteiro e, como tal, inflúe no noso sistema nervioso e endócrino. En concreto, o acto de comer, ou simplemente o de pensar na comida, pon en marcha estímulos que chegan ao noso sistema nervioso e que provocan a liberación de neurotransmisores -mensaxeiros químicos do organismo- relacionados con experiencias agradables. Con iso demostrouse que hai razóns fisiolóxicas que fan que os alimentos ricos en graxas e en azucres susciten maior atracción ca outros. Algúns deses neurotransmisores son a dopamina, a serotonina e a noradrenalina.
A dificultade que para algunhas persoas supón o establecemento de límites ao que comen, e o seu cumprimento, relaciónase con alteracións que afectan ao sistema nervioso e endócrino. Isto ten moito que ver coa "busca do pracer", fronte á dificultade de obtelo doutro xeito na vida cotiá. A experiencia pracenteira de comer nestes casos adoita dar lugar a consumos esaxerados de alimentos pouco saudables que poden desequilibrar a dieta e afectar negativamente á saúde.
O queixo, as carnes, os aperitivos salgados -pipas de xirasol, froitos secos, patacas fritidas e similares-, a comida rápida ou fast food -hamburguesas, pizzas, etc. -, os doces, o chocolate ou o café, son os alimentos que máis enganchan, dado o seu contido en graxas, azucres, sal ou en substancias estimulantes como a cafeína.
Trafikoaren kudeaketa udal egintzaren lehentasunetako bat da. Azpiegiturak ugaltzea sarri ez da konponbide bideragarria eta, ia denetan, oso aukera garestia da. Trafikoari aplikatzeko moduko teknologietako adituek diotenez, zerbitzu hobea erdiesteko, hobe da egun dauden baliabideak optimizatzea azpiegitura berriak eraikitzea baino. Horrek bere baitan biltzen dituen hamaikatxo arazoetako bat, semaforoen iraupen-zikloen optimizazioa da. Nola kudeatzen dira, baina, semaforoak?En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI