Saltar o menú de navegación e ir ao contido

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Actualidade e lecer > Tema de portada

^

Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, xa que logo, unha vixencia limitada.

Analizadas 133 piscinas cubertas de 18 cidades españolas: O seu número é insuficiente e a información ao usuario, moi mellorable

O seu nivel xeral é bo, aínda que en unha de cada catro piscinas non se lle indica ao bañista o estado e a calidade da auga

Podemos esixir...y táboas comparativas

  • A información sempre é fundamental. Nunha piscina deben estar indicadas, de maneira clara e visible, algunhas informacións básicas como as normas de uso (se esixen gorro de baño, se a ducha é obrigatoria, etc.), a calidade da auga (cos datos das últimas medicións de cloro e pH), etc.
  • As piscinas deben contar con duchas e pediluvios abondos de paso obrigatorio para acceder ao vaso.
  • Hai unha serie de equipamentos imprescindibles nestes recintos: botica de primeiros auxilios ou dispensario de primeiros auxilios, vestiarios independentes para os bañistas, aseos, accesos para minusválidos, teléfono público, etc.
  • É preciso que no exterior da piscina se advirta claramente sobre a súa profundidade nos distintos tramos.
  • Para garantir a seguridade hai que contar cun número de socorristas suficiente, axeitado ás dimensións, deseño e auditorio da instalación, coa titulación necesaria para desempeñar esas funcións. Os salvavidas son un elemento básico de seguridade. Deben estar instalados en lugares visibles, e de doado acceso para os bañistas, amais de ter unha corda atada a este o longa abonda para poder arrastrar ata a beira ao bañista accidentado.
  • Toda piscina debe contar cun Libro de rexistro e control da calidade da auga, que debería estar á disposición de todos os usuarios que o soliciten. Diariamente, polo menos no momento da apertura e no da máxima concorrencia, serán analizados e anotados nel os distintos parámetros necesarios para garantir as boas condicións hixiénico-sanitarias da auga.
  • Por regra xeral, está prohibido acceder aos recintos das piscinas con vasos, botellas e recipientes de cristal, e mais non se permite comer, beber ou fumar.
  • En moitos casos obrígase a usar gorro de baño. Ademais, non se permite o acceso con calzado ou roupa de rúa aos recintos das piscinas.
  • Non está permitido o acceso ás instalacións de persoas que padezan algunha enfermidade contaxiosa ou infecciosa.
  • Está prohibida a entrada de animais ás piscinas, agás dos cans guía para invidentes.

TÁBOA COMPARATIVA

Valoracións finais: o estudo de campo de CONSUMER EROSKI
Cidade * Información ao usuario e servizos dispoñibles 1 Estado de mantemento e limpeza 2 Accesibilidade 3 Seguridade e vixilancia 4 Nota Final 5
A Coruña Aceptable Moi ben Ben Moi ben Ben
Alacante Ben Moi ben Ben Moi ben Ben
Barcelona Aceptable Moi ben Moi ben Moi ben Ben
Bilbao Aceptable Ben Moi ben Moi ben Ben
Burgos Ben Excelente Ben Moi ben Ben-Moi ben
Córdoba Aceptable Ben Ben Ben Ben
Granada Ben Moi ben Moi ben Ben Ben
Madrid Aceptable Moi ben Ben Moi ben Ben
Málaga Ben Moi ben Ben Moi ben Ben
Murcia Ben Moi ben Moi ben Ben Ben
Oviedo Ben Moi ben Moi ben Moi ben Moi ben
Pamplona Ben Moi ben Ben Moi ben Ben
San Sebastián Ben Ben Excelente Moi ben Moi ben
Sevilla Ben Ben Ben Ben Ben
Valencia Aceptable Excelente Excelente Moi ben Moi ben
Valladolid Aceptable Ben Ben Ben Ben
Vitoria Ben Ben Moi ben Moi ben Ben-Moi ben
Zaragoza Ben Excelente Ben Moi ben Ben-Moi ben
Media Aceptable Moi ben Ben Moi ben Ben
Información ao usuario e servizos dispoñibles 1 Estado de mantemento e limpeza 2 Accesibilidade 3 Seguridade e vixilancia 4
Excelente-Moi ben 15% 78% 74% 75%
Ben 34% 13% 4% 17%
Aceptable 32% 5% 4% 8%
Regular 17% 3% 7% 0%
Mal-Moi mal 2% 1% 11% 0%
Nota Media 5 Aceptable Moi ben Ben Moi ben

(*) Visitáronse 133 piscinas cubertas de acceso público: 12 en Madrid e Barcelona, 10 en Valencia e Zaragoza, 8 en Sevilla e Málaga, 7 en Bilbao, Alacante, Murcia, Oviedo e Valladolid, 6 en Vitoria, San Sebastián, Pamplona, Burgos e A Coruña e 4 en Córdoba e Granada.

(1) Analizáronse aspectos como a cantidade de información (exposta e facilitada ao usuario) dispoñible en cada instalación, o estado dos carteis e sinais indicadores, etc. Valorouse tamén a variedade e calidade dos servizos dispoñibles en cada recinto

(2) Comprobáronse aspectos como o estado de mantemento, conservación e limpeza dos vestiarios, aseos, duchas, piscina, cafetaría, bar ou restaurante, etc. Valorouse ademais o estado de conservación dos equipamentos deportivos (canastras, porterías, redes, etc.), o estado de mantemento de chans e pavimentos, etc.

(3) Observouse o grao de accesibilidade ás instalacións, tanto dende o exterior coma ás distintas dependencias. Comprobouse a existencia de ramplas ou ascensores que faciliten o acceso, a presenza de aparcamentos reservados para minusválidos, a existencia de guindastres nas piscinas, etc.

(4) Valoráronse os distintos aspectos referentes á seguridade nas instalacións: a presenza de elementos antiincendios (extintores, mangueiras, esparexedores de auga, etc.), portas, luces e saídas de emerxencia, a iluminación nas instalacións, a existencia de chans escorregadizos, a presenza de elementos potencialmente perigosos, etc.

(5) Nota final ponderada das distintas variables observadas.

O control da calidade da auga en cada cidade
Cidade Valor del pH 1 Temperatura da auga 2 Temperatura ambiente 2 Humidade 3 Renovación de auga nova 4
A Coruña 7,2-8,0 28-30º 30-32º <80% Depende do uso da piscina
Burgos 7,2-7,5 28º 31º 61,5% 8,33%
Granada 6,8-8 28-30º 2º-4º más que el agua <80% 5%
Madrid 6,5-8,5 24-28º 2º-4º más que el agua <70% Aprox. 5%
M!laga 7-8 26-29º 28-30% 60-65% 4%-5%
Murcia 7,2-7,6 28,5-29º 26-27º 65-75% 1,5%
Oviedo 7,2-7,6 27-28º 2º más que el agua <70% 5%
Pamplona 7,2 27-28º 28-29º 60-70% 5%
San Sebastián 7,2-7,3 28-29º 28-29º 70-72 % 3%-5%
Sevilla 6,8-8,0 24-30º 2%-4º más que el agua 80% 5%
Valencia 7,2-7,6 24-28º 2º-4% más que el agua 60-70% 2%
Valladolid 7-8,2 25-28º 2º más que el agua 65-75% 3,6%
Vitoria 7,0-8,0 27-28º 29-31º 65% 5-8%
Zaragoza 7-7,8 24-28º 2º-4º más que el agua 60-70% Depende do uso da piscina
Cidade Ciclo de depuración 4 Ciclo de recirculación 4 Desinsectación 5 Control de calidade da auga 6 Mostra en laboratorios 7
A Coruña 4 h 4 h Anualmente 2 veces ao día Cada mes
Burgos 4,5 h continuo Cada mes 3 veces ao día Diaria
Granada 4-5 h 4-5 h Cada 6 meses 8 veces ao día Cada 15 días
Madrid 4 h 4 h Cada 6 meses 4 veces ao día Periódicas
Málaga 1-1,5 h 6 h Cada mes 4 veces ao día Cada mes
Murcia continua 2h Cada 3 meses 3 veces ao día Cada 15 días
Oviedo 2 h 2 h Cada 3 meses 6 veces ao día Cada mes
Pamplona 3 h 3 h Cada 6 meses 2 veces ao día Cada 15 días
San Sebastián continua 4 h Cada 3 meses 2 veces ao día Cada mes
Sevilla 5 h 4 h Cada 2 meses y medio 3 veces ao día Cada 15 días
Valencia 4 h 4 h Cada 6 meses 2 veces ao día Anualmente como mínimo
Valladolid 4,6 4,6 Cada mes 7 veces ao día Cada mes
Vitoria 4 h 4 h Cada dous meses 2 veces ao día Cada mes
Zaragoza 5 h 5 h Anualmente 5 veces ao día Cada mes

* Fonte: Concellos. As casas do concello de Alacante, Barcelona, Bilbao e Córdoba negáronse a facilitarlle a información a esta revista, a pesar da instancia dos técnicos de CONSUMER EROSKI.

(1) Valor do pH:strong> é a medida da acidez ou da alcalinidade da auga. Os expertos recomendan que os valores do pH da auga oscilen entre 7,0 e 7,8. O pH da auga da piscina é o resultado dos efectos conxugados da auga de achega, do desinfectante e doutros produtos químicos utilizados no tratamento e conservación da auga. É importante manter un pH constante na auga do vaso e mantelo entre os valores óptimos, entre 7 e 8, intervalos, nos que os produtos utilizados para a desinfección da auga son máis eficaces. Un pH situado fóra dos valores idóneos provoca, entre outras consecuencias, irritación da pel, das mucosas e dos ollos dos bañistas.

(2) Temperatura da auga e do ambiente: os expertos recomendan que a auga da piscina debe estar entre os 23º e os 26º. A sensación de frío ou de calor do bañista depende en boa medida da diferenza de temperatura da auga e o aire. Por iso, a temperatura das instalacións debería ser o máis parecida posible á da auga ou mesmo lixeiramente superior (entre 2º e 4ºC).

(3) Humidade: As piscinas cubertas disporán das instalacións que aseguren a renovación constante e suficiente do aire no recinto, cunha humidade ambiental relativa recomendada nunca superior ao 80%.

(4) Renovación de auga nova, ciclos de depuración e recirculación: só entre un 1,5% e un 8% (depende en cada cidade) da auga das piscinas se renova diariamente para manter a súa calidade e repoñer as perdas producidas, mentres que o resto recircula por un circuíto pechado de modo constante, onde recibe uns tratamentos adicionais (filtracións, desinfeccións, acondicionamento da temperatura, etc.) co fin de alongar a súa vida útil.

(5) Desinsectación: Todos os recintos e instalacións das piscinas cubertas de uso colectivo deben ser sometidos a procesos de desinsectación e desratización que impidan a proliferación de insectos e roedores.

(6) Control da calidade da auga: Os expertos recomendan que o control da calidade da auga (mediante a toma de mostras) se debe realizar como mínimo no momento da apertura ao público da instalación e no de máxima afluencia, aínda que é aconsellable realizar máis tomas ao longo do día. Algúns concellos (Oviedo, San Sebastián, Zaragoza) realizan ademais este control de xeito continuo mediante programas informáticos automáticos.

(7) Mostras en laboratorios: Amais dos controis da calidade da auga, todas os concellos realizan analíticas completas de todos os parámetros da auga (bacteriolóxicos e químicos) en laboratorios especializados, polo menos unha vez ao mes.

Paginación


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto