Saltar o menú de navegación e ir ao contido

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Actualidade e lecer > Tema de portada

^

Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, xa que logo, unha vixencia limitada.

Analizadas 133 piscinas cubertas de 18 cidades españolas: O seu número é insuficiente e a información ao usuario, moi mellorable

O seu nivel xeral é bo, aínda que en unha de cada catro piscinas non se lle indica ao bañista o estado e a calidade da auga

Exceso de bañistas nunha de cada seis piscinas

  Cómpre sinalar tamén que se apreciou un exceso de bañistas ou pouco espazo para o baño libre (debido, por regra xeral, a que se reservan rúas da piscina para adestramentos ou cursos) no 17% das piscinas visitadas, destacando as de Madrid (no 58% había aglomeración de xente), Málaga (no 38%) e Zaragoza (en tres de cada dez).

Doutra banda, a accesibilidade das instalacións é boa en xeral, aínda que con matices: suspende unha de cada dez instalacións (moito máis as de titularidade privada ca as públicas), sobre todo debido a carencias como que case dúas de cada dez piscinas non dispoñen de guindastre ou dun equipamento similar (cadeiras elevadoras) que lles facilite o acceso aos minusválidos á piscina (nalgunha instalación argumentouse que nese caso sería axudado polo socorrista). Ademais, no 14% non se observaron aseos adaptados.

Abertas, de media, 14 horas ao día

Como xa se sinalou, CONSUMER EROSKI remitiulles aos 18 concellos un cuestionario no que se lles solicitaba diversa información (número de instalacións, tarifas, control da calidade da auga, etc.) acerca das piscinas públicas de cada localidade. Catro concellos preferiron non facilitar os datos solicitados, malia as reiteradas peticións desta revista. Foron os de Alacante, Bilbao, Córdoba e Barcelona (este último só respondeu de xeito parcial).

Cómpre salientar a amplitude de horarios destas instalacións municipais: as piscinas permanecen abertas, segundo confirman os Concellos, unha media de 14 horas diarias (a maioría permanecen abertas entre as oito da mañá e as dez ou once da noite). Só as piscinas de Granada pechan ao mediodía durante os días laborables (unha hora).

  Agora ben, só en Burgos, Granada, Valladolid e Vitoria todas as piscinas cubertas de titularidade municipal permanecen abertas durante toda a fin de semana. Ademais, unicamente as piscinas de Sevilla, de Pamplona e da Coruña non pechan ningunha tempada ao ano, mentres que na maioría de cidades pechan entre 7 e 15 días por mantemento (alternando, iso si, o peche das instalacións). Non obstante, en capitais como Madrid, Murcia e Vitoria permanecen pechadas un mes completo, e en Zaragoza ata dous.

A normativa: en cada cidade hai unha diferente

En cada cidade os parámetros de calidade da auga deben cumprir uns requisitos diferentes en función da gran diversidade que rexe en cada comunidade autónoma e en cada concello, o que dá idea da dificultade para que un usuario coñeza con certeza qué condicións debe ter a auga dunha piscina cuberta. Como mostra, a pluralidade de criterios na regulación da temperatura da auga das piscinas: en Oviedo, Pamplona e Vitoria debe oscilar entre os 27 e 28 graos centígrados, en Madrid, Valencia e Zaragoza entre os 24 e 28 graos, en Granada e na Coruña entre os 28 e os 30 graos, e en Murcia e San Sebastián entre os 28 e os 30 graos. A maior marxe para a temperatura da auga atopámola en Sevilla (debe oscilar entre os 24º e os 30 graos), mentres que en Burgos a temperatura dos vasos das piscinas non pode variar dos 28 graos.

As normativas son máis uniformes no que atinxe á temperatura ambiente do recinto, xa que a maioría establece que a temperatura ambiente debe ser entre 2 e 4 graos superior á temperatura da auga da piscina.

Por suposto, no resto de parámetros que rexen a calidade da auga das piscinas e dos seus recintos (valor do pH, humidade do ambiente, proporción de renovación da auga, períodos do tempo de recirculación, control da calidade da auga en laboratorios, etc.), as diferenzas son tamén frecuentes, de xeito que se pode concluír que ningunha normativa reguladora é igual en ningunha das 18 cidades.

No tocante ao auditorio das piscinas, as diferenzas entre as normativas tamén son considerables: as máis restritivas son as da Coruña, Granada, Málaga, Oviedo, Sevilla e Valencia, que permiten a entrada dun usuario por cada tres metros cadrados de superficie de auga. Non obstante, en Vitoria, Valladolid, San Sebastián, Murcia e Burgos, a normativa permite a entrada dun usuario por cada metro cadrado de lámina de auga, o que, sen dúbida, en horarios de máxima afluencia, redundará en prexuízo dos usuarios. Nas outras cidades (Madrid, Pamplona e Zaragoza), a normativa queda na metade (un usuario por cada dous metros cadrados).

Paginación


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto