Saltar o menú de navegación e ir ao contido

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Actualidade e lecer > Tema de portada

^

Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, xa que logo, unha vixencia limitada.

Analizadas 133 piscinas cubertas de 18 cidades españolas: O seu número é insuficiente e a información ao usuario, moi mellorable

O seu nivel xeral é bo, aínda que en unha de cada catro piscinas non se lle indica ao bañista o estado e a calidade da auga

Instalacións ben conservadas

  O estado de conservación das instalacións visitadas tamén é positivo: só no 4% das instalacións se atoparon deficiencias significativas (pingueiras con caldeiros de plástico, falta dunha man de pintura, zonas en obras, equipamentos anticuados ou estragados, chans con deficiencias importantes, baldosas rotas, etc.). No 2% observouse como a auga da piscina estaba sucia ou descoidada: gomas do pelo, tiritas flotando, etc., e en unha de cada dez piscinas detectáronse malos cheiros (a proporción na Coruña e en Málaga supera o 30%), sobre todo debido á falta de ventilación de vestiarios ou aseos.

No tocante á seguridade das instalacións, ningunha das 133 piscinas cubertas suspende, aínda que un 8% debe conformarse cun mediocre "aceptable". As principais carencias: só un 37% das instalacións informan ou contan cunha guía de evacuación e unicamente en dúas de cada tres hai carteis informativos sobre qué facer en caso de accidente ou emerxencia.

Malia o notable nivel de seguridade constatado, en case un 16% das instalacións observáronse elementos que poden pór en perigo a integridade física dos usuarios (chans e escaleiras escorregadizas en vestiarios e accesos a piscinas). En unha de cada dez, non se observaron bedeis nin conserxes nin persoal de mantemento que atendese o bo funcionamento da instalación e un 8% non conta con saídas de emerxencia sinalizadas.

A fundamental presenza de socorristas cúmprese nos máis dos casos, aínda que cómpre salientar que nun 11,5% se constataron deficiencias. Así, no 4,5% das piscinas non se observou ningún socorrista que atendese e vixiase os usuarios dentro da auga, e noutro 7% os socorristas non ían claramente identificados con camisetas ou bañador distintivos.

Non obstante, tan só seis de cada dez piscinas incluían escaleiras con varandas ou pasamáns situados a diferente altura (asimétricos), unha das medidas de seguridade máis recomendadas polos expertos consultados, xa que facilita subir ás persoas con menos forza, como nenos ou vellos.

Poucas duchas nas piscinas

  No tocante ás duchas, aconséllase que se coloquen, preto do vaso, un número polo menos igual ao de escaleiras de acceso á piscina. Así e todo, en unha de cada tres piscinas esta recomendación incúmprese. E o que é peor: no 12% non hai nin tan sequera unha ducha, o que obriga a que os usuarios se duchen nos vestiarios antes de acceder ao vaso. Esta deficiencia observouse especialmente nas piscinas cubertas de Oviedo, Murcia (o 57% dos recintos das piscinas non teñen duchas en ambas as dúas capitais) e Málaga (a metade). Aínda que se promove, como medida de hixiene e seguridade, que a ducha previa ao baño sexa obrigatoria, só en tres de cada dez se lle obriga ao usuario a acceder á piscina pasando obrigatoriamente por baixo dunha ducha (que normalmente conta tamén con pediluvio).

Unha de cada catro non ten indicada a súa profundidade no exterior de cada tramo de piscina, polo que non se sabe cál é a zona profunda ou a que permite facer pé. Esta deficiencia é xeral en todos os vasos de Córdoba, e repítese en case seis de cada dez vasos de Bilbao e de Valladolid.

Escasa información sobre a calidade da auga

As maiores deficiencias en información ao usuario constatáronse nas informacións básicas, sobre a calidade da auga e aspectos similares, que todo usuario debería poder coñecer cando acode a unha piscina de acceso público: en unha de cada catro non se facilita información sobre a temperatura da auga, os seus niveis de cloro ou pH, a temperatura ambiente e a humidade relativa do recinto, etc.

Ademais, case todas as normativas obrigan a informar sobre a capacidade máxima de cada piscina (normalmente baseada no seu tamaño). Non obstante, no 75% delas non se observou esta información exposta con claridade.

Un 23% carece da sinalización suficiente (non se sabe a onde leva cada corredor ou onde está cada dependencia), dúas de cada tres carecen de planos de situación e nun 18% dos casos os carteis indicativos son claramente insuficientes. No 75% non se informa sobre as características e equipamentos da instalación, só unha de cada catro informan sobre o auditorio, etc. O mellor: en tres de cada catro infórmase sobre os prezos e tarifas de acceso e no 86% acláranse cáles son as normas de uso da piscina (obriga de levar gorro, de utilizar o calzado axeitado, de ducharse antes de bañarse, etc.). Non obstante, nun 46% das piscinas non se atopou unha caixa de suxestións e un 58% non dispuña de follas de reclamacións á vista.

Paginación


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto