Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Actualidade e lecer > Tema de portada

Λ

Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, xa que logo, unha vixencia limitada.

Analizadas 133 piscinas cubertas de 18 cidades españolas: O seu número é insuficiente e a información ao usuario, moi mellorable

O seu nivel xeral é bo, aínda que en unha de cada catro piscinas non se lle indica ao bañista o estado e a calidade da auga

  Un de cada dous españois asegura facer deporte tres ou máis veces por semana e a metade dos que o practican utilizan instalacións deportivas de titularidade pública, segundo datos publicados no 2005 polo Centro de Investigacións Sociolóxicas (CIS), que revelan que a natación, no seu aspecto recreativo e non competitivo, é o deporte máis practicado en España (case unha de cada tres persoas que fai deporte asegura nadar habitualmente). Nesta disciplina, cun número de adeptos crecente, a existencia dunhas instalacións adecuadas en número e calidade é un factor clave.

Por esta razón, CONSUMER EROSKI quixo analizar as piscinas cubertas españolas, todas elas de uso público, xa sexan de titularidade pública (polo xeral, municipal) ou privada. Comparouse o equipamento de 133 piscinas cubertas de 18 cidades (A Coruña, Alacante, Barcelona, Bilbao, Burgos, Córdoba, Granada, Madrid, Málaga, Murcia, Oviedo, Pamplona, San Sebastián, Sevilla, Valencia, Valladolid, Vitoria e Zaragoza). Ademais, analizáronse, a través dunha inspección in situ de técnicos desta revista, a información e os servizos ofrecidos aos usuarios, o estado de conservación e limpeza das instalacións e das propias piscinas, a accesibilidade para minusválidos e a seguridade dos equipamentos, así como a vixilancia das instalacións.

  A análise mostra que, en liñas xerais, o estado en España das piscinas cubertas é bo, pero que o seu número é máis ben escaso. Aínda que a natación é o deporte non competitivo máis practicado en España, o número de instalacións para practicalo resulta insuficiente, xa que que, a teor dos datos recollidos, só hai unha piscina cuberta pública por cada 59.000 habitantes. Á escaseza de infraestruturas súmase a carencia de información ao usuario destas instalacións en apartados tan fundamentais como a calidade da auga, así como a multiplicidade e variedade de normativas que regulan o seu uso e funcionamento (unha diferente por cada cidade analizada). Malia todo, o estudio permitiu confirmar que a calidade das piscinas é, en xeral, satisfactoria. De feito, en dúas de cada tres a valoración final é de "moi ben" ou "excelente", cualificación especialmente estendida nos apartados de limpeza e seguridade. Ademais, sobresae a amplitude dos horarios de servizo destas instalacións, abertas unha media diaria de 14 horas.

Instalacións insuficientes

A dotación de piscinas cubertas para practicar a natación nos meses máis fríos non é abonda: hai unha instalación, de media, con piscina cuberta de titularidade pública por cada case 59.000 habitantes (tomando en conta as piscinas de adultos e non as de cativos ou de "chapuzadura"), aínda que as cifras revelan claras diferenzas entre unhas cidades e outras: destaca a boa dotación de Vitoria (dispón de unha piscina de acceso público por cada menos de 28.000 habitantes), da Coruña, de Oviedo e de San Sebastián (contan cunha piscina de acceso público por cada menos de 37.000 veciños). No outro lado da balanza sitúanse Málaga (ten só unha piscina por cada 137.000 habitantes), Zaragoza (só dispón de seis piscinas cubertas de titularidade pública para os seus máis de 600.000 habitantes) e Madrid (a media son máis de 75.500 persoas por piscina). En Pamplona e Barcelona hai unha piscina por cada 65.000 habitantes, aínda que na capital navarra, segundo afirma o concello, o que priman son as asociacións deportivas privadas (hai un total de 15 na cidade que contan con piscina e é socio delas o 41% da poboación).

Malia o seu limitado número, o balance xeral da calidade destas instalacións é positivo, aínda que hai grandes diferenzas entre unhas cidades e outras. De feito, case dous de cada tres das piscinas estudadas son "moi boas" ou "excelentes". Non obstante, a marxe de mellora é apreciable, porque un 7% das 133 piscinas suspende e un 8% non pasa dun aprobado raspado. O apartado con peor nota global foi a información facilitada aos usuarios e a diversidade de servizos ofrecidos, prestacións nas que suspende o 20% das piscinas. Estas deficiencias materialízanse en que en unha de cada catro non se informa aos usuarios sobre o estado e a calidade da auga ou que en tres de cada catro nin sequera se informa sobre o auditorio máximo do vaso.

Pola contra, a limpeza e conservación das máis das piscinas cubertas visitadas foi un dos aspectos máis salientables (nesta categoría só suspendeu un 4%). Un exiguo 2% dos vestiarios estaba en malas condicións de limpeza e hixiene. Non obstante, o 8% dos vestiarios e o 10% dos aseos nin sequera tiñan papeleiras ou recipientes para depositar residuos e desperdicios. Ademais, un 14,3% dos aseos carecían de xabón (o 57% dos de Oviedo, o 43% dos de Bilbao e o 37% dos de Sevilla) e ata un 16% dos vestiarios non tiñan perchas para colgar a roupa (carencia observada en sete de cada dez vestiarios das piscinas de Alacante e no 30% dos de Valladolid). Catro de cada dez aseos carecen de secador de pelo, nun 15% non había vasoira de váter e tan só un 42% dispuña dun cambiador para bebés.

Paginación


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto