Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Actualidade e lecer > Informe

Λ

Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, xa que logo, unha vixencia limitada.

Nova Lei de consumidores e usuarios: Consumidores máis protexidos

Os cambios na norma incorporan melloras ante cláusulas abusivas, publicidade enganosa, información fraudulenta sobre a alimentación, facturación inxustificada e obstáculos que imposibilitan darse de baixa

  O crecemento cualitativo e cuantitativo do consumo en España, é dicir, qué, cánto e cómo se compra, é un feito, como o é a necesidade dun axeitamento normativo a unha realidade social e económica con cambios constantes. A norma vixente, a Lei xeral de protección dos consumidores, aprobada en 1984, hai 22 anos, quedou desfasada para cubrir as queixas e a infinidade de novas prácticas abusivas, condenadas xa polos tribunais. Por esta razón, asociacións de consumidores e cidadáns celebran este novo ano coa entrada en vigor dunha norma, a Lei 44/2006 de mellora da protección dos consumidores e usuarios, que se axusta aos problemas actuais e que pretende ser máis efectiva na defensa dos dereitos dos consumidores. A protección dos intereses económicos dos cidadáns percibirase especialmente no sector da telefonía, viaxes, vivenda e aparcamentos. Entre as principais novidades desta regulación está a prohibición de redondear os prezos polo cobramento de servizos non prestados, o traslado ao consumidor de cargas ou gastos propios da empresa, o incremento do prezo por accesorios ou impostos non indicados no orzamento ou na publicidade ou a imposición de innumerables obstáculos para darse de baixa nunha operadora telefónica.

Outra das novas achegas da reforma é que lle permite á Administración Pública dispor de máis medios para protexer o consumidor. Por exemplo, a súa capacidade sancionadora non se limitará xa a impoñerlles multas ás empresas infractoras, senón que dentro do procedemento sancionador poderá establecer o pagamento dunha indemnización para o consumidor.

As melloras da lei a fondo

Darse de baixa dun contrato

  Nunha práctica máis que discutible, moitas empresas blindan os seus contratos con prazos de duración excesivamente longos e atan aos consumidores, co que lles impiden de facto decantarse por mellores ofertas que xurdan no mercado, de xeito que cando o consumidor se nega a agardar e dá por acabado o contrato antes do vencemento deixando de pagar, incumpre o contrato coa conseguinte penalización. A nova lei prohibe os prazos excesivamente longos. Pero, cando un prazo é excesivamente longo?

Un caso moi habitual prodúcese nos contratos de mantemento de ascensores, que lles esixen á maioría das comunidades de propietarios unha vinculación mínima de cinco ou máis anos. Estas empresas deberán adecuar os prazos dos seus contratos para cumprir a lei e permitirlles ás comunidades contratar os seus servizos por un prazo razoable, por exemplo, un ano.

Os contratos que se desenvolven ao longo do tempo, como os de subministración de telefonía ou electricidade, deberán adaptarse en dous meses a contar dende o 31 de decembro de 2006, e cumprir as seguintes premisas:

  • Información clara: o procedemento para darse de baixa débese indicar claramente no contrato. Ademais, esta información débese proporcionar antes de que se asine, de xeito gratuíto e sen remitirlle ao usuario servizos de información onerosos, como pode ser un número de tarificación adicional.
  • Prazo de duración: hai que esixir que non sexa excesivamente longo. Non obstante, en telefonía a normativa xa establecera o dereito do subscritor a darse de baixa en calquera momento.
  • Darse de baixa: Haberá que seguir o procedemento que sinale o contrato, pero este ten que ser tan sinxelo como a foi no seu día a súa contratación.
  • Indemnizacións por darse de baixa antes do prazo pactado: poden continuar, pero sen que sexan abusivas. A Lei di que as sancións, cargas, ou indemnizacións que se impoñan por esta cuestión non deben ser desproporcionadas e deben, polo tanto, corresponderse cos danos efectivamente causados. Polo tanto, as empresas non poderán executar pola súa conta as cláusulas penais do contrato retendo cantidades pagadas por adiantado, que se lle deberán reintegrar ao usuario. Tampouco poderán esixir o pagamento de cantidades por servizos non prestados (que é un xeito de demandar o cumprimento do contrato pagando, total ou parcialmente) nin fixar indemnizacións inxustificadas ou abusivas.

Paginación


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto