Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Actualidade e lecer > Informe

Λ

Orde no labirinto urbano

Como se logra que centos de aparellos tricolores coordinen a súa apertura e o seu peche ordenando a circulación de tantos vehículos? Cando e por que se decide regular un paso de peóns con tempos?

A xestión do tránsito circulatorio é unha prioridade de actuación municipal. A miúdo non é viable aumentar as infraestruturas e case sempre é unha solución moi cara. Os expertos en tecnoloxías aplicadas ao tráfico afirman que é máis conveniente optimizar os recursos xa existentes para alcanzar un mellor servizo que construír novas infraestruturas. Isto comprende un conxunto de problemas diferentes onde un dos máis relevantes é a optimización dos ciclos de duración dos semáforos. Pero, como se xestionan eses semáforos?

Un estudo desta revista de outubro do 2005 revelaba que nas cidades españolas se circula moi devagar: oito minutos custa, de media, cubrir un quilómetro en coche privado. Ademais, rexistráronse enormes diferenzas na fluidez do tráfico non sempre explicables polo tamaño ou pola poboación da cidade. Entre as 18 cidades analizadas, Pamplona obtivo a mellor nota en fluidez do tráfico. Nela estivemos para coñecer como se xestiona.

  
Ruben García Blázquez

O Centro de mando

Ao longo da cidade están instaladas 20 cámaras de vixilancia nos puntos de tráfico máis conflitivos. O obxectivo é vixiar os pasadizos subterráneos e os ascensores urbanos. As seis pantallas que reciben as imaxes desdóbranse en 24 fotografías e ofrecen a situación do tráfico a tempo real. As cámaras permiten un xiro de 360 graos e dispoñen dun zoom de case un quilómetro, polo que cada zona é vixiada con exactitude. Os técnicos do Centro, coñecedores da idiosincrasia da cidade, están alerta ás horas punta por se cómpre avisar a policía motorizada para que vaia regular cruzamentos. Tamén realizan un seguimento de incidencias puntuais, xa que son eles os que centralizan a emisora e organizan a resposta ante atropelos e accidentes que poidan provocar atascos.

Os reguladores

A sala de tráfico acolle o ordenador central con réplica (un substituto para situacións excepcionais) que organiza os semáforos distribuídos pola cidade. Un servidor, routers e conectores obedecen ao software desenvolvido por unha empresa tecnolóxica que ofrece un servizo permanente e presencial. Este cerebro informático delega tarefas a tres reguladores de zona que xestionan as tres áreas en que se divide a cidade. Á súa vez, cada cruzamento de semáforos alberga un regulador de luces. Todo este sistema funciona en tempo real, con base nas lecturas dos diferentes sensores de tráfico repartidos polas rúas. Polo tanto, o sistema é capaz de redirixir o tráfico para desconxestionar unha zona así que detecta atascos ou calquera outro problema que afecte ao tráfico. Gañar ou perder un segundo implica problemas de incompatibilidade: as combinacións son ríxidas co tempo en que están pechados os semáforos (en vermello), pero son flexibles para cambiar o tempo de apertura (en verde), segundo as necesidades, o que leva a deseñar ciclos á carta.

  
Ruben García Blázquez

O tempo dos semáforos

Exactamente 80, 90 e 110 segundos. Este é o tempo que bota o semáforo en vermello para a circulación motorizada. Os segundos para atravesar un paso de peóns, seguindo indicacións europeas, calcúlase aplicando a seguinte fórmula: un segundo por cada metro que separa unha beirarrúa da outra. Aos semáforos con contadores de paso, que informan o peón de cantos segundos ten para cruzar, engadiuse a conta sobre que tempo falta para que o homiño vermello pase a estar verde e permita cruzar a rúa. Deste xeito evítase que a impaciencia leve a cruzar de modo perigoso. Outra solución para atender o peón, a quen se intenta priorizar na organización do tráfico, é a colocación de semáforos a demanda, aqueles que funcionan cando un viandante preme un botón e ordena a luz vermella para o coche. Estes modelos son autónomos, a súa variable non condiciona a orde de ciclos do resto de semáforos, por iso están colocados en avenidas ou rúas con moitos semáforos ou con ningún.

  
Ruben García Blázquez

Os aforadores

Para poder deseñar a coordinación de semáforos cómpre ter datos cuantitativos do tráfico. Estes recóllense a través duns aparellos móbiles coñecidos como aforadores. Poden ser por contacto: cables na calzada, ou de ondas, aqueles que se colocan nos sinais verticais. Miden o número de vehículos que circulan, a velocidade e a dirección en que o fan. Tamén detectan o seu tamaño, para distinguir a circulación pesada de furgonetas ou autobuses, que precisan máis tempo para salvar un cruce. A información, que se descarga nunha PDA e se traslada a unha base de datos, permite obter medias, modas e medianas, é dicir, variables estatísticas que definen a coordinación dos semáforos. O propósito é acadar unha circulación fluída, que non é sinónima de rápida, pero si de boa sincronización de avenidas, o que provoca unha "onda verde", un termo que singulariza o tránsito ordenado.

  
Ruben García Blázquez
  
Ruben García Blázquez

Os semáforos

A vida útil dun semáforo é de decenas de anos, aínda que nestes momentos se están a substituír as lámpadas tradicionais polas "Led", lámpadas de alta intensidade que garanten un consumo enerxético cuantitativamente menor. Esta operación é subvencionada polos fondos europeos xestionados por IDEA (Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía). É especialmente importante a lámpada ámbar. Aínda que durante o día é a menos utilizada, a r

  
Ruben García Blázquez

Outras fotorreportaxes que che poden interesar

Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto