Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Actualidade e lecer > Análise de produtos

Λ

Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, xa que logo, unha vixencia limitada.

Pementos do Piquillo: Os pementos con D.O. Lodosa gustan máis pero o seu prezo é moito maior

Só dúas das oito mostras tiñan unha etiquetaxe correcta, e unha delas ofrecía só o 75% da cantidade declarada.

  Os pementos de piquillo constitúen unha variedade singular e única, propia dos regadíos do Val do Ebro. En Navarra gozan da Denominación de Orixe (D.O.) Piquillo de Lodosa, con especificacións de calidade máis esixentes. O pemento piquillo destaca pola cor vermella intensa da súa carne, o seu pequeno tamaño, a súa textura carnosa e fina, e o seu sabor doce e á vez lixeiramente picante. Os pementos, logo de seren debidamente seleccionados, introdúcense nunha moega con auga para limpalos de impurezas. A continuación, transpórtanse ao forno onde se asan con lapa directa a temperaturas que superan os 700º C. Deseguido, estónanse e elimínaselles o corazón e as sementes. Nos de D.O. Lodosa non se permite que nestas operacións os pementos se mollen con auga nin que se utilicen solucións químicas. O envasado atende a tres categorías comerciais -Extra, Primeira ou Segunda-, que veñen dadas pola cor dos pementos -vermello intenso para a categoría Extra- e a proporción de superficie con pel queimada ou deteriorada, que pode ser de ata un centímetro cadrado de pel queimada cada cen gramos de pemento para a categoría Extra.

Os pementos de piquillo con D.O. Lodosa non admiten adicións distintas de sal, azucre e reguladores da acidez. Nos non amparados por esta D.O. permítese a adición de auga.

A análise

  Analizáronse e sometéronse á cata oito mostras de conserva de pementos Piquillo Extra, tres delas da D.O. Lodosa. Só dous (Carasusan e Señorío de Sarriá) respectaban a normativa de etiquetaxe: en catro non se indicaba o número de rexistro sanitario, nunha non se situaba no mesmo campo visual toda a información e noutra, peso neto e peso escorrido eran menores nun 25% aos declarados. Neste último caso, a irregularidade debíase seguramente a un erro, xa que a capacidade do envase era moi inferior aos 320 gramos declarados. En calidade, a única irregularidade foi que os pementos Señorío de Sarriá amosaron unha proporción de pel queimada lixeiramente superior á permitida para a súa calidade, Extra.

Doutra banda, os pementos máis grandes foron os de J. Candea, Carreta e Señorío de Sarria (arredor de 25 gramos cada unidade) e os máis pequenos (preto de 18 gramos), os de Carasusan e El Navarrico. Para rematar, Carasusan (1,3% de sal) e Carreta (1%) foron os máis salgados, pero tampouco o son moito, xa que se considera que a cantidade de sal nun alimento é excesiva cando representa máis do 1,8%. Os únicos pementos aos que non se lles engade sal son os de J. Candea (tiñan menos do 0,1% de sal).

Os da D.O. Lodosa, os mellores na cata

Os pementos de piquillo con D.O. Lodosa son máis saborosos, xa que satisfán mellor as expectativas organolépticas dos consumidores: as tres mostras con D.O. Lodosa superaron ás outras seis en todos os atributos estudados polos catadores: cor, olor, sabor, sensación ao mastigar e sabor residual. Así e todo, a mellor relación calidade-prezo correspondeulles aos pementos de piquillo Carasusan, que ofrecen boa calidade a un prezo moi competitivo (eran os máis baratos). Os que teñen D.O. Lodosa son caros: saen entre 14,63 euros e 16 euros o quilo só de pementos, cando os que non o son custan entre 6,38 e 11,34 euros o quilo. Entre os da D.O. Lodosa, a mellor relación calidade-prezo son os pementos Pedro Luis, que saen a 14,63 euros.

Pementos e nutrición

Nun pemento a auga representa o 94% do produto, os hidratos de carbono non chegan ao 4% e as proteínas rozan o 1%, mentres que o contido en graxa é irrelevante. Esta composición explica que apenas achegue 20 calorías cada cen gramos. Os carotenos e a vitamina C, abundantes nos pementos, converten estes en alimentos ricos en antioxidantes, aliados da prevención de enfermidades dexenerativas.

  Os pementos de piquillo son lixeiramente picantes; irritan a mucosa dixestiva segregando zume gástrico (ácido), o que se pode asociarse cunha mellora da dixestión, pero tamén se pode converter nun problema para persoas co estómago delicado, con gastrite ou con úlcera. Ademais, a dixestión dos pementos é difícil, sobre todo cando se consumen fritos, debido á grande cantidade de aceite que absorben.

Con estas pequenas excepcións, o consumo regular de pementos é moi recomendable, e particularmente adecuado en situacións de exceso de peso (son saborosos e pouco caloríficos) e de cálculos renais e retención de líquidos, xa que polo seu alto contido en potasio e a escaseza de sodio son diuréticos. Doutra banda, o seu intenso sabor fai que poidan degustarse sen necesidade de engadirlles sal, o que pode ser aproveitado polos que sofren hipertensión ou de patoloxías renais ou cardiovasculares que requiren de dietas baixas en sodio.

Categoría comercial dos piquillos

Os principais atributos de calidade dos piquillos Extra son a cor dos pementos, a súa integridade, a proporción de superficie con pel queimada (as dúas, suxeitas a norma), a presenza de materias estrañas e a cantidade de pementos rotos. As oito mostras lucían nos seus pementos unha cor vermella uniforme propia do froito maduro e sen presenza de partes amarelas, tal e como esixe a norma. Tamén todas contiñan pementos enteiros, se ben a norma permite ata un anaco por bote para completar o peso escorrido. Atopouse superficie queimada en todas as mostras, pero só Señorío de Sarriá, con 1,1 centímetros cadrados cada cen gramos, superou o límite admitido para os Extra, de 1 cm2/100 g. A calidade Primeira acepta ata 1,5 cm2 de pel queimada cada 100 gramos. Cambiando de atributo de calidade, en ningún dos frascos se detectou materia estraña ningunha e en canto ao número de sementes, cabe indicar que nos piquillos da D.O. Lodosa foi inferior ao resto das mostras.

Paginación


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto