Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Saúde

Λ

Outras informacións sobre Saúde: Glaucoma / Os riscos do piercing na boca / Tomar té preserva a memoria / Beneficios do sol de media mañá / Unha aspirina ao día?

En catro palabras

 

Glaucoma:

A suba da presión intraocular ata un nivel que produce un dano nas fibras do nervio óptico coñécese como glaucoma. Se a presión se mantén moito tempo ou a un nivel moi alto, a perda de visión é irreversible; cando se danaron todas as fibras do nervio óptico, pérdese a capacidade de transmitir imaxes ao cerebro e prodúcese cegueira total. As revisións son o único xeito de descubrir o glaucoma en fase inicial e canto máis precoz sexa o diagnóstico, maiores son as posibilidades de tratamento, xa sexa médico ou cirúrxico.

Quen avisa non é traidor

 

Os riscos do piercing na boca

Ante a práctica, cada vez máis común, dos mozos de se colocar un piercing na lingua, os odontólogos e estomatólogos españois advirten dos riscos que comporta esta práctica entre os adolescentes. A cavidade bucal e, en especial, a lingua son zonas susceptibles de sufrir algunha complicación, xa que a boca é un lugar ateigado de bacterias que se introducen cando se come, bebe, fuma, mastiga ou chupa obxectos estraños... Os expertos aseguran que colocar elementos estraños na lingua, nos beizos, no freo da lingua ou nas meixelas pode producir alteracións como as microrroturas e traumatismos dentais, así como a retracción das enxivas polo rozamento do adorno, hiperplasia tisular (na zona onde se insire o adorno o tecido medra demasiado e causa fibrose); atragoamento ou aspiración se a boliña se desenrosca; desgarro; reaccións alérxicas e interferencias radiográficas. Ademais, os piercing na boca adoitan provocar hipersalivación pola presenza dun corpo estraño, halitose pola dificultade de limpar correctamente a zona anelada, mala fonación ou molestias na mastigación e na deglutición.

Noticias

 

Tomar té preserva a memoria

Unha cunca de té ao día pode axudar a previr a perda de memoria. Así o aseguran científicos da Universidade de Newcastle, que descubriron en exames realizados no laboratorio que inxerir entre cinco e dez cuncas diarias de té verde e de té negro inhibe a actividade de certas encimas que destrúen a acetilcolina, un neurotransmisor que cómpre manter en niveis elevados para preservar a memoria. O director da investigación asegura que o efecto do té verde é máis duradeiro e perdura durante unha semana, mentres que o do té negro dura un só día. Amais destes beneficiosos efectos, o té conta con varias vantaxes, como ser unha bebida moi popular, barata e sen efectos adversos para a saúde.

Beneficios do sol de media mañá

Pasar dez minutos diarios ao sol, entre as 11 da mañá e as tres da tarde, é beneficioso para a saúde segundo indican especialistas en radiación ultravioleta da Universidade de Manchester. Os investigadores sinalan que os raios de sol favorecen a produción de vitamina D, que promove a absorción do calcio e o fosfato dos alimentos, e é esencial na formación dos ósos e os dentes. Un déficit desta vitamina pode provocar un atraso no crecemento óseo, así como raquitismo en nenos e osteoporose nos adultos.

 

Unha aspirina ao día?

Os beneficios que provoca a aspirina entre as persoas que tiveron un infarto ou que corren risco de sufrir unha trombose é unha cuestión que non admite discusión entre os médicos. Moitos tómana como medida preventiva e é saudable para homes maiores de 40 anos que non realizan actividade física e que teñen o colesterol alto. Agora ben, deben coidar o seu consumo os que sofren cadros de gastrite ou úlcera e mais as persoas coa tensión alta non controlada, e os que sofren hematomas ante o mínimo golpe, posto que corren o risco de sufrir hemorraxias internas.


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto