Saltar o menú de navegación e ir ao contido
Un caso similar pode merecer sentenza distinta. Esta páxina recolle sentenzas dos nosos tribunais que, polo seu contido, afectan aos consumidores e usuarios de todo tipo de produtos e servizos. Non esqueza que ante feitos similares, as cuestións de proba, as circunstacias concretas das partes implicadas e ata o tribunal que sexa competente na causa pode determinar fallos distintos.
Un viaxeiro que regresaba a Madrid procedente de Canadá presentou unha reclamación ante a compañía aérea polo extravío dunha das súas maletas. Ao cabo de 36 horas entregáronlle a equipaxe e unha indemnización, a que correspondía por aplicación dos Convenios Internacionais en caso de atraso. O usuario considerouna insuficiente e reclamou en xuízo o dano moral sufrido.
Non obstante, a sección 14ª da Audiencia Provincial de Madrid, en sentenza do 14 de outubro do 2005, fallou na súa contra. Argumentou que as normas non establecen que calquera atraso na entrega, por nimio que sexa, dea lugar á responsabilidade do transportista, senón que a súa finalidade é, pola contra, limitar esa responsabilidade.
A demora na entrega da equipaxe pode ser grave cando o viaxeiro debe asistir a unha voda ou outro acontecemento social que require de certa etiqueta, ou cando nun país ou cidade allea ao domicilio habitual esta perda da equipaxe obriga a vivir co"posto"". Pero non o é cando se produce na chegada do viaxeiro ao seu domicilio.
En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI