Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > O máis práctico > Sentenzas

Λ

Un caso similar pode merecer sentenza distinta. Esta páxina recolle sentenzas dos nosos tribunais que, polo seu contido, afectan aos consumidores e usuarios de todo tipo de produtos e servizos. Non esqueza que ante feitos similares, as cuestións de proba, as circunstacias concretas das partes implicadas e ata o tribunal que sexa competente na causa pode determinar fallos distintos.

Vivenda. Cláusulas abusivas

O promotor quere que os compradores paguen xuros previos á venda

  En 1998 uns consumidores asinaron un contrato privado de compra dunha vivenda en construción por 51.000 euros. Neste documento facultábase ao promotor a constituír hipoteca sobre o solar e edificacións en construción e a que os compradores lla subrogasen na parte de crédito correspondente e mais nos xuros dende a data de certificación final de obra. Establecíase ademais que os gastos proporcionais das acometidas (auga, luz, gas...) do edificio corrían tamén por conta do comprador.

O promotor requiriulle ao comprador 2.758 euros polos xuros do crédito hipotecario e por conceptos de acometidas e altas. Posteriormente, os consumidores reclamaron en xuízo a devolución desa cantidade por considerala un abuso. E gañaron o xuízo. A Sección Segunda da Audiencia Provincial de Cantabria, en sentenza do 4 de outubro do 2005, sinalou que a cláusula pola que o consumidor tiña que pagar xuros resultaba nula de pleno dereito e que as acometidas do edificio e as altas que consideraba a cláusula discutida formaban parte inseparable do propio edificio e non se podían cobrar á parte.


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto