Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > O máis práctico > Consultorio legal

Λ

Se degoras que resolvamos tu caso en revista.consumer.es ponte en contacto con nosoutros. Como é lóxico, sólo serán publicadas as consultas que dende revista.consumer.es consideremos máis interesantes.

O banco cobra un descuberto dun subsidio de desemprego

Deixei un descuberto de 100 euros nunha conta corrente. Esquecinme dela e, sen a cancelar, abrín outra conta na mesma entidade para cobrar o subsidio de desemprego. Comprobei o contido das cláusulas do contrato que asinei e especifícase que de ter unha débeda coa entidade, esta podería executar o cobro mediante a apropiación dos cartos que houbese en calquera conta desa mesma entidade ao meu nome. Pois ben, así o fixeron. É legal? Unha entidade privada pode executar as débedas das que é acredor sen respectar uns límites de embargabilidade nos que se supoñen "non embargables" os soldos mínimos?

  A compensación de débedas practicada polo banco entra dentro da legalidade, aínda que afecte a soldos mínimos, xa que o realizado é unha compensación de débedas amparada polo contrato e non un embargo. Os Tribunais consideran válidas e non abusivas as cláusulas que facultan a bancos para compensar débedas, polo menos sempre e cando haxa coincidencia entre os titulares das contas. Pero tamén cando non a hai, neste último caso sempre e cando se cumpran certos requisitos. Pola súa banda, o Servizo de Reclamacións do Banco de España sinalou que para facer efectiva a compensación cómpre que se cumpran dous requisitos: primeiro, a identificación plena da parte debedora e da parte acredora. En segundo lugar, é preceptivo que a facultade de compensación se recolla expresamente nas condicións contractuais. Ambos os dous requisitos concorren neste caso, polo que de pouco ou nada lle serviría reclamar nin ante a entidade bancaria nin ante o Banco de España.

En canto á imposibilidade de embargar o salario mínimo, soldo ou pensión equivalente, o acto de disposición realizado polo banco non é consecuencia dun embargo, senón dunha compensación de débedas no curso dunha relación contractual, que de conformidade coas normas do Código Civil non está sometida a eses límites. Tal e como o entende o marco normativo e xurisprudencial, neste caso non se produciu unha execución de débedas pola vía do embargo senón unha extinción da débeda a través da compensación autorizada contractualmente.


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto