Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > O máis práctico > Consellos

Λ

Berces e camas infantís: Un descanso prácido e seguro para os máis pequenos

Os nenos precisan unha cama confortable, funcional

O correcto descanso dos máis pequenos da casa repercute no seu bo desenvolvemento e no seu crecemento. De nada serven os trucos para que o neno se relaxe e durma dunha tirada se o lugar que lle foi asignado para conciliar o sono é incómodo e pouco funcional. Non obstante, no mercado non se atopa unha cama ideal para os nenos. Comodidade e seguridade son os obxectivos primordiais, pero tamén é importante que se adapte ao crecemento do pequeno sen necesidade de afrontar un gasto desmedido.

O berce, seguridade ante todo

  •  Se non se dispón de moito espazo no cuarto dos pais e nais, o bebé pode durmir durante os primeiros meses -máximo ata os catro ou cinco- nun seirón ou nun moisés, que mide uns 80 x 30 centímetros. O seu fondo debe ser ríxido e plano, cos bordos altos e acolchados, e preferiblemente de algodón.
  • O berce debe ser de madeira, sólida, estable e segura, e homologada segundo a normativa europea UNE-E 716-1.
  • A lonxitude do berce debe ser polo menos 20 centímetros maior ca a altura do neno e o ancho debe ter un mínimo de 60 centímetros.
  • A altura é modificable en función do tamaño e do crecemento do bebé. Cando é máis pequeno, a base elévase para que dispoña dunha maior protección (debe ter unha altura interna mínima de 60 centímetros na posición máis baixa da base, e de 30 centímetros na posición máis alta da base).
  • A distancia entre os barrotes debe ser maior de 4,5 centímetros e menor de 6,5 centímetros, e deben estar colocados de xeito que o neno non poida atopar un punto de apoio para trepar.
  • A distancia entre as lamas do somier debe ser de 6 centímetros como máximo e a maior distancia posible entre este e o bastidor debe ser de 2,5 centímetros polos dous lados.
  • Débese instalar no berce un protector para evitar que o neno se manque cos laterais e co cabeceiro. Amortecerá os posibles croques do bebé cando se mova ou xogue no berce.
  • Se ten decoracións ou calcomanías, estas deben estar ben pegadas, de forma que o neno non as poida arrancar.
  • É indispensable que polo menos dúas das rodas se poidan bloquear.
  • Pode aforrar algúns cartos mercando un berce convertible que se vai transformando a medida que o neno vai crecendo. Pode servir como mini-berce e como curral, e como berce grande cando sexa preciso. Hainas que chegan a transformarse en cama, en dúas cadeiras ou nun mini-sofá, co que se pode aproveitar o espazo que queda embaixo para pór un caixón roupeiro.

Unha cama á súa medida

  •  A cama non debe ter esquinas aguzadas coas que o cativo se poida magoar.
  • Non debe ser moi alta para evitar os riscos de golpe por caída.
  • Durante os primeiros meses, cando o pequeno durma na cama, hai que colocar unha varanda nun ou nos dous laterais. Evitará que o neno corra o risco de caer.
  • A cabeceira debe ser o máis sinxela posible, evitando os barrotes que supoñan un perigo para o neno.

O colchón, axustado

  • O colchón debe ser máis ben duro e debe estar perfectamente axustado á estrutura do berce, evitando que queden ocos por onde o neno poida meter un brazo, unha perna ou a cabeza, co conseguinte perigo de asfixia neste último caso.
  • Debe ter unha espesura mínima de 10 centímetros e débese axustar ben ao berce, de xeito que como máximo queden 2 centímetros por cada lado entre este e as varandas laterais.
  • Os fabricantes de berces teñen a obriga de indicar as dimensións do colchón que mellor se adapte a cada modelo.

Almofada, mellor sen ela

  • Os bebés non deben utilizar almofada, xa que pode forzar a curvatura natural do seu pescozo, xa que ao telo pequeniño e a cabeza proporcionalmente máis grande ca o resto do corpo, o ombro impide un apoio axeitado.
  • Outra razón para evitar o seu uso é que se o neno se vira pode quedar deitado boca abaixo e respirar o seu propio anhídrido carbónico, cun desenlace fatal.
  • Se necesita estar reclinado é moito mellor colocar unha toalla baixo o colchón que eleve a metade do seu corpo e non só a cabeza.
  • A partir dos dous anos xa poden usar almofada, pero debe ser bastante fina ou pouco alta, que non sexa moi branda e que sexa do mesmo tamaño que a cama. Debe levar unha funda lavable dun tecido moi suave e os materiais deben ser de fibra, xa que facilitan a respiración e a osixenación.

Roupa de cama, lixeira e sen plumas

  • A roupa de cama debe abrigar o neno sen darlle excesiva calor. Elixa roupa de tecidos suaves, que pese pouco.
  • Evite os edredóns e os nórdicos con recheo de pluma, poden producir alerxias e están totalmente desaconsellados se o seu fillo é asmático. Decídase por un de fibra ou acrílico, que ademais ten a vantaxe de podelo lavar na lavadora.

Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto