Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > O máis práctico > Consellos

Λ

Sensores de obstáculos: Aparcar con precisión e facilidade

Instalados de serie en moitos vehículos, estes radares de aparcamento advirten da presenza de obstáculos fóra do campo de visión, aínda que obrigan a estacionar con máis coidado para non danar os sensores

Despois de décadas de sacar a cabeza pola ventá, de saír do coche para calcular a distancia entre os vehículos xa aparcados e de acudir periodicamente ao taller polos danos cometidos nas manobras dos máis de 27 millóns de automóbiles que circulan en España, nos últimos anos estendeuse o máis parecido a unha solución. Os técnicos das empresas de automoción deseñaron un radar de aparcamento baseado nuns sensores que se instalan nos parachoques, xeralmente nos traseiros, que informan dos obstáculos que se atopan nos ángulos mortos de visión e da distancia para manobrar da que se dispón. Agora ben, tamén obriga a estacionar máis a modo para evitar romper cun leve golpe un dos seus delicados sensores.

O seu funcionamento é moi sinxelo: actívase cando se utiliza a marcha atrás e detecta todo obstáculo -outros vehículos, persoas, animais- a unha distancia de entre 1,5 e 2 metros, segundo o modelo. A información envíase a unha unidade de control que xestiona os datos e que un altofalante converte nun sinal acústico, que aumentará a súa frecuencia a medida que se aproxime ao obstáculo. Este son convértese nun asubío continuo cando a distancia é inferior aos 30 centímetros. A esta alerta pódeselle sumar unha visual co fin de mellorar a precisión da manobra que utiliza un equipo de luces LED ou unha pantalla LCD que pasa do verde ao amarelo e deste ao vermello canto máis preto se atope o outro vehículo, colector ou bordo: o verde avisa do obstáculo dende os 1,5 metros ata os 50 centímetros, o amarelo informa que se atopa a unha distancia entre 50 e 30 centímetros e o vermello advirte de que o automóbil se atopa entre os 30 e os 10 centímetros.

Diversidade de opcións

O abano de modelos ábrese dependendo dos extras que se engadan a este sistema:

  • Tecnoloxía asimétrica: A súa unidade de control xestiona independentemente os datos enviados por cada sensor. Estes datos aparecen na pantalla indicando en que lado se atopa o obstáculo máis próximo.
  • Sen fíos: Aforran o traballo da instalación dos cables entre a unidade de xestión e o habitáculo (os cables entre os sensores e a unidade de xestión teñen que seguir instalándose).
  • Pantalla integrada: Son os modelos que teñen integrada unha pantalla LCD nun espello retrovisor interior.

ULTRASÓNS OU ELECTROMAGNÉTICOS?

Os asistentes de aparcamento pódense dividir segundo a tecnoloxía de detección que empreguen, que ademais condiciona o método de instalación dos sensores. Aos primeiros modelos de detección por infravermellos, hoxe xa algo desfasados, súmanse os dispositivos chamados de terceira xeración, que son os que hoxe dominan o mercado, e que utilizan dous sistemas distintos: o de emisión de ultrasóns e o de microondas (emite ondas que detectan alteracións electromagnéticas).

Os sensores de ultrasóns: son uns pequenos cilindros, entre dous e catro segundo o equipo adquirido, duns 19 milímetros de diámetro (como unha moeda de 1 euro) que emiten ondas de ultrasóns a 40 quilohercios que rebotarán nos obstáculos abranguendo un ángulo entre 130º-160º horizontalmente e entre 50º-60º verticalmente. Encáixanse no parachoques, polo que cómpre facer uns buratos. O problema dos ultrasóns é que son bastante direccionais e pode haber un obstáculo que non entre no campo de detección de ningún dos dous sensores do conxunto básico. Na maioría de coches en que veñen de serie hai catro, e ás veces cinco, sensores, pero nos equipos básicos só dous, deixando parte do parachoques "cego", polo que é aconsellable instalar dous sensores máis. Ademais, os sensores poden sufrir interferencias producidas por outros aparellos ultrasónicos. O prezo oscila entre os 80 e os 140 euros.

O sistema de detección electromagnético ou de microondas: baséase na detección de alteracións do campo electromagnético producida polos obxectos sólidos. A súa instalación é máis sinxela, xa que os sensores veñen integrados nunha tira de aluminio que se coloca dentro do parachoques, polo que non é preciso realizar buratos. Ademais, a cobertura de detección é completa e non require a instalación de sensores suplementarios, como acontece cos sistemas baseados nos ultrasóns. Hai que ter en conta que, debido a que este sistema informa de alteracións no campo electromagnético, só detectará obstáculos cando o coche estea en movemento, deixando de emitir asubíos no momento en que pare a manobra de aparcamento, e reactivándose así que o vehículo volva moverse. O prezo varía dende os 80-110 euros ata os 300 que custan os de mans libres Bluetooth.

Consellos prácticos

  • Recoméndase non pintar os sensores, xa que se reduce a súa capacidade de detección e pode chegar a inutilizalos. O mellor é buscar o xeito de integralos esteticamente ou adquirir uns xa pintados de serie na cor desexada.
  •  Aínda que todos os fabricantes coinciden en que este dispositivo reduce o estrés producido ao aparcar, se se é sensible aos sons estridentes é posible que o estrés producido polo beep beep sexa igual ou maior que o que intenta evitar. Por iso é recomendable adquirir un kit co volume regulable.
  • Ambas as dúas tecnoloxías son moi sensibles ó lixo. Unha chuvia de forte intensidade e a lama que se poida atopar na estrada poden influír na eficiencia dos sensores. É aconsellable revisalos e limpalos.
  • Non está de máis intentar que os sensores do parachoques se inclúan no seguro do vehículo, dado que aínda é un sistema pouco espallado a nivel europeo, polo que é máis que probable que algún dos nosos sensores rompa porque outro condutor siga aparcando polo método de contacto.
  • Non se debe esquecer que é un sistema auxiliar que só engade seguridade e que, en ningún caso, substitúe a visión do condutor.

Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto