Saltar o menú de navegación e ir ao contido
Unha combinación axeitada de vexetais tamén dá como resultado un prato único, nutritivo e equilibrado. Obtense da mestura de legumes con cereais e froitos secos; de fabas brancas con arroz e cabaza, de espaguetes con chícharos e salsa de améndoas, de humus ou paté de garavanzos con sésamo untado en pan...Son os miligramos de sodio que conteñen 100 gramos de moitos cereais de almorzo. Sodio de máis nun só alimento, e máis se temos en conta que son moi consumidos polos nenos e que a Organización Mundial da Saúde (OMS) recomenda que os nenos non superen os 1500-2000 miligramos de sodio ao día.
Cantidade de glicosa no sangue. Os valores normais sitúanse entre os 70 e os 105 miligramos por decilitro. A glicosa aumenta tras inxerir alimentos con carbohidratos -azucre, doces, pan, arroz, pasta, patacas, legumes, froitas-. Nunhas horas volve aos niveis normais grazas á insulina, unha hormona producida polo páncreas que permite que a glicosa pase do sangue ás células e que alí se transforme en enerxía. Cando a glicemia baixa, o páncreas secreta outra hormona, o glicagón, que fai que a glicosa acumulada no fígado chegue ao sangue e así volve normalizarse.
En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI