Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Actualidade e lecer > Tema de portada

Λ

Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, xa que logo, unha vixencia limitada.

Centros de día: Calidade asistencial mellorable e carencia de prazas

Os equipamentos de atención diúrna de persoas dependentes logran unha cualificación notable, pero o 60% teñen listas de espera e dous de cada dez suspende

  Un de cada seis españois, case sete millóns e medio de persoas, superan a barreira dos 65 anos, segundo os datos máis recentes do IMSERSO. O progresivo avellentamento dos cidadáns españois redundou nun crecemento progresivo da poboación dependente, que se estima en máis de 1.125.000 persoas que non se valen por si mesmas na vida cotiá por padeceren unha diminución severa ou total das súas capacidades físicas ou mentais, o que xera a necesidade de axuda constante de familiares ou coidadores para se vestiren, comeren, se desprazaren...

A opción das residencias está moi limitada pola escaseza da oferta. En España só hai 3,71 prazas en centros residenciais (privados ou públicos) por cada cen persoas maiores de 65 anos (dato do IMSERSO, 2006) e a maioría, especialmente as de carácter público, reciben ao solicitante con longas e desalentadoras listas de espera.

Os centros de día constitúen unha alternativa de atención cotiá aos maiores dependentes. Na actualidade, están rexistrados preto de 1.703 centros de día (dato do IMSERSO, ano 2005) para maiores dependentes que contan con preto de 40.000 prazas e que acollen a persoa dependente durante o día (normalmente de 8.00 a 19.00 horas), de luns a venres -nalgúns centros tamén fins de semana e festivos-. O servizo céntrase en coidados persoais, manutención, asistencia médica, rehabilitación, actividades físicas, de lecer e tempo libre e, na maioría dos casos, inclúe o transporte do domicilio ao centro. Este modelo de establecemento asistencial é un dos eixes sobre os que pivotará a recentemente aprobada Lei de Dependencia.

  Debido á súa relevancia, CONSUMER EROSKI estudou 134 centros de día para persoas maiores dependentes situados na Coruña, en Álava, Alacante, Asturias, Barcelona, Cantabria, Córdoba, Granada, Guipúscoa, Madrid, Málaga, Murcia, Navarra, Sevilla, Valencia, Valladolid, Biscaia e Zaragoza. Ademais, fíxoselles unha enquisa aos responsables de cada centro co fin de obter a máxima información sobre os servizos e a atención asistencial, a información ao usuario, os prezos e a seguridade e accesibilidade dos centros. Destes, 46 eran públicos, 49 privados e 39 de titularidade concertada. Ademais, técnicos de CONSUMER EROSKI, en calidade de clientes ficticios -alegaban que querían ingresar a un familiar- visitaron, durante o pasado mes de outubro cada un dos centros de día para comprobar sobre o terreo o estado das instalacións e a súa conservación, a luminosidade, o espazo hábil dispoñible para os maiores (zonas de paseo, amplitude das dependencias do centro), a limpeza, a seguridade e accesibilidade das instalacións.

O balance dos resultados obtidos, tanto na observación directa como na recompilación da enquisa aos centros, é positivo, cunha cualificación media de 7,3 puntos sobre 10 e cunha mellora con respecto ao recollido nun informe similar elaborado por CONSUMER EROSKI no 2002. Así e todo, aínda se manteñen carencias importantes. Malia o bo nivel global, dous de cada dez establecementos suspende por unha dotación insuficiente de persoal médico e especialista e seis de cada dez centros de día acumulan listas de espera, especialmente nos de titularidade pública (un 87%) e nos centros con prazas concertadas (un 74%), fronte a un 22% entre os privados. Dos que sofren esta limitación, a media sitúase en 14 persoas, pero atopáronse nove centros con listas de máis de 30 persoas. Unha das conclusións máis relevantes do estudo é que os centros de día públicos, amais de seren moito máis baratos son algo mellores ca os privados (7,8 puntos fronte aos 7,4 puntos e 6,7 puntos dos concertados).

Paginación


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto