Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Actualidade e lecer > Informe

Λ

Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, xa que logo, unha vixencia limitada.

Adaptación á adopción

A integración dos nenos e nenas adoptadas, en especial de terceiros países, nas súas novas familias require procesos e tempos non exentos de complexidades

  A impaciencia, o medo, o esgotamento e a desilusión, habituais compañeiros de viaxe das miles de familias que optan pola adopción en España, non sempre desaparecen coa chegada do neno ou da nena ao novo fogar. A longa agarda por recibir o resultado dos informes, das entrevistas cos servizos sociais e outros trámites burocráticos transfórmanse noutros problemas relacionados coa actitude do menor, o seu comportamento en público, alimentación e desenvolvemento.

O novo reto de moitos pais e nais adoptivas céntrase en que os seus fillos acepten o amor da súa nova familia. Moitos pequenos proceden de orfanatos e centros moi precarios nos que xamais recibiron mostras de atención, de estimulación e de cariño, unha situación que pode influír negativamente no seu desenvolvemento: néganse a sentar na mesa con dous e tres anos e a comer alimentos sólidos (prefiren o biberón), desexan que constantemente os collan no colo, non se queren separar dos seus proxenitores, etc. No caso de adopcións internacionais os problemas son maiores debido ás diferenzas de cultura, idioma e costumes. Dos 5.423 nenos procedentes de 35 países adoptados no 2005 en España, 2.753 procedían de China, 1.262 da Federación Rusa, 394 de Ucraína, 224 de Colombia e 227 de Etiopía. Segundo datos do Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais, a adopción nacional só representa un 10% do total.

  A bagaxe emocional destes nenos está chea de feridas como o abandono e a falta de atención, carencias que repercuten na convivencia familiar a través de comportamentos difíciles e de malas condutas. Non obstante, a responsabilidade de que o novo membro da familia se adapte a uns novos hábitos de vida baseados na comunicación, a confianza, o respecto, a educación, o cariño e a relación con outras persoas á marxe da familia non recae só no menor. Non hai que esquecer que en moitos casos os novos pais e nais tamén presentan unha serie de factores de risco que inflúen na integración do neno e na convivencia familiar, como a súa falta de preparación para manexar os problemas do pequeno, expectativas irreais ou inadecuadas arredor da adopción e do menor adoptado, pouca habilidade no manexo de conflitos e tensións e falta de apoio social ou motivación para solicitar axuda profesional.

Paginación


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto