Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Actualidade e lecer > Análise de produtos

Λ

Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, xa que logo, unha vixencia limitada.

Papel hixiénico de dúas e de tres capas: Os de tres capas son máis caros, pero non máis suaves

Moi diferentes nos metros e servizos que ofrece cada rolo, e mais no seu peso e prestacións

  Os primeiros rexistros do uso do papel hixiénico remóntanse ao século XIV en China, aínda que os seus antecedentes veñen de varios séculos atrás: nos baños públicos da antiga Roma utilizábase unha esponxa empapada en auga salgada atada a un pau e no Pacífico eran habituais as cunchas mariñas e as cascas de coco. Máis preto dos nosos días, o Almanaque do Granxeiro Vello que se publicaba en Irlanda no século XIX viña preparado cuns buratos para podelo colgar do servizo unha vez lido para a súa "reutilización", e na Rusia monárquica o papel hixiénico que utilizaban os tsares estampábase co escudo imperial, nun precedente directo dos papeis con debuxos que se utilizan hoxe en día. Sete dos nove papeis hixiénicos desta análise comparativa estaban decorados.

Analizáronse no laboratorio e sometéronse a un panel de usuarios nove mostras de papel hixiénico, sete deles de dúas capas e outros dous de tres. Como cada rolo ten unha lonxitude moi distinta (tamén o é o seu número de servizos), para comparar o seu prezo comprobouse a lonxitude de papel que ofrecen. Así, o máis barato é Foxy, que custa 8 céntimos de euro cada dez metros de papel, fronte aos 17 céntimos por cada dez metros que custa Scottex acolchado. Foxy, o máis barato, é un dos catro papeis de mellor calidade, polo que resulta a mellor relación calidade-prezo.

Os de menor gramaxe son Renova clásico de dúas capas (33,1 g/m2) e Foxy (34,7 g/m2, que tamén é o máis delgado). Scottex acolchado e Colhogar Resistant, ambos os dous de tres capas, son os de maior peso por metro cadrado (51,5 g/m2 e 48,3 g/m2 respectivamente) e maior grosor (495 µm e 618 µm). Non obstante, os resultados desta proba obxectiva contrastan coa opinión dos consumidores. Doce usuarios valoraron a suavidade, a espesura e a rugosidade destes produtos e, en contra do que puidese parecer, as dúas mostras de tres capas foron as peor valoradas: Colhogar Resistant quedou en 6,7 puntos de 10 e Scottex acolchado en 6,9 puntos. Así, o máis suave segundo os consumidores é Renova Progress XXL, o único que consegue un "moi satisfactorio", seguido de Colhogar Dermia, Scottex acolchado e Scottex Megarrolo, que acadan un "satisfactorio", mentres que o resto non pasan dun "correcto".

Mediuse a resistencia de cada un dos papeis en húmido e en seco e tanto en sentido lonxitudinal como en transversal. Renova clásico e Foxy demostraron ser os máis resistentes, seguidos de Colhogar Resistant e de Renova Progress XXL, que acadaron un "satisfactorio". Os tres de Scottex e Colhogar Extra longo quedaron nun "correcto" e Colhogar Dermia nin sequera aprobou este test.

Para medir a capacidade de absorción mediuse a cantidade de mililitros que son capaces de reter por servizo, o coeficiente de absorción de cada mostra e o seu comportamento en húmido. Foxy e Scottex megarrolo demostraron un comportamento excelente, mentres que Renova Progress XXL suspendeu a proba.

Scottex megarrolo é o rolo máis grande dos estudados: o máis pesado (140 g), o máis longo (40,8 m) e o de maior diámetro (12,6 cm). Todo iso non ten por que ser positivo, xa que en moitos dispensadores non cabe un rolo tan avultado. O diámetro máis reducido foi o de Renova clásico, con 9,9 centímetros. As catro mostras que se autodenominan "compactas" (máis metros de papel nun diámetro similar) son as que ofrecen unha lonxitude superior.

O número de servizos que proporciona cada rolo ofrece unha medida indirecta do número de usos. Os non compactos son os máis parcos neste apartado: dende os 130 servizos de Colhogar Dermia, Colhogar Resistant e Renova clásico ata os 144 de Scottex acolchado. Entre os compactos as diferenzas son significativas: Scottex megarrolo chega aos 326 servizos, mentres que Colhogar Extra longo non pasa dos 200. Iso si, os servizos son de tamaños moi distintos. Os máis grandes son os de Foxy, Colhogar Resistant e as tres mostras de Scottex, os cinco con 117,5 cm2. O servizo máis pequeno é o de Renova Progress XXL, con 112,5 cm2.

  Dáse o paradoxo de que o precorte dos servizos debe ser resistente abondo como para que permita tirar do papel sen que rompa cando queremos dosificar a cantidade, e que, ó mesmo tempo, se corte cando así o desexemos. Para medilo, calcúlase cantas veces se resga se se exerce unha presión estándar. Colhogar Resistant rompe un 73% das veces e Scottex Máxima suavidade e Foxi un 72%. En Scottex acolchado (57%) e Colhogar dermia (59%) a porcentaxe de traccións exitosas é moi inferior. O tempo de dispersión mide a facilidade coa que o papel se desfai na auga e indica canto custará que marche polo desaugadoiro. O único que fallou foi Renova dúas capas clásico, ao que lle levou máis dun minuto.

As dúas mostras de Renova eran as únicas lisas e o resto estaban decoradas. No tocante á cor, oito dos papeis eran brancos e o noveno, Colhogar Resistant Perfumado, rosa. Se ben todas as mostras brancas tiñan un nivel de brancura axeitado, a menos "branca" delas era Renova dúas capas clásico. Os dous de Renova son os únicos con substancias branqueadoras, que se poden ver cunha luz ultravioleta.

No que atinxe á facilidade de uso, é Scottex megarrolo, o único que obtén un "satisfactorio". O peor comportamento, considerado "insatisfactorio", é o de Renova clásico. As máis das mostras acadaron un modesto "correcto". Colhogar Dermia é o papel con mellor presenza, seguido de Scottex Megarrolo, de Scottex acolchado e de Foxy. O resto conseguiu resultados simplemente "correctos".

En definitiva, unha vez ponderados os resultados de todos os ensaios realizados e primando os criterios que máis inflúen na elección dun papel hixiénico ou doutro (un 53% á suavidade, un 19% á capacidade de absorción, un 18% á resistencia, un 7% á practicidade e un 3% ao aspecto visual) comprobouse que ningún resulta "moi satisfactorio": Scottex megarrolo, Foxy, Renova Progress XXL e Scottex acolchado de tres capas acadan un "satisfactorio" mentres que o resto non pasan do "correcto".

De que está feito o papel hixiénico?

Todos os papeis hixiénicos están feitos de madeira, pero existen diferentes tratamentos para conseguir a pasta inicial. Utilícese o sistema que se utilice, a pasta será amarelada, polo que sempre cumprirá embranquecer as fibras. As pastas de Colhogar, Renova Progress XXL, Foxy e Scottex megarrolo son de pura celulosa, mellor ca o resto. Despois van as de celulosa (Scottex Máxima suavidade e consistencia e Scottex acolchado) e, para rematar, as de peor calidade son as de celulosa mesturada, que utiliza Renova clásico.

Para reducir a corta de árbores precisa para a inxente cantidade de papel hixiénico que a nosa sociedade consume cada ano, sectores conservacionistas propoñen o uso de pastas procedentes de fragas sostibles ou, o que é mellor, que proveñan do reciclado de cartón, xornais, revistas e recortes. Ningún dos nove papeis analizados utilizou pastas recicladas, non sendo en Renova clásico, onde aparece unha pequena cantidade.

Paginación


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto