Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Saúde

Λ

Outras informacións sobre Saúde: Nanomedicina / Estrés materno / Cebola e allo para o cancro de estómago / Sol para a próstata / Receita doce para o corazón / Entrevista: Eva Swahn, departamento de Cardioloxía do Instituto Karolinska

En catro palabras

 

Nanomedicina:

A Medicina é un dos campos que máis beneficios obtén dos avances tecnolóxicos. Un dos desenvolvementos máis destacados é a nanotecnoloxía, que consiste na creación e manipulación de estruturas e sistemas nunha escala microscópica. Na área da saúde, a súa aplicación pode ser moi útil para realizar diagnósticos máis precisos ou terapias máis eficaces que permitan dirixir os fármacos ó lugar exacto do organismo onde se necesiten, o que reduciría os efectos secundarios, ou crear materiais capaces de comunicarse coas células e inducir a rexeneración dos tecidos.

O que avisa non é traidor

O estrés materno pode afectar ó crecemento dos bebés

Ferro, ácido fólico, unha dieta sa e equilibrada... As mulleres embarazadas débense coidar ó máximo porque do seu estado de saúde depende en parte o do seu fillo. Pero, ademais, é esencial que controlen a súa ansiedade e angustia, xa que segundo un estudo da Escola de Medicina da Universidade de Miami, o estrés materno garda unha estreita relación co nacemento prematuro e co baixo peso do bebé. Os investigadores realizaron exames de ultrasón en 98 mulleres que estaban entre as semanas 16 e 29 de embarazo, analizaron os seus niveis hormonais e avaliaron o seu estrés e ansiedade. Os resultados, publicados na revista Psychosomatic Medicine, evidenciaron que canto maior é o nivel de ansiedade na muller, menor é o tamaño dos seus fetos.

Noticias

 

Cebola e allo para o cancro de estómago

Contigo, pan e cebola. Unha excelente receita para manterse san, pero o coñecido dito popular esqueceu incluír o allo, se o que se quere é a protección contra o cancro de estómago. Segundo sinala un estudo europeo dirixido polo español Carlos González e publicado no International Journal of Cancer, o costume mediterráneo de cociñar con allo e cebola, amais de saboroso, pode reducir ata un 30% o risco de padecer cancro gástrico intestinal. Só cómpre consumir acotío 10 gramos destas substancias para beneficiarse do seu poder anticanceríxeno.

 

Sol para a próstata

Os amantes do sol están de parabéns, en especial se son homes. Un equipo de investigadores estadounidenses publica na revista Cancer Research un estudo que sinala que os homes expostos ó sol teñen a metade de risco de desenvolver cancro de próstata que os que se expoñen pouco ou nada. Os científicos cren que o corpo fabrica vitamina D a través da exposición á luz solar e a próstata utilízaa para fomentar o crecemento normal de células de próstata e inhibir a extensión das células canceríxenas a outras zonas. Con todo, os investigadores tamén advirten de que o sol non é a única fonte de vitamina D e que non se debe tomar en exceso, xa que supón un serio risco para a pel.

 

Receita doce para o corazón

O consumo de chocolate, iso si, moderado, é beneficioso para o sistema cardiovascular, e o seu efecto anticoagulante aseméllase ó que exerce a aspirina. Así o asegura un estudo do Departamento de Nutrición da Universidade de California, que recomenda incluír entre 15 e 20 gramos de chocolate negro na dieta diaria. Os investigadores sinalan que a inxestión de chocolate reduce a cantidade das lipoproteínas de baixa concentración (LDL) ou colesterol malo no sangue e inhibe a activación das plaquetas, que representa o primeiro paso da formación de trombos no interior dos vasos sanguíneos.

ENTREVISTA

 

Eva Swahn, departamento de Cardioloxía do Instituto Karolinska (Estocolmo, Suecia)

«As enfermidades cardiovasculares son tamén a primeira causa de morte para as mulleres»

Os infartos son cousa de homes?
Os médicos crían que si, o que explica que durante moito tempo non se incluíse ás mulleres nos programas de investigación nin nos ensaios clínicos. Pero o certo é que son tamén a causa máis importante de mortalidade na muller.

Urxe, pois, pórse ó día.
Si, porque, malia os datos, mantéñense diferenzas importantes entre homes e mulleres no acceso a procedementos cardiovasculares intervencionistas, algo que acontece en toda Europa.

Adoita dicirse que nas mulleres os infartos se dan a unha idade máis tardía ca nos homes.
A cardiopatía isquémica da muller, debido ó efecto protector dos estróxenos, adoita aparecer na posmenopausa e, polo tanto, bastante máis tarde. Non obstante, os seus efectos non son menos graves.

Hai diferenzas no patrón de enfermidade cardiovascular entre ambos os dous sexos?
Hainas na fisiopatoloxía da enfermidade, na idade de presentación, na sintomatoloxía clínica, na influencia dos factores de risco e psicosociais e mesmo no prognóstico.

E pode acontecer que estas diferenzas despisten ós cardiólogos de urxencias?
Algo estamos facendo mal, en efecto. As mulleres con síndrome coronaria aguda presentan dor típica na mesma proporción ca os varóns. Pero os médicos de urxencia non recorren na mesma medida ca cos homes a probas invasivas, e esa tendencia debe mudar, aínda que sen esquecer a especificidade de cada sexo.


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto