Saltar o menú de navegación e ir ao contido
Un caso similar pode merecer sentenza distinta. Esta páxina recolle sentenzas dos nosos tribunais que, polo seu contido, afectan aos consumidores e usuarios de todo tipo de produtos e servizos. Non esqueza que ante feitos similares, as cuestións de proba, as circunstacias concretas das partes implicadas e ata o tribunal que sexa competente na causa pode determinar fallos distintos.
Unha comunidade de propietarios concertou un contrato de mantemento do ascensor por cinco anos, con prórroga automática por outros cinco e penalización por resolución anticipada. Isto foi o que fixo a comunidade na segunda prórroga do contrato. A empresa reclamou a indemnización pactada, ao que a comunidade se opuxo alegando a nulidade do acordo por abusivo.
A discrepancia chegou aos tribunais e a sección quinta da Audiencia Provincial de Asturias, en sentenza do 17 de xaneiro de 2006, fallou a favor da comunidade por considerar un abuso estas cláusulas inseridas en contratos innegociables, de adhesión. Estas accións, segundo o maxistrado, favorecen practicas monopolísticas que se compaxinan mal co regulamento de aparellos elevadores, segundo o cal estas empresas gozan de autorización administrativa polo prazo dun só ano, aínda que prorrogable.
En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI