Saltar o menú de navegación e ir ao contido
Se degoras que resolvamos tu caso en revista.consumer.es ponte en contacto con nosoutros. Como é lóxico, sólo serán publicadas as consultas que dende revista.consumer.es consideremos máis interesantes.
Hai pouco tempo trasladeime a outra vivenda e, por esta razón, soliciteille á miña compañía telefónica o cambio de domicilio do teléfono. Pasou xa un mes e non o trasladaron. Coido que como é un edificio pequeno con poucos veciños están a esperar que outros membros do edificio se dean de alta. Hai algún prazo que lle obrigue a instalar a liña?
A compañía telefónica prestadora do servizo universal está obrigada a satisfacer as solicitudes "razoables" de conexión inicial á rede telefónica pública fixa nun prazo máximo de 60 días naturais, contados a partir da súa recepción. Como un traslado de liña se equipara á conexión inicial, no caso presentado tamén debe atender a solicitude presentada nun máximo de 60 días. Considéranse razoables as peticións para calquera inmoble situado en solo urbano e para edificacións destinadas a vivenda habitual que, aínda que se atopen en solo non urbanizable, fosen excepcionalmente autorizadas.
Probablemente, a petición motivo desta consulta se atopa dentro das "razoables", polo que, en caso de demora, o operador deberá compensalo automaticamente, eximíndoo do pagamento dun número de cotas mensuais de abonamento equivalentes ao número de meses ou fracción nos que se superara o devandito prazo, salvo que por solicitude do operador, o Director Xeral de Telecomunicacións autorizase un tempo de demora de subministración maior debido á necesidade de obter permisos, dereitos de ocupación ou de paso específicos, ou por calquera outra causa non imputable ao operador.
Doutra banda, se se solicitou a conservación do número, débeselle consultar ó operador se o novo domicilio pertence ao ámbito da central telefónica do antigo domicilio, dado que, de non ser así, o operador non está obrigado a atender a petición.
Convén que o afectado contacte co Servizo de Atención ao Cliente, solicitando información sobre a data en que teñen previsto facer efectivo o traslado de liña. Para solicitar, se procede, a compensación devandita, convén deixar constancia da data en que realizou a súa solicitude inicial. Pida un documento que o acredite e o número de referencia da súa incidencia.
En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI