Saltar o menú de navegación e ir ao contido
As compras do Nadal ateigan neveiras e conxeladores, electrodomésticos dos que se pode obter o máximo rendemento cunhas sinxelas pautas
Os frigoríficos dos fogares do noso país énchense nestas datas de alimentos nun frenesí de celebracións e xantares pantagruélicos. Un número crecente de consumidores opta por adquirir os produtos con antelación, co fin de escapar da tradicional e exorbitante escalada dos prezos. Para os previsores, e tamén para os que non o son, o correcto almacenamento dos alimentos é esencial para reducir o risco de intoxicacións alimentarias ou os desgustos que pode ocasionar ter que tirar ao lixo auténticos tesouros, polo custo que supuxo para o peto, gastronómicos. Nas seguintes liñas atopará as pautas para conservalos en perfectas condicións.
A temperatura do frigorífico debe oscilar entre 2 e 4 graos centígrados. Se é menor, os alimentos poden conxelarse parcialmente e, se supera os 4 graos, comeza o crecemento bacteriano.
A carne e o peixe fresco son os alimentos máis perecedoiros, polo que hai que colocalos nos estantes máis próximos ao conxelador, onde a temperatura é duns dous graos. Gárdeos en recipientes pechados cunha reixa na base para evitar o contacto co zume que desprenden.
Os alimentos ou pratos cociñados deben refrixerarse ou conxelarse nun prazo de dúas horas. Se os mantén á temperatura ambiente durante máis tempo (mesmo menos de dúas horas se a temperatura é alta), as bacterias poden reproducirse ata alcanzar niveis nocivos, polo que o consumo destes alimentos resulta arriscado para a súa saúde.En CONSUMER EROSKI tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI