Saltar o menú de navegación e ir ao contido
As necesidades alimenticias, enerxéticas e territoriais dunha poboación urbana crecente obrigan a unha reinvención das cidades
As cidades medran ao mesmo tempo que o fan os problemas provocados polo ruído, a contaminación, a desertización ou o impacto do cambio climático. No século pasado soñábase co ideal de cidade xardín, que propuña unha unión entre o urbano e o rural. Pero as grandes urbes medraron de xeito desmesurado, teñen altas densidades de poboación e poucos espazos naturais. Ademais, deben facerlles fronte a novos problemas, como o tráfico, a enerxía ou a escaseza de auga. Por iso, o concepto cidade xardín xa non é realista e as cidades deben reinventarse para seren un pouco máis verdes e sostibles.
Tapiola é o soño dunha cidade xardín integrada na natureza. A oito quilómetros de Helsinki, esta cidade finesa de 41.000 habitantes concibiuse en 1953 seguindo o ideal de cidade xardín de comezos do século XX. Está formada por varias seccións residenciais separadas por cintos verdes. Cada unha delas organízase en varios poboados que se agrupan arredor dun centro comercial e de servizos, e deste parten camiños e parques que conducen a estes varios poboados. No medio destas seccións sitúase outra área, a "City", onde se reúnen edificios institucionais, despachos e comercios. As fábricas e industrias atópanse noutra área específica, arrodeada de vexetación co fin de reducir o ruído e a contaminación, pero preto abondo como para poder chegar a elas andando. Agora ben, Tapiola está moi lonxe da realidade que se impuxo nas grandes urbes do planeta, baseada nunha urbanización cega con mellor ou peor fortuna.
A metade da poboación do planeta, 3.200 millóns de persoas, vive en cidades. Parte desta cidadanía, en especial nos países ricos, busca un modo de vida máis próximo á natureza en urbanizacións de chalés e casas pegadas. Pero non é unha opción mellor: segundo todos os expertos, son ecoloxicamente insostibles polo seu consumo esaxerado de solo por persoa, polo seu gasto enerxético alto e pola dependencia exclusiva do transporte en automóbiles particulares.
Outro dos grandes problemas que ameaza as cidades ten que ver coa súa gran dependencia do exterior no que atinxe a recursos e coa súa gran capacidade de xerar residuos. Calculouse que nunha cidade dun millón de persoas no mundo occidental entran cada día 2.000 toneladas de alimento, 625.000 de auga e 9.500 de combustible. Os residuos non son menores: 500.000 toneladas de augas residuais, 950 toneladas de contaminación aérea e 9.500 de refugallos.
O camiño cara a unha cidade verde pasa por mellorar en seis áreas interrelacionadas: auga, residuos, alimentos, enerxía, transporte e uso do territorio. O informe "Reinventando as cidades para as persoas e o planeta" do Worldwatch Institute aborda algunhas ideas para mellorar a xestión desas áreas. Entre elas cómpre salientar as seguintes:
No 2005 asináronse os Acordos Ambientais Urbanos, unha declaración de intencións para cumprir 21 accións que perseguen unha mellora do medio urbano en diferentes ámbitos que se recoñecerá coa concesión ás cidades verdes dunha acreditación oficial da ONU que vai dunha estrela a catro. Velaquí algunhas accións que afectan directamente ao cidadán:
Asegurar que hai un parque público ou un espazo aberto de lecer a non máis de medio quilómetro de cada un dos cidadáns para o ano 2015.En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI