Saltar o menú de navegación e ir ao contido
Que significa a letra E? Entre os ingredientes dos produtos deben aparecer todos os aditivos empregados na súa elaboración. Pódense amosar co seu nome ou cun código formado pola letra E -significa que o aditivo está autorizado pola Unión Europea-, seguida dun número. Para que o consumidor o entenda, o aditivo ten que ir precedido pola función para a que está autorizado, sexa conservante, colorante, antioxidantes, emulxente, edulcorante, etc.
Son os gramos de graxa que teñen 100 gramos de queixo fundido, como as rebandas ou porcións. Un vaso de leite enteiro (200 ml) achega uns sete gramos de graxa e 65 calorías; a metade que catro queixiños ou catro rebandas e ata oito veces menos de sodio.
As saudables calidades nutritivas do peixe plásmanse en proteínas de calidade, graxas insaturadas que rebaixan o colesterol e os triglicéridos, vitamina B1, B2, B3, B12, A e D -especialmente nos peixes graxos-, e minerais como o fósforo, potasio, sodio, calcio, magnesio, ferro e iodo. Pero tamén contén elementos nocivos en determinadas situacións, nas que o seu consumo estaría desaconsellado.
Licuado ou zume de froitas natural. Infusión*. Pan integral ou de cereais con aceite.
Froita de tempada. Iogur desnatado.
Caldo de borraxe e feixón verde (reservar).
Arroz con chícharos e alcachofas.
Pan integral. Infusión*.
Macedonia de froita fresca e froitos secos.
Caldo de verduras do medio día.
Prato único: escarola, endivias, leituga, cenoria, cebola, millo, tomate, espárragos, mazá, uvas pasas, cachos de froitos secos e queixo fresco ou salsa de iogur.
Pan integral. Infusión*.
*Mexacán, cardo mariano, boldo e alcachofa: conteñen substancias que favorecen a recuperación do fígado, que traballou moito se houbo excesos de graxas, proteínas e alcohol.
Tomar froitas, verduras e hortalizas, arroz, pasta e pataca, peixes brancos, carnes magras. Beber líquidos en abundancia -auga, zumes, caldos, infusións-, para aumentar a diurese, a eliminación de toxinas e a depuración do corpo.
é o sal de sodio do ácido glutámico, un aminoácido natural propio de lácteos, carnes e peixes, aos que lles dá sabor. Como aditivo recoñécese coas siglas E-621 e emprégase como potenciador do sabor. Contén moito sodio, polo que eleva de forma substancial o contido deste mineral nos alimentos que o levan, que son moitos: especias, conservas, precociñados -luras, croquetas, lasañas, canelón, pizzas...-, sopas de sobre, tacos de caldo, salchichas, aliños, pasta rechea, olivas recheas, gusanitos e similares, etc.
En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI