Saltar o menú de navegación e ir ao contido

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Actualidade e lecer > Tema de portada

^

Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, xa que logo, unha vixencia limitada.

Melloran condutores e peóns, pero aínda están moi lonxe do desexable

O comportamento inadecuado dentro e fóra do automóbil explica os numerosos e graves accidentes nas vías urbanas

De mellor a peor, cada cidade

Madrid:

  •  Condutores: ben
  • Peóns: ben
  • O mellor: os seus condutores son os que máis respectan a luz vermella ou ámbar dos semáforos, xunto cos sevillanos. Son os segundos que menos falan polo móbil mentres conducen. Só un 3% dos peóns cruza co semáforo en vermello e son os que máis miran antes de cruzar polo paso de peóns por se vén algún vehículo.
  • O peor: non destaca negativamente en nada.

Bilbao:

  •  Condutores: regular
  • Peóns: ben
  • O mellor: os máis dos condutores cédenlles o paso aos peóns. Os peóns bilbaínos son dos que máis respectan o semáforo en vermello.
  • O peor: case un de cada tres condutores (28%) conducía falando polo móbil. O 18% dos ocupantes non levaba cinto de seguridade.

Oviedo:

  •  Condutores: ben
  • Peóns: regular
  • O mellor: é a cidade na que os condutores máis respectaban as luces ámbar e vermella. Só un 0,3% non o facía.
  • O peor: O 35% dos peóns cruzou polo paso de peóns sen mirar, e o 22% atravesou co semáforo en vermello. O 20% dos ocupantes das bicis, motos, ciclomotores e quads observados non levaba casco.

Valladolid:

  •  Condutores: regular
  • Peóns: ben
  • O mellor: os condutores foron os que máis cederon o paso nos pasos de peóns, e só o 1% falaba polo móbil mentres conducía.
  • O peor: máis da metade dos coches observados non se detiña correctamente nos stops.

Sevilla:

  •  Condutores: mal
  • Peóns: ben
  • O mellor: os seus condutores foron dos que máis respectaron as luces vermella e ámbar (só un 2% dos coches observados non o facía) nos semáforos. Só un 2% dos peóns cruzaba co semáforo en vermello.
  • O peor: un de cada tres ocupantes de vehículos non levaba cinto de seguridade (32%). Así mesmo, case a metade das embarazadas circulaban sen cinto.

Zaragoza:

  •  Condutores: mal
  • Peóns: ben
  • O mellor: só o 2% dos viandantes zaragozanos cruzou co semáforo en vermello.
  • O peor: o 90% dos condutores non se detivo correctamente ante o stop. O 35% non cedeu o paso nos pasos de peóns.

Logroño:

  •  Condutores: mal
  • Peóns: regular
  • O mellor: non destaca positivamente en nada.
  • O peor: é a segunda cidade, logo de Murcia, onde máis peóns cruzaron polos pasos de peóns sen mirar. Case un de cada tres condutores falaba polo móbil mentres circulaba e, nesa mesma proporción, non cedía o paso nos pasos de peóns.

San Sebastián:

  •  Condutores: ben
  • Peóns: moi mal
  • O mellor: é unha das capitais que mellor trata aos peóns. Só un 1% dos condutores non cedía o paso nos pasos de peóns. Ademais, é unha das cidades onde os ocupantes de vehículos están máis concienciados co uso do cinto e mais co das luces intermitentes.
  • O peor: un 13% dos condutores cruzou cando o semáforo vermello ou ámbar llo impedía, proporción que ascende ao 79% entre os peóns (a peor cidade das 18 analizadas). Os ocupantes de bicis, motos e quads foron os máis infractores xunto cos de Oviedo, Granada e Vitoria, xa que un 20% ía sen casco.

Valencia:

  •  Condutores: mal
  • Peóns: regular
  • O mellor: os condutores eran os que máis cedían o paso nos pasos de peóns, xunto cos automobilistas valisoletanos. Só un 3% non levaba cinto de seguridade.
  • O peor: ningún dos coches observados se detivo correctamente ante o stop. Un 28% conducía falando polo móbil e un de cada tres peóns atravesou o paso de peóns sen mirar.

Alacante:

  •  Condutores: mal
  • Peóns: mal
  • O mellor: o 5% dos condutores cruzou co semáforo en vermello ou en ámbar, por baixo da media.
  • O peor: o 27% dos ocupantes dos vehículos ía sen cinto de seguridade. Foron dos que menos cederon o paso nos pasos de peóns (19%). O 17% dos ocupantes de bicis, motos, ciclomotores e quads non levaba casco, unha das cidades con máis infractores ao respecto.

Barcelona:

  •  Condutores: regular
  • Peóns: moi mal
  • O mellor: é a cuarta cidade na que máis se respectan os semáforos en vermello ou ámbar (tan só un 4% dos condutores non o respecta). Tamén é a segunda capital onde os condutores mellor fixeron o stop (só un 13% non o fai de modo correcto), por detrás de Madrid. Ademais, é a cidade con menor proporción de condutores falando polo teléfono móbil.
  • O peor: o 21% dos condutores non respectou o paso de peóns. É a segunda cidade, por detrás de San Sebastián, con máis peóns que cruzaron co semáforo en vermello (63%), cifra moi superior á media (21%). Ademais, tres de cada dez atravesaron o paso de peóns sen mirar.

Córdoba:

  •  Condutores: mal
  • Peóns: mal
  • O mellor: unha das cidades con maior proporción de ocupantes de automóbiles con cinto de seguridade. Só un 3% dos ocupantes de bicis, motos e quads ían sen casco.
  • O peor: os condutores cordobeses foron dos que máis cruzaban cando o semáforo estaba en ámbar ou vermello. Máis da metade non fixeron correctamente o stop e o 53% dos peóns cruzaron co semáforo en vermello e un de cada catro atravesaron pasos de peóns sen mirar.

Paginación


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto