Saltar o menú de navegación e ir ao contido

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Actualidade e lecer > Tema de portada

^

Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, xa que logo, unha vixencia limitada.

Melloran condutores e peóns, pero aínda están moi lonxe do desexable

O comportamento inadecuado dentro e fóra do automóbil explica os numerosos e graves accidentes nas vías urbanas

Moitas diferenzas entre cidades

 Se se cotexan os datos por cidades, constátase que, ao igual que acontece co uso do casco por ciclistas e motoristas, as diferenzas entre unhas e outras son salientables, tanto no comportamento de condutores coma no de peóns. Así, os condutores de Granada e de Vitoria son os que máis saltaron o semáforo (en vermello ou ámbar) ou continuaron a súa marcha antes de que se puxese en verde: case dous de cada dez nestas dúas cidades (19%). Neste apartado, os máis respectuosos foron os automobilistas de Oviedo, Valladolid, Sevilla, Madrid, Barcelona e Alacante, todos eles con proporcións inferiores ao 5%.

Ningún dos vehículos analizados en Valencia realizou correctamente o stop, é dicir, deter por completo o vehículo e mirar antes de continuar a marcha. En Zaragoza, o 90% dos condutores non respectaron este sinal. As cidades nas que menores imprudencias deste tipo se contabilizaron foron Madrid (11%), Barcelona (13%), Bilbao (14%) e San Sebastián (18%). No tocante a ceder o paso nos pasos de peóns, os peores rexistros obtivéronse en Murcia (o 42% dos automobilistas non o fixeron), Vitoria e Zaragoza (nas dúas, un 35%), e os mellores en Valencia, Valladolid, San Sebastián e Madrid (menos do 2% dos condutores observados nestas capitais non lles cederon o paso aos peóns). O desaconsellable, e prohibido, costume de falar polo teléfono móbil (infracción que supón a perda de tres puntos na nova normativa que regula o permiso de condución) mentres se conduce detectouse en maior proporción en Granada (a metade dos condutores), e en Pamplona (38%), e en menor grao en Logroño e en Valencia (tres de cada dez). Os condutores granadinos tamén foron os máis remisos a utilizar o cinto de seguridade (44%), a diferenza de valencianos, valisoletanos e ovetenses (só o 3% circulaba sen abrochar o cinto de seguridade).

Os peóns menos pendentes dos semáforos foron os de San Sebastián, cidade na que case oito de cada dez cruzaron cando o sinal luminoso llelo impedía. Pola contra, os viandantes que máis respectaron esa indicación foron os de Sevilla e Zaragoza (só o 2% fixo caso omiso), Madrid (3%) e Bilbao (6%). O arriscado acto de atravesar o paso de peóns sen mirar se algún vehículo circulaba constatouse en máis da metade dos peóns murcianos, en catro de cada dez logroñeses e en un de cada tres en Oviedo, Valencia, Barcelona e A Coruña. No extremo contrario, só un 3% dos peóns madrileños cruzaron polo paso de peóns sen mirar.

Logo dunha análise ponderada (segundo a gravidade da infracción) do comportamento dos condutores, pódese dicir que os menos respectuosos cos apartados estudados referentes á normativa de tráfico foron os de Granada, Vitoria, Murcia, Pamplona e Málaga. Tampouco poden presumir dos seus condutores A Coruña, Alacante, Córdoba, Logroño, Sevilla, Valencia e Zaragoza. Os automobilistas que mellor superaron a proba de CONSUMER EROSKI foron os de Madrid, Oviedo e San Sebastián, cun ben de valoración, e séguenos (sen aprobala, nin moito menos) os de Barcelona, Bilbao e Valladolid.

No tocante aos peóns, os que en maior proporción incumpriron as normas máis importantes foron os de San Sebastián (os menos respectuosos ante a luz vermella dos semáforos) e Barcelona (o 63% atravesou a vía co semáforo en vermello e o 31% cruzou o paso de peóns sen mirar). Tamén destacaron negativamente os viandantes de Murcia, xa que tres de cada dez atravesaban en vermello e un de cada dous cruzou polo paso de peóns sen mirar (52%). Os que mellor cumpriron co código foron os viandantes de Madrid, Valladolid, Bilbao e Zaragoza.

Cinto de seguridade nas embarazadas e suxeición nos nenos

 A afirmación de que o cinto de seguridade pode ocasionar danos no feto ou abortos prematuros responde a unha falsa crenza que diversos estudos dende 1971 botaron por terra. A última modificación do Regulamento Xeral de Circulación obriga as mulleres embarazadas a usaren este dispositivo de seguridade dende o pasado mes de setembro. Segundo aclaran os expertos, o cinto de seguridade non provoca dano ningún se a parte abdominal do cinto se sitúa o máis baixa posible para evitar apertar o feto. Isto conséguese co sistema chamado Be Safe, que mantén un cinto baixo e non implica risco ningún; o risco, en todo caso, é non o levar.

Técnicos de CONSUMER EROSKI observaron con detemento nos puntos seleccionados o uso do cinto de seguridade por parte das embarazadas. Os resultados foron positivos, pero aínda hai embarazadas que optan por non levar o cinto, poñendo en risco a súa vida e a do feto, un 27% de media. En Valencia e en Oviedo ningunha das mulleres encintas que atravesaron os puntos de control usaban esta medida de seguridade, mentres que na Coruña, Barcelona, Logroño, San Sebastián e Valladolid, todas as embarazadas facían uso do cinto de seguridade.

O obxectivo de que os nenos viaxen da maneira máis segura posible nos vehículos continúa sendo motivo de preocupación. O Regulamento de Circulación obriga ao uso de Sistemas de Retención Infantil (SRI) para todos os menores de estatura igual ou inferior a 1,35 metros e ata 1,50 metros, cun sistema adaptado ou só co cinto de seguridade. O incumprimento desta norma pode implicar a perda de 3 puntos e unha multa de ata 300 euros.

Despois de observar coches que transportasen nenos nos seus asentos, pódese concluír que nos máis dos casos estes ían correctamente suxeitos, aínda que a media de nenos mal suxeitos foi do 16%. Así e todo, detectáronse importantes diferenzas entre cidades: en Murcia, case a metade non os levaban correctamente suxeitos e, pola contra, en Zaragoza todos os nenos observados ían ben suxeitos. En Valencia e Alacante, só nun 1% dos coches os menores viaxaban incorrectamente suxeitos.

Paginación


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto