Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Actualidade e lecer > Tema de portada

Λ

Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, xa que logo, unha vixencia limitada.

Melloran condutores e peóns, pero aínda están moi lonxe do desexable

O comportamento inadecuado dentro e fóra do automóbil explica os numerosos e graves accidentes nas vías urbanas

 Os accidentes de tráfico están ben lonxe de ser un problema exclusivo das estradas interurbanas. Tamén nas vías que percorren as nosas vilas e cidades se producen sinistros e se perden vidas a esgalla. Segundo datos da Dirección Xeral de Tráfico (DXT), das 4.442 persoas falecidas no 2005 por este motivo, 680, é dicir, unha de cada oito, eran peóns. Aínda que o número de mortes en estradas urbanas diminuíu un 6% con respecto ao 2004, as estatísticas seguen sendo alarmantes e desbaratan a idea de que na vía pública das nosas cidades só se dan accidentes de escasa relevancia.

CONSUMER EROSKI quixo afondar nas causas e motivos que provocan algúns destes accidentes nun entorno a priori con menos riscos de accidentes de tráfico con vítimas. Para iso, tratou de rexistrar, contabilizar e comparar os comportamentos e actitudes fronte á seguridade viaria de viandantes e condutores. Así, técnicos de CONSUMER EROSKI apostáronse durante varios días do pasado mes de setembro en distintas rúas céntricas e con amplo movemento de vehículos e de persoas de 18 capitais de provincia españolas (Madrid, Barcelona, Valencia, Bilbao, A Coruña, Málaga, Alacante, San Sebastián, Vitoria, Pamplona, Murcia, Logroño, Sevilla, Valladolid, Granada, Córdoba, Oviedo e Zaragoza). En concreto, situáronse ante 220 semáforos, 163 pasos de peóns e 57 sinais de stop e anotaron as infraccións cometidas por condutores e mais por peóns. Deste xeito, observáronse 98.323 peóns e 143.062 vehículos.

  Os datos recompilados revelan que tanto condutores como peóns cumpren en maior medida coas normas de circulación se se compara este estudo cos resultados obtidos nunha investigación similar elaborada en 2003. Con todo, malia esta mellora, o comportamento viario dentro e fóra do vehículo está aínda moi lonxe do desexable e as actitudes imprudentes e denunciables mantéñense en proporcións demasiado significativas. O respecto das normas de tráfico nas nosas cidades segue nalgúns casos sen ser abondo e os incorrectos hábitos de condutores e peóns explican en boa medida a frecuencia e gravidade dos accidentes que se producen nas vías urbanas.

  No tocante aos condutores, case a metade non realizaron correctamente a parada ante o sinal de stop, un de cada dez saltouse o semáforo en vermello ou en ámbar e a mesma proporción falaba polo teléfono móbil mentres conducía o seu vehículo. Ademais, case dous de cada dez (19%) non utilizaron as luces intermitentes para sinalizaren as distintas manobras, infracción que se comete máis ca hai tres anos (14%). Nos peóns tamén se detectaron actitudes que incumprían as normas viarias e que representaban un risco para a súa seguridade. O 21% dos viandantes cruzaron cando o semáforo estaba en vermello (o 20% no 2003) e o 24% atravesaron o paso de peóns sen mirar se viña un vehículo pola calzada (máis do dobre ca hai tres anos).

 Agora ben, non todos os datos foron negativos. De novo cos condutores, a media dos que non cederon o paso nos pasos de peóns baixou ata o 11%, cando hai tres anos a proporción andaba arredor do 40%. No que atinxe ao uso do cinto de seguridade, constatouse que en case dous de cada dez vehículos vistos (18%), un ou varios dos seus ocupantes non levaban este dispositivo de seguridade, dato sensiblemente inferior ao rexistrado no 2003 (44%). Neste aspecto, no estudo evidenciáronse notables diferenzas entre os asentos dianteiros (11% non utilizaba o cinto) e os traseiros, nos que a proporción ascendeu ao 40%.

CONSUMER EROSKI tamén comprobou como o uso do casco por ciclistas e ocupantes de motos é cada vez máis xeneralizado, aínda que se constataron diferenzas no grao de concienciación nas distintas capitais analizadas. Mentres que só o 1% dos que viaxaban nestes vehículos en Madrid e o 2% en Pamplona e Zaragoza o facía sen casco, en Granada unha de cada tres ignoraba a obrigatoriedade de usar este elemento de seguridade, e en Oviedo, Vitoria e San Sebastián a cifra ascendeu ata un 20%.

Paginación


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto