Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Actualidade e lecer > Informe

Λ

Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, xa que logo, unha vixencia limitada.

Comercio xusto: Unha modalidade de consumo que beneficia a todos

España atópase á cola da Unión Europea na compra de produtos de Comercio xusto, aínda que esta práctica solidaria vai gañando adeptos

 

O comercio xusto en España está tan ben visto como pouco desenvolvido. Segundo as últimas estatísticas, o gasto medio neste tipo de produtos en España é de 348 euros por cada 1.000 habitantes, unha cantidade que se atopa moi por baixo da media da Unión Europea, situada en 2.318 euros por cada mil habitantes. Artesanía, madeira tallada, xogos de café, mantelerías, billeteiras, panos de seda, bolsos ou produtos agroalimentarios (café, chocolate, marmelada...) forman parte dunha oferta comercial solidaria crecente e unha boa alternativa para lle dar outro sentido ao consumismo do Nadal. Contan cunha gama moi variada, polo xeral son económicos e pódense mercar nas tendas, por catálogo, por teléfono e por Internet.

O comercio xusto é unha maneira produtiva de erradicar a pobreza dos países do sur, establecendo un sistema comercial que lles ofrece aos produtores acceso directo aos mercados do Norte e unhas condicións laborais e comerciais xustas e igualitarias. Garánteselles ademais aos consumidores que os produtos que mercan foron elaborados en condicións dignas. Para acadar estes obxectivos, os produtos adquírenselles directamente aos campesiños e artesáns, eliminando os intermediarios, e ofréceselles aos produtores unha retribución axeitada aos seus esforzos cun salario xusto.

Unha historia recente

O movemento de Comercio xusto naceu en Europa nos anos sesenta, tras a primeira Conferencia das Nacións Unidas sobre Comercio e Desenvolvemento-UNCTAD, que tivo lugar en Xenebra no ano 1964. Os países pobres reclamábanlles daquela aos países máis ricos a apertura das fronteiras aos seus produtos agrícolas e alternativas ao inxusto desequilibrio comercial entre o Norte e o Sur.

En 1969 inaugurábase en Holanda a primeira tenda de comercio xusto en Europa, e en dous anos o número de worldshops (tendas do mundo) xa ascendía a 120. A partir daquela, os establecementos de Comercio Xusto espállanse polos Países Baixos, Alemaña, Suíza, Austria, Francia, Suecia, Gran Bretaña e Bélxica.

En 1986, case 20 anos despois da súa instauración en Europa, o movemento do Comercio xusto chega a España, e faino a través do País Vasco. En 1996 nace a Coordinadora Estatal de Organizacións de Comercio Xusto coa finalidade de potenciar a venda deste tipo de produtos. Nestes momentos, aglutina 34 organizacións con máis de 60 puntos de venda en todo o territorio español. Entre a súa oferta destacan alimentos de consumo habitual como o café, o té, o chocolate ou o azucre, e outras especialidades como o mel, marmeladas tropicais, especias, galletas, froitos secos ou licores.

As cifras do Comercio xusto

Datos recentes da Organización Internacional do Selo de Comercio Xusto (FLO) revelan que as vendas globais de produtos de comercio xusto ascenderon a 1.100 millóns de euros no 2005, o que representa un aumento do 37% con respecto aos datos de 2004. En España, o comercio xusto medrou un 16,9% anual nos últimos cinco anos, segundo se desvela no anuario "O Comercio Xusto en España 2006", da Federación SETEM. Constátase que o 80% das vendas de Comercio Xusto de España se reparten entre catro comunidades: Cataluña (35"5%), Madrid (20"3%), Galicia (15"5%) e Andalucía (9"3%). A pesar dos avances, os españois só gastamos en Comercio Xusto 348 euros por cada 1.000 habitantes, a cifra máis baixa da Unión Europea -onde se concentran do 60 ao 70% das vendas mundiais-, a excepción de Portugal (36 euros). As diferenzas cos nosos veciños europeos tamén son salientables no número de tendas que ofrecen estes produtos e que en España son 80, fronte ás máis de 400 de Holanda.

Paginación


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto